Ana Barbero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Barbero
Nome completoAna María Barbero Zurita
Nacementoséculo XX
 Córdoba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally
CónxuxeGuillermo Barreras Larramendi
editar datos en Wikidata ]

Ana María Barbero Zurita, nada en Córdoba, é unha expiloto española de rallys.

En 1992 proclamouse vencedora do Campionato de Galicia de Rallys de Terra.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou nos rallys a finais da década de 1980. En 1991 disputou o Campionato de España de Rallys de Terra a bordo dun Citroën AX 4x4, rematando en quinta posición no Challenge Citroën.[2] Correu tamén ese ano o 4º Rally de Terra do Carballiño, rematando en segunda posición, só por detrás de Manuel Senra.[3] En 1992 disputou, ademais do nacional, o Campionato de Galicia de Rallys de Terra de forma íntegra. Quedou en segunda posición na primeira das probas, o Rally de Narón, por detrás de Manuel Senra,[4][5] e logrou tamén o segundo posto no Rally do Carballiño, despois de manter un duelo con Senra, que acabou rompendo.[6] Tras o Rally de Terra de Ourense, onde quedou cuarta, proclamouse campioa de Galicia, sendo a única muller en logralo.[1][7]

En 1995 correu o Rally de Montecarlo, a bordo dun Fiat Cinquecento, aínda que non conseguiu acabar a carreira.[8] Tras deixar os rallys fíxose instrutora do RACE.[9]

En 2019 correu a Panda Raid en Marrocos, un rally afeccionado de resistencia de 3000 km a bordo dun Fiat Panda.[10][11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu marido, Guillermo Barreras, foi campión de España de Rallys de Terra en 1985, mentres que a súa filla, Ana Barreras, tamén compite en automobilismo, na Copa Kobe Motor.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ana Barbero gana el gallego de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 1992. p. 51. 
  2. "Clasificacións nacionais de 1991" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  3. "Senra impuso la superioridad de su mecánica en O Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 1991. p. 40. 
  4. "Manuel Senra se adjudicó por tercera vez consecutiva el Rally de Tierra de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 1992. p. 46. 
  5. "Rally de Narón de 1992" (PDF) (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  6. "Manuel González, vencedor del rally de 0 Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 1992. p. 50. 
  7. "Alonso, Aldecoa y Chema superaron el empuje inicial de Senra en el Rally de Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de decembro de 1992. p. 42. 
  8. "Resultados finais do Rally Montecarlo de 1985" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  9. "Ana Barbero, una pionera al volante de la igualdad en el automovilismo" (en castelán). 15 de xuño de 2015. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  10. "El desierto se rinde a las Anas". Diario de Córdoba (en castelán). 27 de marzo de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  11. "Las damas del desierto en la Panda Raid 2019" (en castelán). 17 de marzo de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  12. "Ana Barreras persigue en Navidad su sueño de correr". As (en castelán). 4 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  13. "Clasificación 2018 Copa Kobe Motor". Consultado o 19 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]