Rally do Sil de 1991
Rally do Sil de 1992 | |
---|---|
Categoría | Galicia |
Localización | O Bierzo Rubiá |
Organizador | Team Gran Hotel |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto Terra |
Tramos | 11 |
Gañadores | |
Piloto campión | ![]() |
Participantes | |
Pilotos | 18 |
Anterior | Rally do Sil de 1990 |
Seguinte | Rally do Bierzo de 2000 |
O Rally do Sil de 1991 foi a sétima edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Disputouse o 6 de abril de 1991 e o vencedor foi Juan Carlos González "Culebras", sobre un BMW M3.[1]
Itinerario[editar | editar a fonte]
A proba constou de once treitos por cinco trazados diferentes, tres deles na comarca do Bierzo (Corullón, Friera e Ponferrada, este último sobre terra) e outros dous no concello de Rubiá, na provincia de Ourense (A Veiga de Cascallá e Quereño).[2]
Resumo[editar | editar a fonte]
O BMW M3 de 300CV de Juan Carlos González "Culebras" (co que Pep Bassas correra o Campionato de España) non tivo oposición e marcou o mellor tempo en todos os treitos da proba. Detrás del e a máis dun minuto chegou á meta o piloto local Antonio Garrido cun Ford Sierra Cosworth e bastante máis atrasado entrou en terceira posición Sergio Vallejo. Tanto Manuel Senra como Arturo Rial tiveron sendas saídas de pista que os apartaron dos postos de cabeza. Senra debutaba cun Peugeot 205 GTI e tras a saída de pista e a pesar dunha boa remontada, só puido chegar cuarto. Pola súa parte, a saída de Rial, coa que rompeu o parabrisas traseiro, atrasouno ata a novena posición final.[1]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Pos | Piloto | Vehículo | Tempo |
---|---|---|---|
1 | ![]() |
BMW M3 | 1h00'38'' |
2 | ![]() |
Ford Sierra Cosworth | 1h01'42'' |
3 | ![]() |
Peugeot 205 GTI | 1h03'08'' |
4 | ![]() |
Peugeot 205 GTI | 1h03'19'' |
5 | ![]() |
Renault 5 GT Turbo | 1h04'08'' |
6 | ![]() |
Peugeot 205 Rallye | |
7 | ![]() |
Renault 5 GT Turbo | |
8 | ![]() |
Peugeot 205 Rallye | |
9 | ![]() |
Citroën AX Sport | |
10 | ![]() |
Peugeot 205 Rallye |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Juan Carlos González «Culebra», de 52 años, se impuso con facilidad en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de abril de 1991. p. 37.
- ↑ "Germán Castríllón, ausente en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril de 1991.
Predecesor: ' |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1991 |
Sucesor: Rally de Noia |