Rally Botafumeiro de 1990
| Tipo | edición de rally |
|---|---|
| Parte de | Rally Botafumeiro e Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Número de edición | 5 (1990) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Marc Etchebers |
O Rally Botafumeiro de 1990 foi a 5ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 1 de xullo de 1990 e o vencedor foi o vascofrancés Marc Etchebers sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]O equipo formado polo vascofrancés Marc Etchebers e o ferrolán Humberto González gañou con facilidade o rally ao marcar o mellor tempo en todos os treitos cronometrados, excepto nos dous últimos, que foron para Sergio Vallejo e José Manuel López Parada. A segunda praza estivo moito máis disputada e tras o abandono por problemas mecánicos de Manuel Senra, que marcara o segundo mellor tempo no primeiro treito, a loita deuse entre Vallejo, Parada, "Peitos", Antonio Trelles e Antonio Garrido. Ao remate dos seis treitos diúrnos era "Peitos" o que ocupaba a segunda praza, seguido moi de preto polos demais. Con todo, na sección nocturna os irmáns Vallejo rodaron rápido e subiron ata a segunda praza final. "Peitos" quedou finalmente cuarto (e primeiro no Trofeo Citroën), ao verse adiantado ao final tamén polo vigués Trelles, que subiu ao podio en terceira posición e gañou na Copa Renault.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Ford Sierra Cosworth | 57.13 | ||
| 2 | Peugeot 205 GTI | 58.38 | ||
| 3 | Renault 5 GT Turbo | 59.00 | ||
| 4 | Citroën AX Sport | 59.01 | ||
| 5 | Renault 5 GT Turbo | 59.48 | ||
| 6 | Ford Sierra Cosworth | 1:00.07 | ||
| 7 | Javier García | Esturao | Renault 5 GT Turbo | 1:00.30 |
| 8 | Renault 5 GT Turbo | 1:01.03 | ||
| 9 | Peugeot 205 Rallye | 1:01.22 | ||
| 10 | Suso | Renault 5 GT Turbo | 1:02.10 | |
| Abandonos | ||||
| - | Peugeot 205 GTI | - | ||
| - | Renault 5 GT Turbo | - | ||
| - | Citroën AX GT | - | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Arévalo, Fernando (2 de xullo de 1990). "Clara victoria del equipo Etchebers-González en el Rally do Botafumeiro, disputado en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44.
| Predecesor: Rally do Lacón |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1990 |
Sucesor: Rally Rías Baixas |