Saltar ao contido

Alberto Meira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Meira Fernández

Alberto Meira en 2009
Biografía
Nacemento1977
Vincios (Gondomar) Galicia
País de nacionalidadeGalega
Actividade
OcupaciónPiloto de rally
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Meira no 2008.

Alberto Meira nado en Vincios (Gondomar) o 15 de novembro de 1977[1], é un piloto de rally galego que foi dúas veces campión de Galicia de rally, en 2010 e 2016, e oito veces subcampión.

Ademais foi campión do grupo N en 2004 e 2009 e gañador da Copa Renault Clio de Galicia de 2004.[1] Tamén ten participado no Campionato de España de Rallys, onde logrou unha vitoria e varios podios, ademais do subcampionato en 2013. O seu copiloto habitual dende 2017 é José Murado, tendo competido anteriormente xunto a Álvaro Bañobre e David Vázquez.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou en competición en 1999 cun Peugeot 106 no Campionato Galego e ao ano seguinte afrontou a Copa Fiat Punto autonómica e debutou no Campionato de España co 106, no Rally de Ourense. En 2002 comezou a correr con Álvaro Bañobre como copiloto, co que continuaría durante toda a seguinte década. Ese ano participou cun Renault Clio Sport na copa Nacional Clio, acadando o cuarto lugar e en 2003 acadou un podio nesa Copa (terceiro no Rally Vasco Navarro). En 2004 disputou dúas probas nacionais cun Mitsubishi Lancer Evo VII, obtendo un oitavo posto en Ourense e o sétimo lugar no grupo N. En Galicia disputou co Clio a Copa Renault conseguindo o título e o seu primeiro podio na competición rexional cun segundo posto no Rally Salón do Automóbil de Vigo. No 2005 participou en catro probas nacionais nesta ocasión cun Lancer Evo VIII con resultados moi discretos, mentres que en Galicia acadou dous novos podios: Sur do Condado e Albariño. Ao ano seguinte rematou sétimo no Rías Baixas e logrou a súa primeira vitoria absoluta en Galicia cunha vitoria no Rally do Lacón. Grazas a este resultado e tres podios máis rematou cuarto o campionato. En 2007 cun novo vehículo, o Lancer Evo IX, apartou o concurso rexional onde só foi ao Sur do Condado, acadando o segundo posto, e fixo un programa case completo do campionato estatal. Finalizou noveno en Vila Joiosa e cuarto no Rías Baixas, a súa mellor actuación ata esa data no certame. En 2008 abordou o campionato rexional puntuando nas dúas primeiras citas para logo acadar a súa segunda vitoria absoluta, esta vez no Rally do Albariño. Despois engadiu un segundo posto no Condado o que lle permitiu ser quinto na clasificación final do campionato galego.[2] No campionato de España foi oitavo en Ourense, quinto en Ferrol e oitavo na categoría do grupo N. Ao ano seguinte disputou todo o campionato autonómico acadando cinco podios e a vitoria no Sur do Condado, rematando a tempada como subcampión por detrás de Pedro Burgo.

Campión galego (2010)

[editar | editar a fonte]
Meira no 2016 (Rally Sur do Condado).

Para a tempada 2010 adquiriu un Lancer Evo X, un vehículo que lle permitiu acadar a vitoria nas dúas primeiras citas do galego: Comarca da Ulloa e Cocido. O seu principal rival na loita polo título foi Bamarti ao que Meira derrotou con dous triunfos máis en Narón e no Baixa Limia para proclamarse campión por primeira vez, aínda sen ter que acudir á última cita, o Botafumeiro. Ao ano seguinte sumou dous abandonos no nacional (Vila Joiosa e Canarias) e logo foi oitavo na proba das Rías Baixas onde unha sanción o privou de subir ao podio.[3] Esta situación fixo que Meira decidise abandonar a Escudería Rías Baixas, (mesma entidade organizadora do rally) e continuar a tempada competindo con RMC Motorsport no nacional e co seu propio equipo (AMF Sport) en Galicia. Ese ano só logrou unha vitoria no Sur do Condado e un podio no Baixa Limia.

En 2012 acadou a súa primeira vitoria absoluta no campionato de España tras gañar o rally Rías Baixas por diante de Alberto Hevia cunha diferenza de 6 segundos. Despois abandonou en Ourense, e a nivel rexional subiu ao podio en Noia e Narón. En 2013 cambiou de copiloto entrando David Vázquez no lugar de Álvaro Bañobre, que pasou a correr con Iván Ares.[4] Meira e Vázquez disputaron todo o campionato de España con bos resultados. Foron quintos na súa primeira participación en Canarias, terceiros en Cantabria e segundos no Rías Baixas, Sierra Morena e Madrid. Aínda que un pouco lonxe dos gañadores Luís Monzón e José Carlos Déniz, Meira e Vázquez conseguiron o subcampionato.[5] O 2014 marcou un ano de transición, con só catro rallys, dos cales tres acabaron en abandonos e o outro nun segundo posto no Rally do Cocido.

