Mauro Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMauro Barreiro
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Arteixo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally , copiloto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Mauro Barreiro Zas, nado en Arteixo o 14 de xaneiro de 1982, é un piloto e copiloto de rallys galego.

Comezou nos rallys como piloto no Campionato de Galicia, pasando logo a exercer a función de copiloto. Correu á dereita de pilotos como Fran Oviedo, José Pazó ou Jan Solans. En 2019 gañou xunto a Solans o Campionato do Mundo de Rally Júnior, a bordo dun Ford Fiesta R2T.

Dende 2022 é o copiloto de Roberto Blach Núñez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 2004 e 2010 correu como piloto no Campionato de Galicia de Rally, aínda que só probas soltas, sen disputar as tempadas completas. Os seus mellores resultados obtívoos na tempada 2007, na que rematou cuarto do Grupo N cun Citroën Saxo VTS.[1]

No 2008 comezou a correr rallys como copiloto en Portugal e logo no certame galego con Fran Oviedo e Miguel Sánchez. En 2014 deu o salto ao Campionato de España, como navegante de José Pazó, obtendo como mellor resultado un 16º posto no Rally de Ourense.[2] En 2015 correu diferentes probas do campionato galego de asfalto, o nacional de asfalto, o nacional de terra, e o galego de rallymix, xunto a Pazó, José Manuel Lista, Javier Pardo Siota, e o pai deste último, Francisco Javier Pardo, co que gañou o Rallymix As Burgas Saiar en Caldas de Reis.[3]

En 2016 comezou a correr co catalán Jan Solans, disputando ese ano o nacional a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X e tendo como mellor resultado un 12º lugar no Rally Villa de Llanes. Ao ano seguinte disputou con Solans varios rallys dos nacionais de asfalto e de terra e do campionato catalán, subindo ao podio nunha das probas deste último en Igualada, e estreouse no Rally Cataluña, do Campionato do Mundo.[4] Ademais correu ese ano o Campionato de Galicia con José Manuel Lista rematando na quinta posición final.[5] En 2018 competiu xunto a Solans cun Peugeot 208 R2 no nacional de asfalto, rematando primeiros na clase R2, e no nacional de terra, onde gañaron entre os R2 e os vehículos de 2 rodas motrices.[6]

En 2019 disputaron o Campionato do Mundo de Rally Júnior cun Ford Fiesta R2, proclamándose campións ao remate da tempada, despois de lograr dentro desta clase as vitorias no Rally de Sardeña e no Rally de Gales, ademais doutros dous podios no Rally de Suecia e no Rally de Finlandia.[7] En 2020 correron tres probas do novo Campionato do Mundo de Rally 3, obtendo un 12º posto no Rally de Estonia e un sexto no de Turquía, despois de sufrir picadas de rodas en ambas probas.[8][9] En Sardeña abandonaron despois dun accidente.[10]

En 2022 comezou a correr xunto ao piloto Roberto Blach Núñez, tamén arteixán, acabando sétimo no Súper Campionato de España. En 2023 pasaron ao Campionato do Mundo de Rally Júnior, onde Mauro Barreiro rematou como o terceiro mellor copiloto, empatado a 69 puntos co irlandés Mohan Conor.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Clasificacións Galicia 2007" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de setembro de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  2. "Clasificación Rally de Ourense 2014" (PDF). rallyeourense.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de marzo de 2021. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  3. "Clasificación Rally As Burgas Saiar 2015". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  4. "Orriols-Pujolar ganan en el Ral.li Ciutat d´Igualada, su segunda victoria del año" (en catalán). 2 de maio de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  5. "Clasificacións finais Galicia 2017" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  6. "Clasificacións España 2018" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  7. "Clasificacións mundiais 2019". FIA (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  8. "Final amargo para Jan Solans y Mauro Barreiro en el Rallye de Estonia" (en castelán). 6 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2021. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  9. "Primeros puntos para Jan Solans en el WRC 2020 en Turquía" (en castelán). 23 de setembro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  10. "Rally de Cerdeña 2020: victoria incontestable de Dani Sordo" (en castelán). 11 de outubro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  11. "Campionato do Mundo de Rally Júnior 2023". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]