Pedro Burgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Burgo Vilanova
Nacemento8 de novembro de 1979
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeGalega
OcupaciónPiloto de rally
editar datos en Wikidata ]

Pedro Burgo Vilanova, nado en Lugo o 8 de novembro de 1979[1], é un piloto de rally galego, que foi tres veces campión de Galicia (en 2008, 2009 e 2012).

Tamén competiu no campionato de España, onde foi subcampión en dúas ocasións (2016 e 2017) e campión do grupo N en tres ocasións (2004, 2006 e 2008), e no Rally Dakar. Disputou case toda a súa carreira deportiva co seu irmán Marcos Burgo de copiloto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

É sobriño do piloto lucense dos anos 70 e 80 José Luis Vilanova, e foi por el que se iniciou no mundo do motor.[2] Debutou no Rally de Ferrol en 1994 cun Peugeot 205.[1] Ao ano seguinte gañou a Copa Pirelli do campionato galego, título que repetiu en 1996 levando un Citroen AX.

Desafío Peugeot Galicia (1997-1998)[editar | editar a fonte]

En 1997 comezou a competir xunto a seu irmán Marcos como copiloto e gañou a primeira edición do Desafío Peugeot Galicia,[3] ademais de quedar terceiro na clasificación absoluta e primeiro do grupo N.[4] En 1998 volveu gañar o Desafío Peugeot Galicia, así como o campionato do grupo N e finalizou segundo o campionato galego por detrás de Germán Castrillón.[1]

Pedro Burgo en 2008.

Trofeo Citroën e Copa Renault (1999-2003)[editar | editar a fonte]

En 1999 deu o salto ao Campionato de España, competindo cun Citroën Saxo VTS no Trofeo Citroën, onde finalizou segundo por detrás de Miguel Fuster.[5] No ano 2000 conseguiu de novo o segundo posto en dita copa, esta vez por detrás de Javier Piñeiro,[6] e ademais logrou a vitoria no Rally de los Oscos do Campionato de Asturias. Repetiu subcampionato do Trofeo Citroën no 2001 por detrás de Rantur[7] e finalmente logrou alzarse co trofeo no 2002.[8]

No ano 2003 pilotou un Renault Clio Sport co que participou na Copa Renault nacional, rematando en quinta posición.[9] Ademais disputou as tres últimas probas do campionato galego a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo VII, quedando cuarto no Rally San Froilán e no Rally de Ferrol e segundo no Botafumeiro, por diante de Manuel Senra e só por detrás de Bamarti.

Campión nacional do grupo N e primeiras vitorias (2004-2007)[editar | editar a fonte]

Podio do Rally Botafumeiro de 2007 con Víctor Senra e David Vázquez primeiros, Pedro e Marcos Burgo segundos e Luis Vilariño e Moncho López terceiros.

Na seguinte tempada comezou co mesmo vehículo, que cambiou logo por un Evo VIII, co que se proclamou campión de España do grupo N.[10] En decembro logrou a súa primeira vitoria en Galicia, no Rally de Ferrol, por diante de Bamarti e Fernando Rico e unha semana despois fixo historia ao converterse no primeiro lucense en gañar o Rally San Froilán.[11] Na tempada seguinte tivo numerosos problemas co seu vehículo, polo que non puido conseguir bos resultados. Con todo, repetiu vitoria en Lugo, superando a Bamarti de novo e a Sergio Vallejo.[12]

En 2006 competiu co Evo VIII en Galicia, co que logrou catro vitorias (Noia, Baixa Limia, San Froilán e Botafumeiro), proclamándose por segunda vez subcampión de Galicia, por detrás só de Bamarti. Ao mesmo tempo disputou o Campionato de España cun Mitsubishi Lancer Evo IX, conseguindo a súa primeira vitoria nacional ao gañar o Rally de Ferrol por diante de Sergio Vallejo e de Rantur.[13] Rematou como quinto clasificado do nacional, campión da Mitsubishi Evo Cup e campion do grupo N por segunda vez.[14] Na seguinte tempada gañou os rallys de Noia, Narón e Sur do Condado, rematando o ano como terceiro clasificado do campionato galego, por detrás de Bamarti e Luis Vilariño. Ademais conseguiu dous terceiros postos no Campionato de España, nos rallys de Cantabria e Rías Baixas, clasificándose como oitavo na xeral final e cuarto do grupo N.[15]

Tricampión de Galicia (2008-2012)[editar | editar a fonte]