Alberto Meira no Rally do Cocido de 2017

Segundo título (2016)

[editar | editar a fonte]

A partir de 2015 centrouse de novo no campionato galego. Co Evo X R4 conseguiu ese ano dúas vitorias máis para o seu palmarés: Narón e Sur do Condado. Outros dous podios permitíronlle entrar na loita polo título contra Alejandro Pais e situarse como líder. O cuarto posto no Rally San Froilán deulle o liderado ao seu rival e na última cita (Rally Ribeira Sacra), con todo por decidir,[6] Meira só puido ser décimo oitavo e acabar así subcampión.[7] No 2016, con todo, e case sen oposición, Meira gañou o seu segundo título[8] tras gañar cinco probas das oito do calendario: Eurocidade Tui-Valença, Narón, Sur do Condado, Ribeira Sacra e Comarca da Ulloa.

Subcampionatos (2017-actualidade)

[editar | editar a fonte]

Disputou a tempada 2017 do campionato galego con José Murado como copiloto despois de que David Vázquez decidise correr o campionato con Víctor Senra.[9] Obtivo un cuarto posto no Rally da Coruña, e subiu ao podio nas seguintes seis probas, incluída unha vitoria no Sur do Condado, resultados que sumados á suspensión do último rally, o Comarca da Ulloa, lle deron o seu terceiro subcampionato, esta vez por detrás de Víctor Senra.[10][11] Na tempada 2018 desenvolveuse de maneira semellante á anterior, logrando tamén seis podios, esta vez con dúas vitorias (Sur do Condado e Comarca da Ulloa) e rematando como subcampión de novo por detrás de Senra.[12]

Comezou 2019 igual que as dúas tempadas anteriores: cun cuarto posto no Rally da Coruña. A continuación viñeron un abandono en Noia, tres podios consecutivos no Rías Baixas, Narón e Sur do Condado, e outros dous abandonos no Botafumeiro e no Ourense-Lugo-Ribeira Sacra. Finalmente logrou a súa primeira vitoria no Rally San Froilán e quedou segundo na primeira edición do Rally Mariña Lucense, resultados cos que rematou subcampión galego por quinta vez, a terceira consecutiva por detrás de Víctor Senra.[13]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Resultados Campionato galego

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos Puntos
2004 Renault Clio Sport COC
6
RDN
5
SDA
2
ALB
7
NAR
8
OBL
Ret
BOT
3
LUG
Ret
633
2005 Mitsubishi Lancer Evo VIII COC CON
2
ALB
3
NAR
Ret
BXL BOT
Ret
RDN
Ret
LUG 385
2006 Mitsubishi Lancer Evo VIII COC
2
RDN ALB NAR
Ret
CON
Ret
BXL
3
LAC
1
LUG
Ret
BOT
2
2007 Mitsubishi Lancer Evo IX COC RDN ALB NAR CON
2
LUG BXL BOT
2008 Escuderia Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo IX COC
4
RDN
5
ALB
1
NAR
Ret
CON
2
CDU LUG
Ret
BXL
696
2009 Escuderia Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo X CDU
Ret
COC
3
NOIA
4
ALB
2
CDN
4
SUR
1
SFR
6
BXL
2
BOT
3
1205
2010 Escuderia Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo X CDU
1
COC
1
NOIA
4
CDN
1
SUR
5
SFR
4
OBL
1
BOT
1345
2011 AMF Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X COC
NOIA
CDU
NAR
SUR
1
SFR
OBL
2
SDG
Ret
BOT
10º 460
2012 AMF Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X COC
Ret
RDN
2
CDU
Ret
CDN
3
SDC
Ret
LAC LUG OBL SDG BOT 203
2013 AMF Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X SDG
3
COC NOI ULL NAR SDC LUG RBS
2014 AMF Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X RDC
2
RDN
Ret
BOT
Ret
CDN
SDC
ULL
LUG
RBS
TVA
240
2015 AMF Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X R4 RDC
Ret
NOI
Ret
NAR
1
SDC
1
COR
2
CDU
3
SFR
4
RBS
18
1141
2016 Yacar Racing Mitsubishi Lancer Evo X R4 RDN
2
COC
Ret
TVA
1
CDN
1
SDC
1
LUG
2
RBS
1
ULL
1
1737
2017 Yacar Racing Mitsubishi Lancer Evo X R4 COR
4
COC
2
RDN
2
CDN
3
SDC
1
RBS
3
LUG
2
1292
2018 Yacar Racing Mitsubishi Lancer Evo X R4 COR
4
RDN
3
RBX
Ret
CDN
3
SDC
1
BOT
2
RBS
3
LUG
Ret
ULL
1
1390
2019 Yacar Racing Citroën DS3 R5 COR
4
RDN
Ret
RBX
2
CDN
2
SDC
3
BOT
Ret
RBS
Ret
LUG
1
MAL
2
1264
2020 Yacar Racing Citroën DS3 R5 COR
3
LUG
3
MAL
3
184

