Campionato Galego de Automobilismo
| Tipo | competición deportiva |
|---|---|
| Deporte | rally |
| Organizador | Federación Galega de Automobilismo |
| Localización e Datas | |
| Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
| País | España |
| Vixencia | 1975 – 1980 |
O Campionato Galego de Automobilismo foi un campionato celebrado en Galicia dende 1975, que combinaba probas de rally con carreiras de montaña.
Historia
[editar | editar a fonte]Creouse en 1975 por iniciativa de Estanislao Reverter, Javier García Sánchez e Gonzalo Belay, que levaban tempo tentando crear un campionato galego que combinase rallys con subidas.[1] Entre os tres crearon o regulamento e deron forma ao campionato e este foi aprobado posteriormente pola Federación Galega e a Federación Española.[2] A primeira edición constou de oito rallys e 16 subidas e comezou co Rally dos Pazos, na Coruña, proba que foi gañada polo propio Reverter a bordo do histórico Alpinche.[2][3] Para puntuar na clasificación final, cada piloto debía ter conseguido polo menos dous resultados en rallys e tres en subidas, contándose finalmente os resultados dos tres mellores rallys e as cinco mellores subidas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Ano | Piloto | Automóbil |
|---|---|---|
| 1975 | Seat 1430 - 1800 | |
| 1976 | BMW 2002 TI | |
| 1977 | Ford Escort | |
| 1978 | Ford Escort | |
| 1979 | Seat 124 1800 | |
| 1980 | Seat 124 2100 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Primer campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xaneiro de 1975. p. 41.
- 1 2 Martínez Moratinos, M. (4 de febreiro de 1975). "En marcha el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 23.
- ↑ "Ganó Reverter". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 1975. p. 37.
- 1 2 Martínez Piñeiro, Jesús (2020). 50 Ediciones del rallye de Ferrol (1970-2019). ISBN 978-84-09-21316-0.
- ↑ "Antonio Freire ganó el Rally San Martín". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1976. p. 41.
- ↑ "Automovilismo: Los pilotos de la escudería Ferrol ganaron todos los premios, salvo el de montaña en 1980". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1981. p. 26.