Pedro Burgo e Marcos Burgo no Rally Rías Baixas de 2015

En 2008, xunto a seu irmán Marcos, gañou o seu primeiro Campionato de Galicia de Rally, despois de dominar con absoluta autoridade co seu Evo VIII, gañando sete dos oito rallys, coa única excepción do Rally do Albariño, onde abandonou por rotura.[16] Ademais co Evo IX disputou con bos resultados o Campionato de España, destacando o segundo posto no Rally de Ferrol, e proclamouse campión do grupo N por terceira vez.[17] En 2009 repetiu título no certame galego, de novo con Mitsubishi Lancer Evo VIII, despois de lograr cinco vitorias e rematar con máis de 200 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Alberto Meira. En 2010 quedou segundo no Rally Comarca da Ulloa, por detrás de Meira,[18] centrándose a continuación no Campionato de España, a bordo dun Mistubishi Lancer Evo X. Logrou gañar na derradeira proba, o Rally Comunidad de Madrid, despois de quedar segundo en Ferrol, terceiro en Serra Morena e de obter catro cuartos postos. Rematou terceiro absoluto e segundo do grupo N.[19] En 2011 competiu en Galicia, cun Ford Focus. Gañou os rallys de Narón, San Froilán e Ourense-Baixa Limia e quedou segundo no Cocido, pero só puido ser quinto na xeral final, a máis de 800 puntos do campión, Iván Ares. En 2012 gañou o Rally de Noia, o Comarca da Ulloa, o Sur do Condado e a primeira edición do Ribeira Sacra, mentres que quedou segundo no Rally San Froilán, resultados que lle valeron para proclamarse campión galego por terceira vez.[20] En 2013 participaron en poucas probas e con numerosos problemas.

Porsche 997 e subcampionatos de España (2014-2018)[editar | editar a fonte]

En 2014 vendeu o Focus e adquiriu un Porsche 997.[21] Debutou con el no 25º Rally Botafumeiro, pero tivo que retirarse pola rotura da carcasa da caixa de cambios.[22] A continuación abandonou tamén no 50º Rally Rías Baixas.[23] En xuño quedou segundo, por detrás de Iván Ares, no Rally Cidade de Narón e terceiro no Rally de Ourense. En xullo disputou con Salvador Belzunces de copiloto o Rally Cristian López Herrero, do campionato cántabro, logrando a vitoria.[24] A continuación abandonou no Rally do Bierzo,[25] subiu ao podio en segunda posición no Rally de Ferrol, e quedou terceiro no San Froilán e no Ourense-Ribeira Sacra. Rematou a tempada como sexto no campionato galego e 13º no campionato de España (4º entre os GT).[26]

Pedro e Marcos Burgo co Porsche 997 no Rally de Ourense de 2016.

Comezou a tempada 2015 nas Illas Canarias, onde disputou tres rallys seguidos: o Rally Villa de Santa Brígida, o Rally Villa de Adeje e o Rally Illas Canarias, os dous últimos puntuables para o Campionato de España. Rematou segundo nos dous primeiros e terceiro no último.[27][28] A continuación quedou cuarto no Rally Serra Morena e cuarto tamén no Rías Baixas, nos dous casos por detrás de Miguel Fuster, Iván Ares e Sergio Vallejo nesa orde, e abandonou no Rally de Ourense por problemas mecánicos.[29] En agosto quedou terceiro no Rally de Ferrol e non participou nas tres últimas citas do campionato, polo que rematou na quinta posición final.[30] Na parte final do ano disputou o Rally Ourense-Ribeira Sacra, rematando en segunda posición tras Iván Ares e correu con Estela Seoane de copiloto o CAM Rali Festival de Portugal, rematando tamén en segunda posición, superado só por Sergio Vallejo.

No 2016 quedou terceiro co Porsche nos tres primeiros rallys do campionato español, gañados os tres por Cristian García, mentres que nas seguintes dúas probas levou un Peugeot 208 T16, quedando quinto en Ferrol e abandonando en Santander logo dunha saída de pista.[31] Volveu ao Porsche no Rally de Ourense, onde volveu subir ao podio en terceira posición, sendo a vitoria para Christian García e o segundo posto para Iván Ares.[32] Na seguinte cita, o Rally Princesa de Asturias, sufriu unha dobre picada de roda, polo que perdeu todas as opcións de rematar arriba, quedando finalmente en 36º lugar.[33] A continuación venderon o Porsche 997 e disputaron o Rally Villa de Llanes cun Mitsubishi Lancer Evo X, co que quedaron en sexta posición. Correron o Rally de La Nucía-Mediterráneo, penúltima proba do calendario nacional, de novo co Porsche 997, que lles foi cedido polo equipo ao que llo venderan.[34] Remataron o rally na terceira posición e campionato na segunda.[35][36] Tamén ese ano disputou a Subida a Tamaimo, en Tenerife, a bordo dun Ferrari 360 Rally, quedando en terceira posición entre os turismos.[37]

Porsche 997 de Pedro e Marcos Burgo no Rally Rías Baixas de 2017.

