Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally
| Tipo | Campionato de Galicia de Rally |
|---|---|
| Organizador | Federación Galega de Automobilismo |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Intervalo de tempo | 6 de abril de 1991 – 1 de decembro de 1991 |
| Número de edición | 13 (1991) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Arturo Rial Tubío |
A tempada 1991 foi a 13ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o noiés Arturo Rial, sobre un Citroën AX Sport. Foi o segundo dos tres títulos que gañou.
Calendario
[editar | editar a fonte]| Nº | Data | Rally | Notas |
|---|---|---|---|
| 1 | 6 de abril | 7º Rally do Sil | Resultados |
| 2 | 27 de abril | 8º Rally de Noia | Resultados |
| 3 | 18 de maio | 25º Rally do Lacón | Resultados |
| 4 | 16 de xuño | 24º Rally de Ourense | Resultados |
| 5 | 6 de xullo | 6º Rally Botafumeiro | Resultados |
| 6 | 28 de xullo | 27º Rally Rías Baixas | Resultados |
| 7 | 25 de agosto | 9º Rally da Coruña | Resultados |
| 8 | 15 de setembro | 4º Rally de Vigo | Resultados |
| 9 | 6 de outubro | 13º Rally San Froilán | Resultados |
| 10 | 2 de novembro | 2º Rally Mil Vistas | Resultados |
| 11 | 30 de novembro | 22º Rally de Ferrol | Resultados |
Resumo
[editar | editar a fonte]Tras a vitoria de "Culebra" no Rally do Sil, que abría a tempada,[1] Germán Castrillón dominou con comoididade en Noia[2] e no Rally do Lacón,[3] mentres que quedou sexto en Ourense, proba puntuable tamén para o Campionato de España.[4] Con todo, a súa boa xeira de resultados cortouse na quinta proba, o Rally Botafumeiro, onde abandonou tras unha saída da estrada no último treito cando estaba líder,[5] e estragouse completamente no seguinte rally, o Rías Baixas, no que sufriu un duro accidente, tras o que o seu Ford Sierra Cosworth comezou a arder quedando totalmente calcinado. A copiloto Estrella Castrillón sufriu queimaduras de segundo e terceiro grao, sendo ingresada no hospital e perdéndose case todas as restantes carreiras, nas que foi substituída polo seu sobriño José Manuel López Castrillón.[6]
Deste xeito, Arturo Rial, que gañou o Rally Botafumeiro e quedou segundo en Noia e no San Froilán,[7] chegou á penúltima proba, o Rally Mil Vistas, co título case no peto, pois só o berciano Antonio Garrido conservaba unhas mínimas posibilidades de quitarlle o título. Dado que este último non participou finalmente no rally, o título foi directamente para Rial, a pesar de acabar co coche no río.[8] O reaparecido Germán Castrillón venceu esa proba así como a última, o Rally de Ferrol, para rematar a tempada con catro vitorias.[9]
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | 1 SIL |
2 NOI |
3 LAC |
4 OUR |
5 BOT |
6 RBX |
7 COR |
8 VIG |
9 SFR |
10 RMV |
11 FER |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Citroën AX Sport | 9 | 2 | 13 | 1 | 7 | Ret | 4 | 2 | Ret | ||||
| Ford Sierra Cosworth | 1 | 1 | 6 | Ret | Ret | 1 | 1 | |||||||
| Ford Sierra Cosworth | 2 | 3 | Ret | 2 | 2 | 3 | ||||||||
| BMW M3 | 1 | 1 | ||||||||||||
| Peugeot 205 GTI | 4 | Ret | Ret | 2 | Ret | 1 | ||||||||
| Peugeot 309 GTI 16v | Ret | Ret | ||||||||||||
| Peugeot 205 GTI | 3 | 9 | 4 | 3 | ||||||||||
| Citroën AX Sport | 7 | 5 | 8 | Ret | 2 | |||||||||
| Renault Clio 16v | 6 | 5 | 9 | 2 | 5 | 2 | ||||||||
| Lancia Delta Integrale | 6 | 2 | 4 | |||||||||||
| Citroën AX Sport | 3 | 6 | 4 | |||||||||||
| Renault Clio 16v | 8 | 3 | 4 | |||||||||||
| Peugeot 309 GTI 16v | 4 | 3 | ||||||||||||
| Peugeot 205 GTI | 3 | |||||||||||||
| Renault 5 GT Turbo | 5 | 4 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Juan Carlos González «Culebra», de 52 años, se impuso con facilidad en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de abril de 1991. p. 37.
- ↑ "Germán Castrillón apenas tuvo oposición en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1991. p. 53.
- ↑ "Castrillón y su Sierra Cosworth dominaron de principio a fin". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 59.
- ↑ Arévalo, Fernando (17 de xuño de 1991). "Gustavo Trelles resolvió un apretado final del Rally de Orense y es nuevo líder del campeonato". La Voz de Galicia (en castelán). p. 28.
- ↑ "Rial aprovechó un error de Castrillón en el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1991. p. 27.
- ↑ "«Culebras» salió victorioso de su lucha contra Villanueva y de la amenaza de una penalización". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1991. p. 27.
- ↑ "El Mercedes de Carlos inalcanzable en Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1991. p. 37.
- ↑ Arévalo, Fernando (4 de novembro de 1991). "El regreso al futuro de Germán Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50.
- ↑ Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1991). "Los Castrillón, inalcanzables en "su" rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.