Campionato de España de Rallys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Campionato de España de Rallys
CERA logo.png
Fundación1966
RexiónEspaña España
Actual campiónEspaña Pepe López
Máis laureadoEspaña Antonio Zanini (8)
España Jesús Puras (8)
OrganizadorReal Federación Española de Automobilismo
Sitio webcera-rallyesdeasfalto.com
Tempada 2020 do Campionato de España de Rallys

O Campionato de España de Rallys foi a máxima competición nacional de rally sobre asfalto dende 1956 ata 2020. Estaba organizado pola Real Federación Española de Automobilismo.

Calendario[editar | editar a fonte]

Na edición de 2020 do Campionato de España dispútanse 8 rallys, 2 deles en terras galegas:

Historia[editar | editar a fonte]

Anos 1950-1960[editar | editar a fonte]

Aínda que xa existían probas de rally anteriormente España, como o Rally Costa Brava e o Rally Nacional do RACE, que levaban celebrándose ambas desde 1953, o Campionato de España non naceu ata 1956. Ese ano a Real Federación Española de Automobilismo creou as bases do que inicialmente chamou "Campionato de España de condutores de rallys" e que combinaba probas tanto de rally como de circuíto e montaña.

O gañador da primeira edición foi Javier Sanglas cun Alfa Romeo Giulietta Veloce co que venceu en probas como o Rally Ibérico.[1][2] Na segunda edición o campionato estaba limitado a condutores españois con licenza de condutor expedida polo Real Automóbil Club de España. O calendario estaba composto por seis probas: 2º Trofeo de Montaña (21 de abril), 5º Rally RACE (30 de maio - 2 de xuño), Volta a Cataluña (28-30 de xuño), Rally dos Pireneos (28 de setembro - 1 de outubro), 2º Rally Ibérico (17-20 de outubro) e circuíto descoñecido (3 de novembro). O certame tivo carácter anual e para proclamarse campión de España era obrigatorio participar no Rally RACE e no Rally Ibérico.​ O gañador foi Fernando Roqué cun Alfa Romeo Sprint Veloce. O campión de 1958 foi o militar Jaime Milans del Bosch a bordo dun SEAT 1400 B.

Sergio Vallejo, pilotando o Porsche 977 GT3 co cal gañou o campionato en 2009.

Víctor Sagi foi o gañador en 1960 cun Porsche 356, mentres que os BMW 700 de Juan Fernández e Mariano Lorente venceron nas dúas seguintes edicións. Os seguintes anos estiveron dominados pola familia Juncosa, proclamándose campión primeiro Jaime, e logo os seus fillos Jaime Jr. e Manuel, sumando catro títulos entre os tres. Tamén nesa época fixo a súa aparición o francés Bernard Tramont, que gañou o certame en dúas ocasións na modalidade GT cun Renault Alpine A110.

Anos 1970[editar | editar a fonte]

En 1971 configurouse como Campionato de España de Condutores de Rally e constou só de probas de rally. O calendario incluía 20 rallys: Rally Fallas, Rally Costa Brava, Rally Vasco-Navarro, Critérium Guillerías, Critérium Luis de Baviera, Ruta do Salmón-Cidade de Xixón, 500 km Nocturnos Bujías Bosch, Critérium da Rioxa, Rally de Ourense, Rally do Cid, Rally Rías Baixas, Rally Bosch, Rally Cidade de Oviedo, Rally do Sherry, Rally de España, Rally Firestone, Rally Barcelona-Andorra, Rally 2000 Viraxes e Rally Costa do Sol, que deron como vencedor a Lucas Sainz, copilotado por Juan Carlos Oñoro e a bordo dun Alpine 1490, con algunha incursión nun Renault R8 TS. Disputouse ao mesmo tempo o campionato de España feminino de rallys,​ certame que se organizou durante oito anos. Ata 1972 só se disputou el campionato de pilotos, introducíndose en 1973 o certame de marcas, sendo SEAT o primeiro vencedor.​ Durante os seguintes cinco anos o piloto catalán Antonio Zanini proclamouse campión sempre con modelos da casa SEAT. A partir de 1975 a Federación, para animar aos pilotos a participar en competiciones internacionais, decidiu facer puntuables pruebas do estranxeiro, como o 24 Horas de Ypress, o Rally de Polonia, o Rally de Portugal ou o Rally de San Martino di Castrozza.​ En 1980 comezouse a premiar tamén a categoría de vehículos do Grupo N.

