Saltar ao contido

Subida a Dumbría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaSubida a Dumbría
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor em Wikidata
OrganizadorSenra Sport Editar o valor em Wikidata
Parte deCampionato de Galicia de Montaña Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónDumbría (Provincia da Coruña) 43°00′37″N 9°07′05″O / 43.0104, -9.118Coordenadas: 43°00′37″N 9°07′05″O / 43.0104, -9.118 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1995 – Editar o valor em Wikidata

A Subida a Dumbría é unha carreira automobilística de montaña celebrada en Dumbría. Está organizada por Senra Sport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña.

En 1995 a escudaría Senra Sport de Manuel Senra organizou unha primeira Subida a Dumbría entre os lugares de Olveiroa e Hospital, que foi puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña e o Campionato Astur Galaico de Montaña.[1] O asturiano Monchu cun Osella foi o gañador absoluto daquela primeira edición, superando por menos dun segundo a José Luis Santos, mentres que o Renault Clio Williams de José María Martínez Magdaleno foi o vencedor do grupo N. O propio Senra foi o vencedor no grupo A co seu Peugeot 306 e Gilberto Da Silva gañou na categoría de históricos cun Austin.

A proba non tivo continuidade, ata que 24 anos despois celebrouse unha nova edición, tamén organizada por Senra Sport, aínda que co nome de I Subida a Dumbría, sen ter en conta a edición de 1995.[2] O vencedor volveu ser un asturiano, nesta ocasión José Antonio López-Fombona, cun Lamborghini Huracán. O galego Pablo Rey rematou segundo e primeiro entre os non carrozados, categoría na que o seguiron José Carlos Lorenzo Castro e Jacobo Senín, terceiro e cuarto respectivamente da absoluta. Entre os carrozados despois de Fombona, clasificáronse o Peugeot 306 Maxi de Manuel Senra e o Mitsubishi Lancer Evo IX de Pedro Castro.[3] A edición de 2020, prevista para xuño, foi suspendida debido á pandemia por coronavirus.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Nome Vencedor Vehículo
1995 I Subida a Dumbría Asturias Monchu Osella F3
2019 I Subida a Dumbría Asturias José Antonio López-Fombona Lamborghini Huracán
2020 Suspendida
  1. "Nace a I Subida a Dumbría con Senra Sport como organizador". El Correo Gallego. 6 de xuño de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  2. "Senra Sport ultima os detalles da primeira Subida a Dumbría". La Voz de Galicia. 5 de xuño de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  3. "Clasificación final de 2019" (PDF). temposfga.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020.