Rally de Noia de 1994

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally de Noia de 1994
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Noia
OrganizadorEscudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Javier Piñeiro
Participantes
Pilotos35
AnteriorRally de Noia de 1993
SeguinteRally de Noia de 1995

O Rally de Noia de 1994 foi a 11ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de abril de 1994 e o vencedor foi Javier Piñeiro.

Resumo[editar | editar a fonte]

O rally caracterizouse polo gran número de abandonos, que provocaron que só chegaran á meta 14 dos 35 pilotos que tomaron a saída. Entre os pilotos que tiveron que abandonar estaban algúns dos favoritos, como o local Arturo Rial, Miguel Dopico ou Manuel Senra, que tras sufrir un espectacular accidente contra un muro foi evacuado en helicóptero ao Hospital Xeral con dúas costelas rotas,[1] mentres que o seu copiloto, José Maceiras, foi evacuado en ambulancia.[2] O accidente de Senra fixo que se anulase a primeira pasada por Montemuíño. Con estes abandonos Carlos Táboas colocouse primeiro até que a choiva lle provocou un trompo e a perda do liderado. Finalmente tamén tivo que abandonar. A vitoria foi finalmente para Javier Piñeiro, con Pedro Castañón segundo e Rafael Pérez terceiro.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Galicia Javier Piñeiro Galicia Manuel Ferreiro Renault Clio Williams 59:40
2 Galicia Pedro Luis Castañón Galicia Miguel Ángel Vilas Citroën AX Sport 1h00:13
3 Galicia Rafael Pérez Galicia Herminio González Renault Clio 16v 1h01:10
4 Galicia Álvaro Couto "Patiño" Gómez Renault 5 GT Turbo 1h02:13
5 Galicia Manuel Varela Galicia Fernando Pardo Citroën AX Sport 1h02:44
Abandonos
- Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v -
- Galicia Arturo Rial Galicia Juan Carlos Arias Citroën AX Sport -
- Galicia Miguel Dopico Galicia Álvaro Louro Ford Escort RS Cosworth -
- Galicia José María Magdaleno Galicia Julio Garriga Renault Clio 16v -
- Galicia Carlos Táboas Galicia Luis Fernández Hyundai Pony -
- Galicia Roberto Blach Galicia Juan Gómez Peugeot 309 GTI 16v -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Rally Ría de Noia reventó los vehículos de los pilotos favoritos". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 1994. p. 44. 
  2. "Javier Piñeiro ganó el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 1994. p. 54. 


Predecesor:
Rally do Albariño
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1994
Sucesor:
Rally de Ferrol