En 2017 correu a bordo dun Škoda Fabia R5, co que quedou segundo nos rallys Princesa de Asturias e Santander e terceiro nos de Ourense e Ferrol, resultados que sumados a catro cuartos postos noutros tantos rallys e a outro noveno posto, valéronlle para proclamarse subcampión de España por segundo ano consecutivo, esta vez por detrás do cambrés Iván Ares.[38][39] Tamén en 2017 disputou a Subida a Barlovento, na illa de La Palma, cun Ferrari 360, rematando en sexta posición.[40] A principios de 2018 anunciou a súa retirada dos rallys.[41] Con todo, en outubro de 2018 volveu competir na canaria Subida a Tamaimo, conducindo de novo un Ferrari 360.[42] Rematou en quinta posición.[43]

Rally Dakar (2020)[editar | editar a fonte]

A principios de 2019 anunciou que participaría con seu irmán Marcos na seguinte edición do Rally Dakar. Acudiu a Arabia Saudita da man do Galimplant Team, cun vehículo do fabricante canadense BRP co que competiu na categoría dos SSV. Despois de dúas boas primeiras etapas, coas que se colocou 15º da clasificación xeral, sufriu unha avaría no turbo na terceira etapa e non puido pasar polos puntos de control, polo que quedou descualificado.[44] Con todo, puido seguir correndo o rally, aínda que sen contaren os seus tempos para a clasificación. Na sexta etapa falloulles o radiador, polo que tiveron que parar no medio da etapa e pasar a noite no deserto, para finalmente abandonar o rally.[45]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Resultados Campionato galego[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Posición Puntos
1995 Peugeot 205 Rallye
1996 Citroën AX GTI ALB NOI LAC BOT NAR LAL|
15
RBX
8
POR FER
12
COR
1997 Peugeot 106 Rallye NOI
Ret
BOT LAC
10
NAR COC ALB FER
4
1998 Mitsubishi Lancer Evo VIII NOI
BOT
COC
NAR
ALB
5
FER
LAC
1999 Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
BOT
NAR
ALB
LUG
5
FER
NOI
2000 Escudería A. Ferrol Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
NAR
6
BOT
ALB
FER
Ret
LUG
NOI
2003 Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
RDN
ALB
NAR
SMA
LUG
4
FER
4
BOT
2
2004 Escudería AR Vidal Racing Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
RDN
SDA
ALB
NAR
OBL
BOT
LUG
1
- -
2005 Escudería AR Vidal Racing Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
CON
ALB
NAR
BXL
BOT
RDN
Ret
LUG
1
- -
2006 Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
RDN
1
ALB
NAR
2
CON
3
BXL
1
LAC
LUG
1
BOT
1
2007 Escudería A. Ferrol Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
RDN
1
ALB
NAR
1
CON
1
LUG
880
Mitsubishi Lancer Evo IX BXL
Ret
BOT
2
2008 Escudería A. Ferrol Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
1
RDN
1
ALB
Ret
NAR
1
CON
1
CDU
1
LUG
1
BXL
1
1260
2009 Escuderia Miño Lugo Mitsubishi Lancer Evo VIII CDU
2
COC
Ret
NOI
3
ALB
1
CDN
1
SUR
Ret
SFR
1
BXL
1
1428
Mitsubishi Lancer Evo IX BOT
1
2010 Escuderia Miño Lugo Mitsubishi Lancer Evo VIII CDU
2
COC
RDN
CDN
SDC
LUG
Ret
OBL
BOT
? ?
2011 Escuderia Miño Lugo Ford Focus WRC COC
2
NOIA
Ret
NAR
1
SDC
Ret
SFR
1
OBL
1
1002
2012 Escuderia Miño Lugo Ford Focus WRC COC
Ret
RDN
1
CDU
1
CDN
Ret
SDC
1
LUG
2
RBS
1
SDG 1220
Ford Sierra RS Cosworth BOT
Ret
2013 Escuderia Miño Lugo Ford Sierra RS Cosworth SDG
4
CDN
Ret
20º 126
Ford Focus RS WRC 05 RDC
Ret
RDN
ULL
SDC BXL LUG
Ret
RBS BOT
2014 Escuderia Miño Lugo Porsche 997 GT3 RS 3.8 RDC
RDN
BOT
Ret
CDN
2
SDC
ULL
LUG
3
RBS
2
TVA
627
2015 Escuderia Miño Lugo Porsche 997 GT3 RS 3.8 RDC
NOI
NAR
SDC
COR
CDU
SFR
RBS
2
- -

