Tino Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celestino Iglesias Cores
Formula Rally do Cocido 2014 (Tino Iglesias).jpg
Informacións
NomeCelestino
ApelidoIglesias Cores
Data de nacemento 14 de marzo de 1962
País Galicia Galicia
Carreiras 177
Primeira carreira Rally do Albariño de 2000
Última carreira Rally da Coruña de 2020
Vitorias 1
Primeira vitoria Rally Eurocidade Tui-Valença de 2014
Última vitoria Rally Eurocidade Tui-Valença de 2014
Último equipo Desguaces Tino Racing (2016-)
Vehículos
2000-2001
2002-2013
2010-2017
2018-
Peugeot 205 GTI
Citroën Saxo VTS
Ford Fiesta R2
Ford Fiesta N5
Principais vitorias
* Subcampionato de Galicia en 2014
Rally Eurocidade Tui-Valença de 2014

Celestino Iglesias Cores, máis coñecido como Tino Iglesias, nado en Ribadumia o 14 de marzo de 1962, é un piloto galego de automobilismo.

Compite habitualmente en varias modalidades e competicións de xeito simultáneo e incluso no mesmo día.[1] É o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Autocross con seis títulos (en 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016) e foi campión de Galicia de slálom en 2010. Corre ininterrompidamente dende o ano 2000 no Campionato de Galicia de Rally, onde foi subcampión na tempada 2014, por detrás de Iván Ares. Ademais rematou outras cinco veces entre os seis primeiros clasificados do campionato, no que suma máis de 115 rallys.

Compite tamén no Campionato de España de Rally de Terra e no Campionato de Galicia de Rallymix. Ten disputado ademais varias probas do Campionato de España de Rallys, do Campionato de Galicia de Montaña e dúas veces o Rally Cataluña, do Campionato do Mundo de Rally.

O seu copiloto habitual é o seu irmán Jorge. É pai do tamén piloto Celestino Iglesias Duarte, alcumado Tinín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou nos rallys nos anos 90 como copiloto de Jaime Castro, xefe do taller de despece no que traballaba. Despois de montar o seu propio taller comezou a competir como piloto no ano 2000. Debutou no Rally do Albariño dese ano, que pasaba a carón da súa casa.[2]

Dende entón participou en todas as edicións do campionato galego, obtendo os seus mellores resultados na tempada 2014, cando conseguiu os seus primeiros podios (3º no Sur do Condado e 2º no Comarca da Ulloa) e obtivo a súa primeira e única vitoria no campionato, na primeira edición do Rally Eurocidade Tui-Valença.[3] Rematou a competición como subcampión, por detrás de Iván Ares, nunha tempada na que ademais foi campión galego de rally do grupo A, campión galego de rallymix na Agrupación 2, campión galego de rallymix na clase B, campión galego de autocross, campión da Copa Top Ten Driver Pirelli e campión da Copa Elf.[4] Un ano antes participara por segunda vez no Rally Cataluña, do Campionato do Mundo de Rally, quedando en 28ª posición na xeral e campión do grupo 6.[5]

Logrou seis títulos do Campionato de Galicia de Autocross, cinco en categoría de máis de 1.600cc e un en menos de 1.600cc, o que o converte no piloto máis laureado do campionato,[6] ademais de numerosos segundos e terceiros postos, en ocasións rematando por detrás do seu fillo Tinín, tres veces campión da modalidade.[7][8] Tamén ten competido no Campionato de España de Autocross, obtendo como mellor resultado un sexto posto na xeral en 2013, cando quedou ademais subcampión da división 2.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez, Pablo (2 de xuño de 2016). "Iglesias, en misa y repicando". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  2. "Constructor, piloto, campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de outubro de 2011. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  3. "Tino Iglesias vence el Rali Eurocidade ante Ricardo Costa, y se proclama Campeón en el Trofeo Driver Pirelli" (en castelán). 9 de novembro de 2014. Consultado o 4 de maio de 2020. 
  4. "EL EQUIPO TINO RACING CONFIRMA SU PARTICIPACION EN EL RALLYMIX. ENTRE ELLOS TINO IGLESIAS “EL HOMBRE EL AÑO 2014 EN EL AUTOMOVILISMO GALLEGO” Y SU HIJO TININ" (en castelán). 17 de setembro de 2015. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  5. "Tino Iglesias voló en Cataluña". Diario de Arousa (en castelán). 29 de outubro de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  6. "REGULAMENTO PARA OS CAMPIONATOS DEGALICIA DE AUTOCROSS-RALLYCROSS 2020" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  7. "Clasificación final Autocross 2017" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  8. "Clasificación final Autocross 2019" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  9. "Clasificacións Campionatos de España de 2013" (PDF). Real Federación Española de Automobilismo (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]