José Mora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o artista uruguaio-estadounidense, véxase José Jacinto Mora.
Infotaula de personaJosé Mora
Biografía
Nacementoc. 1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
CopilotoLuís Moya
Carlos Marcos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

José Mora Martínez, nado na Coruña c. 1962, é un ex piloto de rallys galego.

Competiu sempre con vehículos da marca Renault. Gañou en dúas ocasións o Campionato de Galicia de Rally, en 1985 e 1986, en ambos casos cun Renault 5 GT Turbo e con Luís Moya como copiloto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na Coruña, sendo fillo do empresario Eulalio Mora, fundador en 1955 dun concesionario Renault e vencellado ao mundo dos rallys, nos que José Mora comezou a competir a inicios dos anos 80, dentro da Escudería La Coruña. En 1982 quedou segundo no Rally de Porriño cun Renault 5 Copa e en 1983 competiu cun Renault 5 Alpine no Campionato de Galicia, e a pesar de sufrir varios abandonos quedou cuarto no Critérium Mora e terceiro no Rally San Froilán, finalizando a tempada como cuarto no campionato, só por detrás de Luis Barrio, Peitos e José Luis Vilanova. Ademais disputou varias probas nacionais. Ao ano seguinte subiu ao podio en segunda posición no 2º Critérium Arrojo, por detrás de José Luis Vilanova,[1][2] e quedou tamén segundo no Critérium Mora, onde estreou un Renault 5 Turbo.[3]

En 1985 comezou a correr con Luís Moya como copiloto, vencendo no Rally de Noia, no Rally de Ferrol e na primeira edición do Rally Botafumeiro, e logrando varios podios máis, resultados cos que se proclamou campión de Galicia por diante de Alfonso Pavón e Carlos Piñeiro.[4][5] Ademais disputou a Copa de España de Rally, rematando en terceira posición, só por detrás de Carlos Alonso Lamberti e Marc Etchebers.[6] Na tempada seguinte repetiu as vitorias en Noia, Ferrol e Santiago, e proclamouse campión por segundo ano consecutivo, por diante de Pavón e Germán Castrillón.[7]

En 1987 cambiou os rallys polos circuítos e disputou o Campionato de España de Produción cun Renault 11 Turbo, rematando como subcampión.[8] A partir de 1988 correu no Campionato de España de Rallys de Terra, de novo sobre o Renault 11 Turbo e con Carlos Marcos como copiloto. Quedou terceiro na agrupación II en 1988, 1989 e 1991 e segundo en 1990, ano no que ademais quedou cuarto na xeral absoluta.[9][10][11][12]

Familia[editar | editar a fonte]

Pertence a unha familia ligada ao automobilismo. Seu pai, Eulalio Mora, fundou en 1955 un concesionario Renault e foi patrocinador do Critérium Mora, proba puntuable para o Campionato de Galicia de Rally e a Copa de España. Seu irmán Javier tamén foi piloto, tanto de rallys como de circuítos, así como os seus sobriños Ramiro e Álvaro Muñiz.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultados Critérium Mora de 1983". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  2. "Vilanova, vencedor del Criterium Arrojo-Seat". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 19 de marzo de 1984. p. 15. 
  3. Arévalo, Fernando (9 de xullo de 1984). "Claro triunfo de Carlos Piñeiro en el «II Criterium Internacional Mora-Renault»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 24. 
  4. Arévalo, Fernando (12 de novembro de 1985). "Pese a no correr en La Coruña, Mora es campeón gallego de rallys". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45. 
  5. Arévalo, Fernando (12 de decembro de 1985). "Apretado final de la temporada gallega". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45. 
  6. "Resultados nacionais de 1985" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  7. "Germán Castrillón y su navegante Estrella Castrillón, confían en mejorar el tercer puesto logrado en la pasada temporada de rallyes". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 30 de xaneiro de 1987. p. 46. 
  8. "Resultados nacionais de 1987" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  9. "Resultados nacionais de 1988" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  10. "Resultados nacionais de 1989" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  11. "Resulados nacionais de 1991" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  12. "Resultados nacionais de 1990" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  13. Gómez, Pablo (2 de setembro de 2015). "El Memorial Eulalio Mora recupera los ralis herculinos de asfalto tras 14 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]