José Caamaño Louro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Caamaño Louro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e piloto de rally
FillosIago Caamaño
editar datos en Wikidata ]

José María Caamaño Louro é un empresario e ex piloto de rallys galego, cofundador do Grupo Caamaño, histórico subministrador de Inditex.[1][2]

Competiu no Campionato de Galicia de Rallys de Terra, onde logrou varias vitorias e dous subcampionatos a bordo dun Citroën Visa, así como no Campionato de España de Rallys de Terra.[3]

É pai do tamén piloto de rallys Iago Caamaño.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos anos 80 fundou xunto a Emilio Mahía o Grupo Caamaño, empresa adicada ao sector da transformación do metal, carpintaría metálica e vidro para fachadas. Dita empresa converteuse nun dos principais subministradores de Inditex, realizando a montaxe íntegra das tendas da multinacional.[1] O grupo creceu ata facturar darredor de 100 millóns de euros ao ano, e en 2019 a maioría das súas accións foron vendidas ao grupo vasco Kider.[1]

Fóra do mundo empresarial, Caamaño probou como toureiro, realizando varias corridas e pasou logo a competir en rallys. Disputou diversas probas de asfalto e montaña, centrándose finalmente nos rallys de terra.[3] Disputou o Campionato de Galicia de Rallys de Terra con José Manuel Valeiro como copiloto, e en 1988 quedou subcampión despois de subir ao podio no Rally de Narón e no Rally de Terra do Carballiño, cun Renault 5 GT Turbo e un Citroën Visa 1000 Pistas respectivamente.[5][6] Cun Citroën Visa 4x4 revalidou o subcampionato ao ano seguinte, no que conseguiu a vitoria no 2º Rally de Narón e no 2º Rally de Terra de Ourense.[7][8] Nos anos seguintes disputou o Campionato de España de Rallys de Terra co Visa e cun Citroën AX 4x4, pero con menos éxito.[9]

O seu fillo Iago Caamaño tamén se adica aos rallys, sendo un dos pilotos máis destacados de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "El grupo vasco Kider toma el control de Caamaño, proveedor de Inditex" (en castelán). 1 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  2. "Emilio Mahía Becerra, un socio fundador que aseguraba ser un «empleado del metal»". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Arévalo, Fernando (21 de maio de 1990). "El coruñés José Caamaño cambió la arena del coso taurino por la tierra de los tramos en los radies del campeonato nacional". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42. 
  4. "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  5. "Clasificación final do Rally de Narón de 1988" (PDF). www.rallyenaron.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  6. "Magdaleno-Campos ganaron el rally de tierra de Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de decembro de 1988. p. 38. 
  7. "Clasificación final do Rally de Narón de 1989" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  8. "Caamaño resolvió en los primeros tramos su triunfo en el rally de tierra de Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 1989. p. 44. 
  9. "Resultados de José Caamaño". .ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2020.