Rally San Froilán de 1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally San Froilán de 1990
CategoríaEspaña
Galicia
LocalizaciónGalicia Provincia de Lugo
OrganizadorEscudería Miño
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Tramos15
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
AnteriorRally San Froilán de 1989
SeguinteRally San Froilán de 1991

O Rally San Froilán de 1990 foi a 12ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse entre o 6 e o 7 de outubro de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth.

Foi a terceira aparición de Castrillón co Ford Sierra e a terceira vitoria, colocándose líder do campionato galego tras este triunfo.[1] Ademais foi a súa primeira vitoria no rally lucense, que gañou logo noutras cinco ocasións.

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de 477,6 quilómetros (contando os enlaces) divididos en dúas etapas e 15 treitos cronometrados. A saída realizouse o sábado 6 na Avenida Ramón Ferreiro de Lugo, dándose ese día tres pasadas aos treitos de Lúa - O Pontigo (12 km), Seixosmil - O Chao (18,5 km) e Meira (8,7 km). O itinerario do domingo consistiu en dúas pasadas polos treitos de Goián (10,4 km), San Mamede - Bagude (7,3 km) e Recelle (6,3 km).[2]

Resumo[editar | editar a fonte]

Coa ausencia dun dos favoritos, o vasco Fernando Brizuela, que aínda que estaba inscrito non se presentou, Germán Castrillón dominou con facilidade o rally co seu Ford Sierra Cosworth e xa tras a primeira sección avantaxaba comodamente ao segundo clasificado, o vigués Urbano Villanueva.[3] Este corría cun BMW M3 que pertencera anteriormente a "Culebra" e ao campión de España Pep Bassas e mantivo a segunda praza ata o final. Os seguintes postos estiveron máis disputados cunha pelexa entre Arturo Rial, Peitos e Carlos. Carlos perdeu varios postos na parte final do rally por unha mala elección de pneumáticos, mentres que Rial marcou o mellor tempo en catro dos seis treitos do domingo, logrando finalmente a terceira praza. Peitos rematou cuarto, a 16 segundos de Rial, e primeiro da Citroën Challenge. En quinto lugar e primeiro da Copa Renault chegou Lino Otero co seu Renault 5 GT Turbo.[1]

Manuel Senra, co seu Peugeot 205 GTI, foi un dos que máis rápido pero sufriu dúas picadas de roda o sábado, mentres que o domingo perdeu cinco minutos por un problema co regulador da bomba da gasolina, polo que finalmente só puido ser undécimo, un posto por riba dos irmáns Sergio e Diego Vallejo, que tamén perdeu cinco minutos por unha roda picada no treito Seixosmil - O Chao.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth
2 Galicia Urbano Villanueva Galicia José Alonso BMW M3
3 Galicia Arturo Rial Galicia Mario Pazos Citroën AX Sport
4 Galicia Peitos Citroën AX Sport
5 Galicia Lino Otero Renault 5 GT Turbo
6 España Carlos España Heriberto Rodríguez Mercedes-Benz 190E 2.3 16v
7 Galicia José M. López Parada Renault 5 GT Turbo
11 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI
12 Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Peugeot 205 GTI
Abandonos
- España Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth
- Galicia Javier Paz Citroën AX Sport
- Galicia Antonio Trelles Renault 5 GT Turbo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (8 de outubro de 1990). "Germán Cástrillón lidera el campeonato gallego tras dominar con comodidad el rally San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán). p. 29. 
  2. "El Rally San Froilán será decisivo para el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1990. p. 41. 
  3. Arévalo, Fernando (7 de outubro de 1990). "El piloto ferrolano Germán Castrillón, virtual ganador del Rally San Froilán a falta de disputarse seis tramos". La Voz de Galicia. 


Predecesor:
Rally Cidade de Cristal
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally da Coruña