Antonio Colemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Pérez-Hugalde Colemán
Reverter 2.JPG
Estatua de Colemán (dereita) e Reverter (esquerda) sentados no Alpinche en Ourense.
Nacemento1951
Falecemento25 de decembro de 2003
 Ourense
NacionalidadeGalega
OcupaciónCopiloto de rallys
editar datos en Wikidata ]

Antonio Pérez-Hugalde Colemán, nado en 1951 e finado en Ourense o 25 de decembro de 2003, foi un copiloto de rallys, e máis coñecido como Antonio Colemán. Gran impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense e copiloto de Estanislao Reverter.[1][2]

Durante os anos 1983 a 2003 foi o presidente da Escudaría Ourense e durante eses anos participou na organización do Rally de Ourense.[3]

Faleceu o 25 de decembro de 2003 por mor dun derramo cerebral.[2]

O 23 de xuño do 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura na súa honra e na de Estanislao Reverter cos dous sentados no coche de Estanislao, o Alpinche.[4]

Notas[editar | editar a fonte]