Rally de Noia de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
RaliNoia 2019
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Noia
OrganizadorEscudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos9
Distancia tramos90,5 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Víctor Senra
Equipo campiónGalicia Yacar Racing
Participantes
Pilotos153
AnteriorRally de Noia de 2018
SeguinteRally de Noia de 2020

O Rally de Noia de 2019 foi a 35ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 5 e o 6 de abril e o vencedor foi Víctor Senra.

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de tres días de competición, iniciándose na tarde-noite do venres cun tramo urbano nas inmediacións do parque pechado, situado en Labarta. O sábado corréronse catro tramos a dobre pasada, dous pola mañá (Culou e Mazaricos) e outros dous pola tarde (Outes e Montemuiño).[1][2]

Inscritos[editar | editar a fonte]

O número de inscritos superou os 150, entre os que destacaban os campións galegos Víctor Senra, seu pai Manuel Senra, Alberto Meira e Luis Vilariño, así como Iago Caamaño, Amador Vidal, Tino Iglesias, o portugués Ricardo Costa ou o campión mundial de tríatlon Iván Raña, entre outros.[1][3]

Resumo[editar | editar a fonte]

O piloto de Culleredo Iago Caamaño comezou liderando a proba tras o tramo do venres, por diante de Alberto Meira e Ricardo Costa. Porén as duras condicións meteorolóxicas do sábado provocaron un gran número de abandonos. Iago Caamaño tivo que abandonar dous quilómetros despois da saída por un problema coa bomba da auga,[4] sorte semellante á que correu Alberto Meira ao pararlle o coche na metade dun tramo.[5] Ao remate dos tramos da mañá Víctor Senra xa ocupaba a primeira posición, por diante de Ricardo Costa e Tino Iglesias. Con todo, na segunda pasada por Mazaricos, Senra saíuse da pista e perdeu 50 segundos, perdendo a primeira posición a favor de Ricardo Costa. Mais recuperou o liderado nos tramos da tarde, marcando o mellor tempo en todos eles e logrando a súa segunda vitoria no Rally de Noia, dous anos despois da primeira. Ademais colocouse primeiro no Campionato.[4] Por detrás chegou Ricardo Costa a 20 segundos de Senra e case dous minutos por riba do terceiro. A terceira praza estivo máis disputada, pasando por varias mans como as de Manolo Senra, Amador Vidal ou Tino Iglesias. Estes dous últimos víronse obrigados a abandonar tamén e Jorge Cagiao logrou subir ao podio en terceira posición, con Senra cuarto.[4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Víctor Senra Galicia Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 57:31.121
2 Portugal Ricardo Costa Portugal Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 57:51.168
3 Galicia Jorge Cagiao Galicia Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 59:41.562
4 Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Senra Sport 1h00:11.000
5 Galicia Antonio Rodríguez Galicia Lara Romero Volkswagen Polo N5 Berberecho 1h00:37.415
6 Galicia Alberto Nimo Galicia José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo X Lalín-Deza 1h00:41.032
7 Galicia Antonio Fernández Galicia Miguel Vidal Mitsubishi Lancer Evo IX Meira 1h01:03.469
8 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Juan Gándara Renault Clio R3 Evo Max Galicia Motorsport 1h01:44.022
9 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 1h02:04.029
10 Galicia César Gonzalves Galicia Miguel Peña Mitsubishi Lancer Evo IX A Pontenova 1h02:23.677
11 Galicia José Manuel Pazos Galicia David Calvo Ford Fiesta R2 Cuntis V.T. 1h02:48.427
12 Galicia Antonio López Galicia Raquel Rodríguez Peugeot 106 Pontevedra 1984 Team 1h02:53.711
13 Galicia Manuel Bouzas Galicia Ángel Castro Renault Clio Santiago 1h02:58.284
