Rally da Coruña de 1991
| Tipo | edición de rally |
|---|---|
| Parte de | Rally da Coruña, Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally e Copa de España de Rally |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Número de edición | 9 (1991) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Daniel Alonso Villarón |
O Rally da Coruña de 1991 foi a 9ª edición[1] de dito rally. Foi a sétima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 25 de agosto de 1991 e o vencedor foi o asturiano Daniel Alonso.[2]
Resumo
[editar | editar a fonte]O canario Carlos Totoricagüena foi o máis rápido nos treitos diúrnos, pero o seu Mercedes 190E comezou a fallar nos treitos nocturnos e viuse adiantado polo Ford Sierra Cosworth do asturiano Daniel Alonso. Finalmente o motor do Mercedes parou na segunda pasada por Meirama, polo que Alonso conseguiu comodamente a vitoria nun rally que xa ganara dous anos antes. Ademais foi o máis rápido nos tres dos catro treitos que restaban por disputarse. Tamén Manuel Senra abandonou na sección nocturna, ao sufrir unha saída de pista e un problema mecánico no primeiro dos treitos que a conformaban, Soandres, cando ocupaba a terceira posición. Gonzalo Arche estaba segundo tras o abandono de "Carlos" pero perdeu a posición en favor do berciano Antonio Garrido, que quedou finalmente segundo. Miguel Dopico, sobre un Peugeot 309 GTI 16v, chegou á meta en cuarta posición.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Ford Sierra Cosworth | 1h33'17'' | ||
| 2 | Ford Sierra Cosworth | 1h33'21'' | ||
| 3 | Renault Clio | 1h37'49'' | ||
| 4 | Peugeot 309 GTI 16v | |||
| 5 | ||||
| 6 | ||||
| 7 | ||||
| 8 | Citroën AX Sport | |||
| 9 | ||||
| 10 | ||||
| 11 | Peugeot 205 GTI | |||
| Abandonos | ||||
| - | Peugeot 205 GTI | - | ||
| - | Mercedes-Benz 190E 2.3 16v | - | ||
| - | Citroën AX Sport | |||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En 1978 xa se disputara a 9ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo.
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (26 de agosto de 1991). "Alonso obtuvo su segundo triunfo en el Rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37.
| Predecesor: Rally Rías Baixas |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1991 |
Sucesor: Rally de Vigo |