Saltar ao contido

Rally de Terra de Ourense de 1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally de Terra de Ourense de 1992
Tipoedición de rally Editar o valor en Wikidata
Parte deRally de Terra de Ourense, Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra e Rally de Ourense Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición3  (1992)
25  (1992) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJosé Alonso Vidal Editar o valor en Wikidata

O Rally de Terra de Ourense de 1992 foi a terceira edición de dito rally e a derradeira proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 6 de decembro de 1992 e o vencedor foi o vigués José Alonso a bordo dun Citroën AX 4x4.[1]

Pola súa parte a cordobesa afincada en Vigo Ana Barbero, con igual modelo de coche, rematou cuarta, proclamándose con este resultado campioa de Galicia de Rallys de Terra.[2]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O rally ourensán volvía ao calendario despois de dúas tempadas de ausencia e foi adicado á memoria do piloto ourensán Óscar Fernández, falecido nun accidente de tráfico uns meses antes.[3] O seu Citroën AX 4x4 foi pilotado nesta proba polo seu irmán Marco Antonio.[1]

Manuel Senra, que competía cun Peugeot 309 e por primeira vez con Faustino Suárez como copiloto, liderou a primeira parte da carreira, na que había menos lama, grazas á súa maior velocidade punta. A segunda parte porén, cunhas condicións climáticas adversas, foi dominada polos vehículos con tracción ás catro rodas, rematando con catro Citroën AX 4x4 nas catro primeiras posicións, co vigués José Alonso como gañador da proba.[2] Ana Barbero, que chegou en cuarta posición, sumou os puntos necesarios para proclamarse campioa de Galicia de Rallys de Terra, a primeira e única muller en logralo,[1] superando a José Caamaño e Manuel González, os outros dous pilotos que aínda conservaban posibilidades de lograr o título.[4]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Galicia José Alonso Galicia Agustín Rodríguez Citroën AX 4x4 18'24''
2 España Carlos Aldecoa España Ansotegui Citroën AX 4x4 a 46''
3 España Chema González España Alberto Sanchís Citroën AX 4x4 a 57''
4 España Ana Barbero Galicia Francisco Varela Citroën AX 4x4 a 1'07''
5 Galicia Andrés González Galicia Freire Renault 5 GT Maxi Turbo a 1'11''
6 Galicia Gaspar Sierra Galicia Manuel Caride Volkswagen Golf GTI a 1'12''
9 Galicia Marco Antonio Fernández Citroën AX 4x4
Abandonos
- Portugal João Enes Portugal José Viana Ferreira Lancia Delta Integrale
  1. 1,0 1,1 1,2 "Ana Barbero gana el gallego de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 1992. p. 51. 
  2. 2,0 2,1 "Alonso, Aldecoa y Chema superaron el empuje inicial de Senra en el Rally de Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de decembro de 1992. p. 42. 
  3. "Seis muertos en accidentes de tráfico en las carreteras gallegas". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de agosto de 1992. p. 27. 
  4. "El Rally de tierra de Orense decidirá el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 3 de decembro de 1992. p. 54. 


Predecesor:
Rally de Terra do Carballiño
 Campionato de Galicia de Rallys de Terra 
Tempada 1992
Sucesor:
-