Rally Cidade de Cristal de 1990
| Tipo | edición de rally |
|---|---|
| Parte de | Rally da Coruña e Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Intervalo de tempo | 25 de agosto de 1990 – 26 de agosto de 1990 |
| Número de edición | 8 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
O Rally Cidade de Cristal de 1990 foi a 8ª edición de dito rally. Foi a sexta proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse na Coruña e arredores entre o 25 e o 26 de agosto de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]
Foi a última edición co nome "Rally Cidade de Cristal" pasando o ano seguinte a chamarse "Rally Cidade da Coruña". Tamén en 1990 celebrouse en Muros o 18º Rally da Coruña, (que nas seguintes edicións se chamaría "Rally Mil Vistas"), despois de que Senra Sport obtivese da Escudería Centollo os dereitos de organización de dito rally.[2]
Resumo
[editar | editar a fonte]Germán Castrillón e Estrella Castrillón, a bordo do seu Ford Sierra RS Cosworth colocáronse primeiros dende o inicio, seguidos dos cataláns Francesc Ambudio e Antonio Sanchís cun Volkswagen Golf GTI 16v e dos canarios "Carlos" e Heriberto Rodríguez, que conducían un Mercedes-Benz 190E 2.3 16v. Estas tres posicións xa non se moveron en todo o rally. Con todo, no penúltimo treito programado, Carral-Xalo, o coche de Castrillón comezou a ter problemas no palier e Ambudio recuperoulle 36 segundos colocándose a só 6 do galego. Afortunadamente para el, suspendeuse o último treito, a terceira pasada por Soandres, polo que puido conseguir a súa segunda vitoria da tempada.[1]
En cuarta posición quedou o Peugeot 205 GTI de Manuel Senra e José Maceiras, mentres que o lucense José Manuel López Parada chegou en quinto lugar. Con todo, despois da carreira os comisarios excluíron a este último por considerar non válidas algunhas pezas do seu vehículo, polo que a quinta praza final foi para o piloto pontés Lino Otero, mentres que "Peitos" quedou sexto.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Ford Sierra RS Cosworth | 1:27:38 | ||
| 2 | Volkswagen Golf GTI 16v | a 6'' | ||
| 3 | Mercedes-Benz 190E 2.3 16v | a 1'39'' | ||
| 4 | Peugeot 205 GTI | a 2'55'' | ||
| 5 | Renault 5 GT Turbo | a 4'14'' | ||
| 6 | Citroën AX Sport | a 5'24'' | ||
| 7 | Peugeot 205 Rallye | a 5'43'' | ||
| 8 | Citroën AX Sport | a 5'54'' | ||
| 9 | Renault 5 GT Turbo | a 6'41'' | ||
| 10 | Citroën AX Sport | a 6'54'' | ||
| Abandonos | ||||
| - | Citroën AX Sport | - | ||
| - | Renault 5 GT Turbo | - | ||
| - | - | |||
| - | - | |||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (27 de agosto de 1990). "Castrillón sentenció el rally Ciudad de Cristal en Soandres y estuvo a punto de perderlo en el ultimo paso por Carral-Xalo". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Arévalo, Fernando (5 de novembro de 1990). "Senra Sport organizará el Rally de La Coruña, el próximo día 17". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43.
| Predecesor: Rally Rías Baixas |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1990 |
Sucesor: Rally San Froilán |