Rally do Lacón de 1992
| Tipo | edición de rally |
|---|---|
| Parte de | Rally Pazo Tizón e Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally |
| Número de participantes | 45 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Intervalo de tempo | 13 de maio de 1992 – 14 de maio de 1992 |
| Número de edición | 26 (1992) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Manuel Senra |
O Rally do Lacón de 1992 foi a 26ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 13 e o 14 de maio de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]Germán Castrillón dominou as primeiras dúas seccións das tres que compoñían o rally, mentres que Manuel Senra foi o máis rápido nos treitos nocturnos do domingo, que pechaban a proba. Os vehículos chegaron á meta con Castrillón na primeira posición e con Senra segundo, a 11 segundos do cabanés. Con todo, tras finalizar a carreira Senra puxo unha reclamación sobre o o primeiro paso por Cabanelas, treito que fora anulado e non contabilizado ao caer unha árbore na estrada despois de que xa pasaran seis participantes, incluído o propio Senra, pero non Castrillón. Os comisarios déronlle a razón e contabilizaron os tempos dos pilotos que completaron dito treito adxudicándolle ao resto o peor dos seis tempos. Con estes novos tempos a clasificación mudou e declarouse gañador a Manuel Senra. A decisión enfadou ao equipo dos Castrillón, que acusaron á organización de "regalarlle o rally a Senra" e prometeron que non volverían correr o Rally do Lacón,[1] promesa que mantiveron. O carballiñés José María Banga completou o podio.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Peugeot 309 GTI 16v | 1h04'29'' | ||
| 2 | Ford Sierra Cosworth | 1h04'38'' | ||
| 3 | Citroën AX Sport | |||
| 5 | Citroën AX Sport | |||
| 6 | Renault Clio 16v | |||
| Abandonos | ||||
| - | Lancia Delta Integrale | - | ||
| - | Citroën AX Sport | - | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Una reclamación contra Castrillón otorga a Manuel Senra el triunfo en el Ralli do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). 15de xuño de 1992. p. 34.
- ↑ "José María Banga fue el mejor entre los locales y tercero en la clasificación general". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 1992. p. 38.
| Predecesor: Rally de Noia |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1992 |
Sucesor: Rally de Ferrol |