Resultados Campionato de España

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos Puntos
2000 Escudería Rias Baixas Peugeot 106 Rallye CAT ECI CAJ MED VLL OUR
Ret
AVI RBX
Ret
COR PRI VEN SAL TEN MAD - 0
2001 Escudería Rias Baixas Fiat Punto HGT MED ECI SAL COR
Ret
VLL OUR AVI RBX
55
PRI VEN CAJ MAD
2002 Escudería Rias Baixas Fiat Punto HGT ECI CAJ VLL OUR
Ret
AVI RBX
Ret
VCN
Renault Clio Sport MED
36
CDS
40
MAD
32
2003 Escudería Cantera 3P Car Renault Clio Sport MED
Ret
ECI CAJ
Ret
RBX
21
OUR
Ret
AVI VLL
29
VCN
25
CDS
Ret
2004 Escudería AR Vidal Racing Mitsubishi Lancer Evo VII VIL ECI CAN RBX
12
OUR
8
AVI PDA VLL CDS MAD
2005 Escudería Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo VIII VIL CNR CAN RBX
Ret
OUR
Ret
AVI
33
FRR
26
VLL PRI
2006 Escudería Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo VIII VIL CNR CAN RBX
7
OUR
Ret
AVI PRI FRR
Ret
VLL CBR
2007 Escudería Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo IX VIL
9
CNR CAN
13
RBX
4
OUR
Ret
FRR
Ret
PRI
Ret
VLL
Ret
CBR
2008 Escudería Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo IX VIL CNR CAN RBX
Ret
OUR
8
FRR
5
PRI VLL SRM CBR SHA
2009 Escudería Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo IX VIL CNR CAN RBX
10
OUR
7
FRR PRI VLL SRM CBR SHA
2010 Escudería Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo X VIL CNR CAN RBX
2
OUR
Ret
FRR
Ret
PRI VLL SRM RCM
6
18º 51
2011 Escudería Rias Baixas Mitsubishi Lancer Evo X VIL
Ret
CNR CAN
Ret
RBX
8
20º 42
RMC Motorsport ORN
Ret
FRR
4
PRA VLL SRM RCM
2012 RMC Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X CNR CAN RBX
1
ORN
Ret
FRR PRA VLL SRM RCM 21º 35
2013 RMC Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X CNR
5
CAN
3
RIA
2
ORE
5
FER
Ret
PRI
Ret
LLA
7
SMO
2
MAD
2
193,5
2014 RMC Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X R4 CNR SMO RBX
Ret
OUR BIE FER PDA LLA CAN MAD - 0
2015 RMC Motorsport Mitsubishi Lancer Evo X VDA CNR SMO RBX
Ret
OUR FER PDA LLA MAD - 0

Vitorias no Campionato de Galicia

[editar | editar a fonte]

Vitorias no Campionato de España

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Pedro Burgo
 Campión de Galicia de Rally 
2010
Sucesor:
Iván Ares
Predecesor:
Alejandro Pais
 Campión de Galicia de Rally 
2016
Sucesor:
Víctor Senra
  1. 1,0 1,1 "Historia. Alberto Meira.net". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  2. "Clasificacións finais 2008" (PDF). FGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de setembro de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  3. "Rías Baixas lamenta que Meira no reclamase". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  4. "Cambio de copilotos para Alberto Meira e Ivan Ares". Xaneiro de 2013. Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  5. "Alberto Meira, subcampeón de España de Rallys". Faro de Vigo (en castelán). 26 de novembro de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  6. "Alberto Meira se juega el título en el Rallyes Ourense Ribeira Sacra" (en castelán). 24 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  7. "Álex Pais se proclama campeón gallego de ralis al terminar segundo en Ourense". El Correo Gallego (en castelán). 30 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  8. "Alberto Meira cierra la temporada con un triunfo y el título gallego en sus manos" (en castelán). 27 de novembro de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  9. "David Vázquez copilotará a Víctor Senra y José Murado a Alberto Meira". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  10. "Víctor Senra, campeón gallego de ralis tras suspenderse el Comarca da Ulloa". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  11. "Alberto Meira se proclama subcampeón gallego de ralis" (en castelán). 8 de decembro de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  12. "Alberto Meira venció el Rally Comarca da Ulloa, última cita del Gallego" (en castelán). 18 de novembro de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  13. "Alberto Meira se impone en el San Froilán y zanja a su favor el subcampeonato" (en castelán). 29 de outubro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  14. Alberto Meira (driver)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]