Rally do Lacón de 1993

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally do Lacón de 1993
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónO Carballiño
OrganizadorEscudería Carballiño
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Manuel Senra
Participantes
Pilotos37
AnteriorRally do Lacón de 1992
SeguinteRally do Lacón de 1994

O Rally do Lacón de 1993 foi a 27ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de maio de 1993 e o vencedor foi, por segundo ano consecutivo, Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.[1]

Resumo[editar | editar a fonte]

Dos 45 pilotos inscritos, 37 tomaron a saída. Pouco despois do inicio, na primeira pasada polo treito da Saleta, Manuel Senra perdeu o control do seu Peugeot 309 e o local Javier Paz colocouse líder con seis segundos de vantaxe, que aumentou a 22 na segunda pasada polo mesmo lugar. A continuación Arturo Rial foi o máis rápido nas dúas pasadas por Reádegos, mentres que Senra marcou os mellores tempos en Parada de Labiote. A sesión matinal rematou con Paz como líder provisional, con 10 segundos sobre Rial e 26 sobre Senra. Con todo, na sesión vespertina comezou a chover, e Paz, que levaba pneumáticos lisos, viuse superado por Senra e Rial, que montaban rodas de choiva. Rial mantivo a primeira posición ata que sufriu unha saída de pista no treito Beade-Pena Corneira, que deixou a vitoria en mans de Manolo Senra. Na parte final do rally deixou de chover e Paz volveu recortar diferenzas con Rial ata arrebatarlle a segunda posición en Cabanelas, e quedar a só catro segundos de Senra.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo/diferenza
1 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v 1h01'57''
2 Galicia Javier Paz Galicia Manuel García Ford Sierra Cosworth a 4''
3 Galicia Arturo Rial Galicia Juan Carlos Arias Citroën AX Sport a 2'51''
4 Galicia Manuel Varela Galicia Herminio González Ford Escort Cosworth a 2'57''
5 Galicia Juan Carlos Táboas Galicia Luis Fernández González Citroën AX Sport a 3'11''
6 España Javier Azcona Ayala Renault Clio 16V a 3'11''
7 España Luis Alberto González Villarías España Fernando González Villarías Renault Clio 16V a 3'27''
8 Galicia Jorge Pérez Galicia Luis Pérez Renault Clio Williams a 4'22''
9 Galicia Jesús Campos Galicia Faustino Suárez a 5'09''
10 Galicia Germán Linares Larey a 5'56''
11 Santos Vázquez Ríos Buceta a 6'02''
12 Galicia Vicente Posada Galicia Sergio Freire a 6'22''

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Castro, X. R. (17 de maio de 1993). "Senra revalida su título en un trepidante Rally do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 59. 


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
Rally de Ferrol