Rally Rías Baixas de 1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally Rías Baixas de 1991
CategoríaGalicia
Copa España
LocalizaciónGalicia Provincia de Pontevedra
OrganizadorEscudería Rías Baixas
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Juan Carlos González "Culebras"
AnteriorRally Rías Baixas de 1990
SeguinteRally Rías Baixas de 1992

O Rally Rías Baixas de 1991 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 28 de xullo de 1991 e o vencedor foi Juan Carlos González "Culebra", a bordo dun BMW M3.[1]

Resumo[editar | editar a fonte]

"Culebra" presentouse no rally da súa cidade cun novo BMW M3, adquirido a Pep Bassas ao igual que o vehículo do mesmo modelo co que quedara segundo na edición anterior, e cos que o piloto catalán correra o Campionato de España. O M3 que usara na edición anterior foi utilizado nesta ocasión polo tamén vigués Urbano Villanueva. "Culebra" marcou o mellor tempo en sete dos oito treitos diúrnos, pero sufriu unha penalización de 4 minutos en Gondomar que o apeou do primeiro posto. Con todo, puxo unha reclamación ante a organización do rally, que tras avaliar a situación, retirou a penalización. Os principais rivais de Culebra durante o rally foron o berciano Antonio Garrido (Ford Sierra Cosworth), que rematou finalmente segundo, Urbano Villanueva e Arturo Rial (Citroën AX Sport), estes dous últimos con cadansúa penalización tamén. Rial foi o máis rápido nas dúas pasadas por Salceda e o segundo máis rápido nas tres pasadas por Camos e unha por Chenlo, polo que a pesar dos catro minutos de penalización, puido rematar sétimo.[1]

O rally estivo marcado polo grave accidente e posterior incendio sufrido polo Ford Sierra Cosworth pilotado polo vixente campión galego, así como vencedor do rally o ano anterior, Germán Castrillón. O vehículo quedou totalmente calcinado e a copiloto, Estrella Castrillón, sufriu importantes queimaduras de segundo e terceiro grao en cara, pés e mans, polas que foi ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Ditas queimaduras mantivérona apartada da competición cinco meses, ata a súa reaparición no Rally de Ferrol. Tamén sufriron queimaduras dous espectadores que acudiron a socorrela.[1]

Dos 63 vehículos que tomaron a saída, só 31 chegaron á meta.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Galicia Juan Carlos González "Culebra" Galicia Gustavo Piñeiro BMW M3 1h20'55''
2 España Antonio Garrido Galicia Humberto González Ford Sierra RS Cosworth 1h24'00''
3 Galicia Urbano Villanueva Galicia José Alonso BMW M3 1h24'55''
4 Galicia Jorge Pérez Galicia Luis Pérez Renault Clio 16v 1h26'03''
5 Galicia Juan Carlos Táboas Galicia Manuel Gilsanz Citroën AX Sport 1h26'09''
6 España Carlos Totoricagüena España Heriberto Rodríguez Mercedes-Benz 190E 2.3 16v 1h26'38''
7 Galicia Arturo Rial Galicia Mario Pazos Citroën AX Sport 1h26'54''
8 Galicia José Manuel López Parada Galicia José Valcárcel Renault 5 GT Turbo 1h27'56''
9 Galicia Javier Piñeiro Galicia Carlos Cascallar Renault Clio 16v 1h28'04''
10 Francia Laurent Galiay Francia Thierry Galiay Renault 5 GT Turbo 1h29'05''
Abandonos
- Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra RS Cosworth -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "«Culebras» salió victorioso de su lucha contra Villanueva y de la amenaza de una penalización". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1991. p. 27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally Botafumeiro
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally da Coruña