Rally Mariña Lucense
| Tipo | carreira automobilística |
|---|---|
| Deporte | rally |
| Parte de | Campionato de Galicia de Rally |
| Localización e Datas | |
| Localización | Mariña de Lugo (provincia de Lugo) 43°39′45″N 7°21′55″O / 43.662528, -7.365373 |
| País | España |
| Vixencia | 2019 – |
| Datos estatísticos | |
| Máis títulos | Víctor Senra (5) |
O Rally Mariña Lucense é unha competición de rally que se disputa dende 2019 na Mariña de Lugo.
Está organizada pola Escudería Mix Rallye Sport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O seu primeiro gañador foi Iago Caamaño e o piloto máis laureado é Víctor Senra, con cinco triunfos.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras varios intentos de celebrar un rally na Mariña de Lugo,[1] finalmente en 2019, a Escudería Mix Rallye Sport, que viña celebrando o desaparecido Rally Comarca da Ulloa,[2] conseguiu sacar adiante a proba, que foi incluída como a última cita da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally, a mediados de novembro. O parque pechado situouse en Viveiro[3] e os treitos disputáronse polos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo.[4] Coa ausencia do xa campión galego Víctor Senra, o rally foi un duelo entre os dous seguintes clasificados do campionato, Alberto Meira e Iago Caamaño, sendo este último o primeiro vencedor da proba, cun Volkswagen Polo R5.[5][6][7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Ano | Edición | Piloto | Copiloto | Vehículo | Equipo | Campionato |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2019 | 1º Rally Mariña Lucense | Volkswagen Polo R5 | Lalín Deza | Galicia | ||
| 2020 | 2º Rally Mariña Lucense | Volkswagen Polo GTI R5 | Sports Racing Technologies | Galicia | ||
| 2021 | 3º Rally Mariña Lucense | Škoda Fabia R5 | Ya-Car Racing | Galicia | ||
| 2022 | 4º Rally Mariña Lucense | Škoda Fabia R5 | Ya-Car Racing | Galicia | ||
| 2023 | 5º Rally Mariña Lucense | Citroën C3 WRC | Ya-Car Racing | Galicia | ||
| 2024 | 6º Rally Mariña Lucense | Citroën C3 WRC | Ya-Car Racing | Galicia | ||
| 2025 | 7º Rally Mariña Lucense | Hyundai i20N WRC | Ya-Car Racing | Galicia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El calendario gallego, un galimatías de fechas". La Región (en castelán). 27 de setembro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "La FGA muestra un primer precalendario para el 2020" (en castelán). 6 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "El primer Rally da Mariña cerrará este fin de semana el campeonato gallego". El Progreso (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "1º Rally Mariña Lucense 2019". 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Victoria para Iago Caamaño en el I Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada". El Progreso (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño leva o primeiro Rally Mariña Lucense"
|url=incorrecto (Axuda). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.