Saltar ao contido

Rally Rías Baixas de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally Rías Baixas de 2019
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Rías Baixas e Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición57  (2019) Editar o valor em Wikidata

2018 Editar o valor em Wikidata
2020 Editar o valor em Wikidata


O Rally Rías Baixas de 2019 foi a 53ª edición de dita proba e o terceiro rally da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 e o 18 de maio e o vencedor foi Víctor Senra.

Itinerario

[editar | editar a fonte]

Constou de 11 treitos que sumaron 110,05 km, coa novidade do regreso ao rally do treito polo Monte do Castro, co que se abriu a competición. Déronse dúas pasadas a dito tramo o venres (estando o parque pechado situado nos aparcadoiros da praia de Samil), mentres que o resto de treitos corréronse a tripla pasada o sábado, sendo estes Vigo-Monte Alba, Gondomoar-O Porriño e Salceda de Caselas.[1]

Inscritos

[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 152 pilotos, entre os que destacaban as presenzas do bicampión de Galicia e líder do campionato, Víctor Senra, do campión do rally anterior, Manuel Fernández, o tres veces campión de Asturias Óscar Palacio, así como de Alberto Meira, Iago Caamaño, Ricardo Costa ou Luis Vilariño.[2][3]

Tras a disputa dos dous treitos urbanos do venres o portugués Ricardo Costa colocouse líder, con tres décimas de vantaxe sobre o asturiano Óscar Palacio, e un segundo sobre Alberto Meira, terceiro. Víctor Senra sufriu un trompo e perdeu doce segundos co líder, rematando o día en novena posición.[4][5] Con todo, Senra colocouse líder do rally xa no primeiro tramo do sábado, ao sacarlle case 13 segundos ao segundo, Alberto Meira, e máis de 17 a Costa.[6] Perdeu a primeira posición no terceiro treito fronte a Alberto Meira, que marcou o mellor tempo nese tramo e no seguinte, pero un trompo de Meira e outro scratch de Senra, fixeron que este último se colocase de novo na primeira posición tras o TC-5 en Salceda de Caselas. Uns problemas no turbo de Meira fixéronlle perder moito tempo nos seguintes tres treitos, que se adxudicou Senra, e aínda que conseguiu solucionalos e marcar o mellor tempo nas tres últimas pasadas non logrou arrebatarlle a vitoria ao piloto de Dumbría, que lograba así a súa primeira vitoria nesta proba, con Meira segundo e Costa completando o podio.[7][8]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Víctor Senra Galicia Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 1h07:27.495
2 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 1h07:48.796
3 Portugal Ricardo Costa Portugal Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 1h08:19.547
4 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 1h08:31.972
5 Galicia Manuel Fernández Galicia Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 1h08:57.004
6 Asturias Óscar Palacio Asturias José Luis Sánchez Ford Fiesta R5 Recalvi Team 1h10:15.633
7 Galicia Luis Vilariño Galicia Alfredo Carballo Ford Fiesta N6 Lalín Deza 1h10:31.233
8 Galicia David González "Couceiro" Galicia Gustavo Piris Ford Fiesta R5 Rías Baixas 1h10:53.831
9 Galicia Jorge Cagiao Galicia Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 1h11:08.501
10 Galicia Pablo Rey Galicia Luis Hernández Suzuki Swift N5 A. Ferrol 1h11:45.810
11 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Renault Clio R3 Evo Max Galicia Motorsport 1h12:17.015
12 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h12:33.056
13 Galicia Antonio Fernández Galicia Alejandro López Mitsubishi Lancer Evo VIII Miño-Lugo 1h12:38.637
14 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 1h13:03.880
15 Galicia Pedro Freire Galicia Fernando Hermida Ford Fiesta Rías Baixas 1h13:14.217
16 Galicia Jorge Pérez Alonso Galicia Ángel Pérez Alonso BMW M3 Barbadás 1h13:57.712
17 Galicia Joaquín Pérez Galicia Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h14:43.343
18 Galicia Rubén López Galicia Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h15:15.144
19 Galicia Javier Estévez Galicia Pablo Gregorio Ford Fiesta R2 Surco 1h15:29.173
20 Galicia Hugo Martínez Galicia Álvaro Vila BMW M3 E36 Desguaces Tino Racing 1h15:44.890
21 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Citroën Saxo Dona Urraca 1h15:53.647
22 Galicia Celestino Iglesias Duarte Galicia Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h16:04.202
23 Galicia Javier Andrade Galicia José Cañas BMW 320i Rías Baixas 1h16:04.502
24 Galicia Isaac Durán Galicia Hugo Varela Citroën Saxo 1.6 16V Surco 1h16:14.060
25 Galicia Alberto Nimo Galicia José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo X Lalín-Deza 1h16:33.346
26 Galicia Fermín Sousa Galicia Víctor Manuel González Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h16:33.377
27 Galicia Miguel Rodríguez Galicia Roberto Páramos Ford Fiesta N5 Rías Baixas 1h16:48.179
28 Galicia Jorge Garnelo Galicia Javier Martínez Peugeot 106 One Seven 1h17:01.984
29 Galicia Rubén Ojea Galicia José Ramón Seoane Citroën C2 Rías Baixas 1h17:03.823
30 Galicia Alberto Alonso Galicia Adrián Vázquez Peugeot 106 GTI Leiro Desguaces 1h17:08.580
31 Galicia Pablo Pazo Galicia Sergio Martínez Suzuki Swift Sport Surco 1h17:12.208
32 Galicia Jacobo Campos Galicia Cristian Campos Citroën Saxo Dona Urraca 1h17:45.996
33 Galicia Javier Bouza Galicia José Antonio Vázquez Suzuki Swift Sport Copa A. Ferrol 1h17:57.995
34 Galicia Miguel Álvarez Galicia José Luis Barcia Peugeot 206 XS Barbadás 1h18:01.549
35 Galicia Rubén Puime Galicia Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 Pontevedra 1984 Team 1h18:12.028
36 Galicia José Manuel Lamela Galicia Néstor Casal Suzuki Swift Sport Yacar Racing 1h18:41.125
37 Galicia José Manuel Cabezas Galicia Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h19:07.723
38 Galicia Adrián Otero Galicia Maikel Márquez BMW M3 Desguaces Tino Racing 1h19:45.776
39 Galicia Jorge Coca Galicia Diego Vázquez Citroën C2 Carballiño 1h19:53.563
40 Galicia David Grandal Galicia Javier Varela Suzuki Swift Sport Siroco Narón 1h20:24.798
  1. "Mapa do percorrido" (PDF). rallyeriasbaixas.com. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  2. "Lista de inscritos" (PDF). TemposFGA. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  3. "Pistoletazo de salida al 53 Rallye Recalvi Rías Baixas" (en castelán). 16 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  4. "Hachazo de Ricardo Costa y tropiezo de Víctor Senra en el inicio del rali Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  5. "Clasificación venres" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  6. "Clasificación 3º tramo" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  7. "Víctor Senra gana el Rallye Rías Baixas con permiso de Alberto Meira" (en castelán). 18 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  8. "Senra se lleva el Rías Baixas". La Región (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Cidade de Narón