Rally de Ferrol de 1990
| Tipo | edición de rally |
|---|---|
| Parte de | Rally de Ferrol e Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Intervalo de tempo | 1 de decembro de 1990 – 2 de decembro de 1990 |
| Número de edición | 21 (1990) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
O Rally de Ferrol de 1990 foi a 21ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 1 e o 2 de decembro de 1990 e os vencedores foron Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth. Foi a quinta vitoria consecutiva na tempada e o segundo dos dez triunfos que lograron na proba ferrolá.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]Germán Castrillón chegou a este rally xa como campión galego. Aínda así marcou o mellor tempo en todos os treitos da proba e gañou con máis dun minuto de vantaxe sobre o Peugeot 205 GTI de Manuel Senra. A terceira praza estivo disputada entre Sergio Vallejo e Antonio Garrido ata que este último picou unha roda e caeu varias posicións. Con todo, conseguiu recuperar segundos e rematar quinto. Ademais, co abandono de Peitos por problemas co cambio, Garrido proclamouse subcampión galego.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Ford Sierra Cosworth | 57.07 | ||
| 2 | Peugeot 205 GTI | 58.16 | ||
| 3 | Peugeot 205 GTI | 59.32 | ||
| 4 | Renault 5 GT Turbo | 1.00.54 | ||
| 5 | Ford Sierra Cosworth | 1.01.05 | ||
| 6 | Renault 5 GT Turbo | 1.01.49 | ||
| 7 | Renault 5 GT Turbo | 1.02.13 | ||
| 8 | Rodríguez | Citroën AX Sport | 1.02.25 | |
| 9 | Peugeot 205 Rallye | 1.02.36 | ||
| 10 | Rodríguez | Citroën AX GT | 1.04.19 | |
| Abandonos | ||||
| - | Citroën AX Sport | - | ||
| - | Ford Sierra Cosworth | - | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Arévalo, Fernando (3 de decembro de 1990). "Germán y Estrella Castrillón celebraron su título gallego ganando ante su público el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
| Predecesor: Rally da Coruña |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1990 |
Sucesor: ' |