Antonio Garrido Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Garrido Fernández
Biografía
NacementoPonferrada Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Antonio Garrido Fernández, nado en Ponferrada, é un ex piloto español de rallys.

Competiu durante anos no Campionato de España de Rallys e na Copa de España, proclamándose campión desta última en 1992. Competiu tamén no Campionato de Galicia de Rally, logrando unha vitoria e o subcampionato da tempada 1990.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou nos rallys nos anos 80. En 1990 disputou co seu Ford Sierra RS Cosworth o Campionato de Galicia de Rally, gañando o 24º Rally do Lacón e rematando o campionato como subcampión, por detrás de Germán Castrillón e por diante de Peitos.[1][2] Na tempada seguinte logrou varios podios pero ningunha vitoria e disputou tamén varias probas da Copa de España de Rally, rematando co cuarto posto final.[3] En 1992 logrou varios podios na da Copa de España e proclamouse campión por diante de Castrillón e Arturo Rial.[4]

Disputou o Campionato de España durante os seguintes 15 anos, utilizando primeiro o Sierra Cosworth, e despois Subaru Impreza e Mitsubishi Lancer Evo. Obtivo como mellores resultados o cuarto posto no grupo N do ano 2002,[5] os quintos postos de dito grupo nos anos 1997,[6] 1998 e 2006,[7][8] e o terceiro lugar na Mitsubishi Evo Cup en 2007.[9]

Os seus principais copilotos foron Fernando López Carvajal, o ferrolán Humberto González, José Alfredo Álvarez e o alcalde de Ponferrada Samuel Folgueral.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Victoria de Garrido en el Rally do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 1990. p. 42. 
  2. "Secretaría Xeral de Deportes de la Xunta de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de febreiro de 1991. p. 40. 
  3. "Resultados nacionais de 1991" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  4. "Resultados nacionais 1992" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  5. "Resultados nacionais de 2002" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  6. "Resultados nacionais de 1997" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  7. "Resultados nacionais de 1998" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  8. "Resultados nacionais de 2006" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  9. "Resultados nacionais de 2007" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  10. "Resultados de Antonio Garrido". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  11. "Alcalde a la carrera" (en castelán). 9 de agosto de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2020.