14 Galicia Luis Penido Galicia Ricardo Cuesta Mitsubishi Lancer Evo IX Santiago 1h03:14.744
15 Galicia Álvaro Figueira Galicia José Antonio Teira Citroën Saxo Kit Car Berberecho 1h03:44.124
16 Galicia Jorge Garnelo Galicia Javier Martínez Peugeot 106 One Seven 1h04:11.777
17 Galicia Rubén López Galicia Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h04:16.662
18 Galicia Iván Raña Galicia Benjamín Costa Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 1h04:22.673
19 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h04:30.769
20 Galicia José Manuel Cabezas Galicia Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h04:38.293
21 Galicia Joaquín Pérez Galicia Gabriel Bermúdez Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h04:59.758
22 Galicia Pablo Pazo Galicia Sergio Martínez Talbot S. Lotus Surco 1h05:02.058
23 Galicia Pedro Castro Galicia José Antonio Castro Mitsubishi Lancer Evo IX Berberecho 1h05:22.012
24 Galicia José Luis Puime Galicia Miguel Iglesias Peugeot 205 GTI Dona Urraca 1h05:32.607
25 Galicia David Busto Galicia Óscar García Ford Fiesta ST Berberecho 1h05:47.118
26 Galicia Rubén Puime Galicia Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h05:48.853
27 Galicia José Manuel Lamela Galicia Mario González Suzuki Swift Sport Yacar Racing 1h05:58.152
28 Galicia Pablo Gómez Galicia Manuel Barreiro BMW 318 Berberecho 1h06:10.181
29 Galicia Raúl Martínez Galicia Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h06:12.727
30 Galicia Gonzalo Villasuso Galicia Francisco Penabad Peugeot 206 RC A. Ferrol 1h06:14.010
31 Galicia Javier Ramos Galicia Diego Rodríguez BMW 323 Compact PTC Escuela 1h06:14.598
32 Galicia Alejandro Otero Galicia Lara Gómez Peugeot 206 Berberecho 1h06:33.296
33 Galicia Rubén Teijeiro Galicia Eloy Calvo Citroën C2 Siroco Narón 1h06:34.489
34 Galicia Francisco Pazos Galicia Daniel Iglesias Citroën Saxo VTS Leiro Desguaces 1h06:35.265
35 Galicia Miguel Ángel Caeiro Galicia Sergio Iglesias Peugeot 106 Cuntis V.T. 1h06:39.540
36 Galicia Carlos Conde Galicia Pablo González Peugeot 106 Rallye Corauto 1h06:45.337
37 Galicia Javier Vázquez Galicia Yago Romero Opel Astra G Team Repauto 1h06:53.480
38 Galicia Javier Vidal Galicia Marcos Santamaría Citroën Saxo 16v Berberecho 1h06:59.163
39 Galicia Enrique Vázquez Galicia Agustín Muñiz Opel Kadett C GT/E Integral Motorsport 1h07:04.108
40 Galicia David Lojo Galicia Nuria Rebollido Renault Clio 16v Galicia Motorsport 1h07:05.874
Abandonos
- Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín-Deza -
- Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team -
- Galicia Amador Vidal Galicia Rubén Santas Suzuki Swift N5 PTC Escuela -
- Galicia Domingo Molinos Galicia Avelino Martínez Peugeot 208 R5 T16 Berberecho -
- Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing -
- Galicia Pablo Aneiros Galicia Rubén López Citroën Saxo Moeche -
- Galicia Daniel Álvarez Galicia Adrián Vázquez Peugeot 205 Rallye Leiro Desguaces -
- Galicia Tinín Iglesias Galicia Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Meijome, Martín (29 de marzo de 2019). "Tramos, horarios, onboards y lista de inscritos Rali de Noia 2019" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  2. "XXXV Rally de Noia 2019". www.gzrally.com (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  3. "Lista completa de inscritos" (PDF). TemposFGA. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Víctor Senra gana un duro XXXV Rali de Noia" (en castelán). 6 de abril de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  5. "Victor Senra consigue el triunfo en el Rali de Noia y lidera la clasificación en el campeonato gallego" (en castelán). 7 de abril de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Rías Baixas