Vitorias no Campionato de España[editar | editar a fonte]

Vitorias no Campionato de Galicia[editar | editar a fonte]

  • Durante a súa traxectoria no campionato galego logrou un total de 28 vitorias.[46]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pedro Burgo. revistascratch.com/
  2. "«Tengo un nuevo reto, el Dakar»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  3. "El Rally de Ferrol decidió". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 1997. 
  4. "El Instituto Daviña Rey reúne mañana en Monforte a la élite del motor lucense". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte ed.). 4 de decembro de 1997. p. 51. 
  5. "Clasificacións nacionais de 1999" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  6. "Clasificacións nacionais de 2000" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  7. "Clasificacións nacionais 2001" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  8. "Clasificacións nacionais 2002" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  9. "Clasificacións nacionais de 2003" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  10. "Clasificacións nacionais de 2004" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  11. "Burgo hace historia en el San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 29 de decembro de 2004. p. 50. 
  12. "Pedro Burgo gana, por segundo año consecutivo, el XXVII Rallye Cidade de Lugo" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  13. "Burgo corona el podio gallego del Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de setembro de 2006. p. 42. 
  14. "Clasificacións nacionais de 2006" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  15. "Clasificacións nacionais de 2007" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  16. "Alberto Meira se adjudica el triunfo y pasa a liderar el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de maio de 2008. p. 40. 
  17. "Clasificacións nacionais de 2008" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  18. "Rally Comarca da Ulloa de 2010". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  19. "Clasificacións nacionais de 2010" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  20. "Pedro Burgo, campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 2012. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  21. "OFICIAL: Pedro Burgo con un Porsche 911 GT3 2010" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  22. Cachalvite, Andrés H. (24 de maio de 2014). "Iago Silva logra un impresionante podio en el Rally do Botafumeiro". La Región (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  23. "Sergio Vallejo gana el Rías Baixas de los 50 años". El Progreso (en castelán). 31 de maio de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  24. "El Piloto gallego Pedro Burgo, ganador del VIII Rallye Cristian Herrero" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  25. "Una de Cal y otra de arena para el Pedro Burgo Rally Team" (en castelán). 28 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  26. "Clasificacións nacionais de 2014" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  27. "Pedro Burgo va en serio". El Progreso (en castelán). 19 de abril de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  28. "Fuster, pleno al quince en Canarias" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  29. "Iván Ares vence en el Rallye de Ourense" (en castelán). 13 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  30. "Clasificacións nacionais de 2015" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  31. "Cristian García gana el Rallye de Santander y suma cuatro victorias en el Campeonato" (en castelán). 6 de xuño de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  32. "Cristian García se va de vacaciones con su quinta victoria de seis posibles" (en castelán). 18 de xuño de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  33. "Pedro Burgo se despide del Porsche GT3 en el Rally Princesa de Asturias" (en castelán). 11 de setembro de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  34. "Pedro Burgo regresa al Porsche en el Rally de La Nucía" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  35. "Alberto Monarri gana el Rallye La Nucía-Mediterráneo con suspense". Marca (en castelán). 6 de novembro de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  36. "Clasificacións nacionais de 2016" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  37. "Palmarés da Subida a Tamaimo ata 2016" (PDF). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  38. "Pedro Burgo y Marcos Burgo, Subcampeones de España de Rallyes" (en castelán). 29 de outubro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  39. "Clasificacións nacionais de 2017" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  40. "Luis Monzón arrasa en La Palma" (en castelán). 5 de agosto de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  41. de Dios, Marta (9 de marzo de 2018). "Pedro Burgo anuncia su retirada tras 24 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  42. "Pedro Burgo vuelve a ponerse el mono" (en castelán). 3 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  43. "Clasificación final Subida a Tamaimo 2018" (PDF). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  44. "Pedro Burgo sufre una avería que le impide llegar a meta". El Progreso (en castelán). 7 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  45. "Pedro Burgo abandona el Dakar y regresa a Lugo". El Progreso (en castelán). 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  46. Figueirido, Javier (2013). Alfredo Bárcena, ed. "Buscamos al hombre récord del gallego de ralis". Cronomotor (en castelán) (290): 26–31. ISBN 9775764106. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Bamarti
 Campión de Galicia de Rally 
2008-2009
Sucesor:
Alberto Meira
Predecesor:
Iván Ares
 Campión de Galicia de Rally 
2012
Sucesor:
Luis Vilariño