Anos 1980[editar | editar a fonte]

O calendario sufriu moitos cambios na década de 1980, aumentando e reducindo o número de pruebas (28 en 1982, 10 en 1988). En 1983 creouse o Campionato de España de Rallys de Terra e o Campionato Internacional de Rally, co propósito de motivar aos pilotos a competir fóra de España. De 1984 a 1992 disputouse tamén a Copa de España de Rally, paralela ao Campionato de España.

Durante esta década Antonio Zanini elevou a súa cifra de títulos ata oito, gañando o último deles en 1984 cun Ferrari 308 GTB. Salvador Serviá gañou os dous seguintes campionatos cun Lancia Rally 037, mentres que Carlos Sainz cun Ford Sierra RS Cosworth foi o vencedor en 1987 e 1988, no segundo deles tendo como copiloto ao coruñés Luís Moya co que gañaría logo dous Campionatos do Mundo. O BMW M3 de Pep Bassas foi o vencedor en 1989.

Anos 1990[editar | editar a fonte]

Entre 1990 e 2002, o cántabro Chus Puras igualou o récord de Antonio Zanini, logrando el título en oito ocasiones e con dúas marcas diferentes: Lancia e Citroën, gañando con esta última en seis ocasións, dúas co Citroën ZX, tres co Citroën Xsara Kit Car e unha co Xsara WRC. Tan só en cinco ocasións outros pilotos puideron gañar o campionato entre 1990 e 2002, algúns aproveitando a non participación de Chus Puras: Ponce (1991), Bardolet (1993), Oriol Gómez (1994), Climent (1996) e Monzón (2001).

Alberto Hevia, no seu Skoda Fabia S2000, co que foi campión de España no ano 2010.

Anos 2000[editar | editar a fonte]

A partir de 2003 comezaron a triunfar os vehículos da categoría Super 1600, logrando o campionato Miguel Ángel Fuster (2003), Alberto Hevia (2004), Dani Sordo (2005) e Dani Solá (2006) con estes automóbiles, para logo deixar paso a outra categoría, a Super 2000, que só cedeu un título fronte ao Porsche 997 dos irmáns lucenses Sergio e Diego Vallejo.

Anos 2010[editar | editar a fonte]

Na década de 2010 Miguel ángel Fuster gañou catro títulos máis, elevando a sú conta ata 6, mentres que os irmáns Vallejo conquistaron o seu segundo campionato en 2014. O aragonés Cristian García e o piloto de Cambre Iván Ares coroáronse en 2016 e 2017 respectivamente, mentres que o madrileño Pepe López gañou cun Citroën C3 R5 as dúas derradeiras edicións do campionato, en 2019 e 2020.

En 2021 a RFEDA realizou modificacións nos campionatos, convertendo ao Súper Campionato de España no principal certame, combinando probas de aslfalto con probas de terra. Deste xeito desapareceron os antigos campionatos de asfalto e terra, e creándose no seu lugar a Copa de España de Rallys de Asfalto e a Copa de España de Rallys de Terra como certames de segundo nivel.[3][4]


Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Campión Copiloto Coche
1956 España Javier Sanglas Descoñecido Alfa Romeo Giulietta Veloce
1957 España Fernando Roqué España Alfonso Marimón Alfa Romeo Sprint Veloce
1958 España Jaime Milans del Bosch Forest SEAT 1400 B
1959 España Luciano Eliakin España "Pascal" Saab 93
1960 España Víctor Sagi España Antonio Agramunt Porsche 356 1600 GT
1961 España Juan Fernández España Ramón Grifoll BMW 700 CS
1962 España Mariano Lorente España Jesús Sáez BMW 700 SC
1963 España Jaime Juncosa España Jaime Juncosa Jr.
España Manuel Juncosa
SEAT 600 Abarth
Fiat Abarth 850
1964 España Jaime Juncosa Jr. España Varios copilotos Abarth 1000 TC
1965 España Jaime Juncosa Jr. España Artemio Eche
1966 España Juan Fernández España Vidal-Ribas Porsche 911 (GT)
España Jaime Samsó España Varios copilotos Mini Cooper S (Turismos)
1967 Francia Bernard Tramont España Ricardo Muñoz Renault Alpine (GT)
España Manuel Juncosa España Artemio Eche Fiat 850 TC (Turismos)
1968 Francia Bernard Tramont España Ricardo Muñoz Renault Alpine (GT)
España Alberto Ruiz Giménez España Varios copilotos Renault 8 Gordini (Turismos)
1969 España José María Palomo España Jorge Adell Porsche 911 R
1970 España Ruiz Giménez España Rafael Castañeda Porsche 911
1971 España Lucas Sainz España Juan Carlos Oñoro Renault Alpine
1972 España Salvador Cañellas España Daniel Ferrater SEAT 124
1973 España Jorge Babler España Ricardo Antolín SEAT 124
1974 España Antonio Zanini España Eduardo Martínez SEAT 124/1800
1975 España Antonio Zanini España Víctor Sabater SEAT 124/1800
1976 España Antonio Zanini España Víctor Sabater SEAT 124/1800
1977 España Antonio Zanini España Juan José Petisco SEAT 124/1800
1978 España Antonio Zanini España Juan José Petisco SEAT 131 Abarth
1979 España Jorge de Bagration España Nuria Llopis Lancia Stratos HF
1980 España Antonio Zanini España Víctor Sabater Porsche 911 SC
1981 España Jorge de Bagration España Víctor Sabater Lancia Stratos HF
1982 España Antonio Zanini España Víctor Sabater Talbot Lotus Sumbean
1983 España Genito Ortíz España Ramón Mínguez
España Susi Cabal
Renault 5 Turbo
1984 España Antonio Zanini España Josep Autet Ferrari 308 GTB
1985 España Salvador Serviá España Víctor Sabater Lancia Rally 037
1986 España Salvador Serviá España Víctor Sabater Lancia Rally 037
1987 España Carlos Sainz España Antonio Boto Ford Sierra RS Cosworth
1988 España Carlos Sainz Galicia Luis Moya Ford Sierra RS Cosworth
1989 España Pep Bassas España Antonio Rodríguez BMW M3
1990 España Chus Puras España José Arrarte Lancia Delta HF Integrale
1991 España José María Ponce España José Carlos Déniz BMW M3
1992 España Chus Puras España José Arrarte Lancia Delta HF Integrale
1993 España Mia Bardolet España Joaquim Muntada Opel Astra GSI
1994 España Oriol Gómez España Marc Martí Renault Clio 16V
1995 España Chus Puras España Àlex Romaní Citroën ZX 16V
1996 España Luís Climent España José Antonio Muñoz Citroën ZX 16V
1997 España Chus Puras España Carlos del Barrio Citroën ZX Kit Car
1998 España Chus Puras España Carlos del Barrio Citroën Xsara Kit Car
1999 España Chus Puras España Marc Martí Citroën Xsara Kit Car
2000 España Chus Puras España Marc Martí Citroën Xsara Kit Car
2001 España Luís Climent España José Carlos Déniz Peugeot 206 WRC
2002 España Chus Puras España Carlos del Barrio Citroën Xsara Kit Car
2003 España Miguel Ángel Fuster España José Vicente Medina Citroën Saxo S1600
2004 España Alberto Hevia España Alberto Iglesias Renault Clio S1600
2005 España Dani Sordo España Marc Martí Citroën C2 S1600
2006 España Dani Solá España Xavier Amigo Citroën C2 S1600
2007 España Miguel Ángel Fuster España José Vicente Medina Fiat Grande Punto S2000
2008 España Enrique García Ojeda España Jordi Barrabés Peugeot 207 S2000
2009 Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3
2010 España Alberto Hevia España Alberto Iglesias Škoda Fabia S2000
2011 España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3
2012 España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3
2013 España Luis Monzón España José Carlos Déniz Mini Cooper WRC
2014 Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3
2015 España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3
2016 España Cristian García España Rebeca Liso Mitsubishi Lancer Evo X
2017 Galicia Iván Ares Galicia José Antonio Pintor Hyundai i20 R5
2018 España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Ford Fiesta R5
2019 España Pepe López España Borja Rozada Citroën C3 R5
2020 España Pepe López España Borja Rozada Citroën C3 R5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gibert, Francisco de S. (1 de febreiro de 1957). "Automovilismo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2021. 
  2. "El I Rallye Automovilista Ibérico" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 7 de novembro de 1956. Consultado o 11 de abril de 2021. 
  3. "Calendario 2021 del Supercampeonato de España de Rallyes". todoformula1.net/ (en castelán). 29 de decembro de 2020. Consultado o 11 de abril de 2021. 
  4. "En 2021 verán la luz sendas Copas de España, la de Rallyes de Asfalto y la de Rallyes de Tierra". motoralicante.com (en castelán). 16 de novembro de 2020. Consultado o 11 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]