Rally da Coruña de 1995
Rally Internacional Cidade da Coruña de 1995 | |
---|---|
Categoría | ![]() |
Organizador | Escudería La Coruña |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 18 |
Distancia tramos | 229.28 km |
Gañadores | |
Piloto campión | ![]() |
Anterior | Rally da Coruña de 1994 |
Seguinte | Rally da Coruña de 1996 |
O Rally da Coruña de 1995 foi a 13ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys e foi proba reserva do Campionato de Europa de Rally. Celebrouse entre o 17 e o 18 de setembro de 1995 e o vencedor foi Miguel Martínez-Conde.[1]
Itinerario[editar | editar a fonte]
Constou de 18 treitos que sumaban 229.28 km. O día 17 disputáronse os tramos de Aranga, Monfero e Campolongo, con dúas pasadas a cada un e o domingo os demais: Rus, Couso, Santo Adrián, A Tablilla, Meirama e Soandres, tamén con dúas pasadas por cada un deles.[2]
Resumo[editar | editar a fonte]
A carreira resultou nun man a man entre o cántabro Miguel Martínez-Conde e o ferrolán Germán Castrillón, duelo que rematou no penúltimo treito ao sufrir Castrillón unha saída da estrada e a rotura do cárter.[1] Aproveitou o seu abandono Óscar Outeiriño, que se fixo coa segunda praza, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno Javier Azcona, que remontou posicións tras un mal comezo de rally no que tivo que substituír o palier e sufriu unha penalización de 4 minutos. Por detrás chegou Miguel Dopico, que coa cuarta praza e o abandono de Castrillón, asegurou matematicamente o título de campión de Galicia de rally.[1]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Rally San Froilán |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1995 |
Sucesor: Rally de Ferrol |