Rally Rías Baixas de 1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally Rías Baixas de 1992
CategoríaGalicia
Copa España
LocalizaciónGalicia Provincia de Pontevedra
OrganizadorEscudería Rías Baixas
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
AnteriorRally Rías Baixas de 1991
SeguinteRally Rías Baixas de 1993

O Rally Rías Baixas de 1992 foi a 28ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 9 de agosto de 1992 e o vencedor foi Germán Castrillón, a bordo dun Ford Sierra RS Cosworth.

Resumo[editar | editar a fonte]

Germán Castrillón correu esta edición do rally con José Manuel López Castrillón como copiloto, en vez da habitual Estrella Castrillón, que decidiu ver o rally como espectadora, despois das queimaduras sufridas no grave accidente da edición anterior. O Ford Sierra RS Cosworth de Castrillón colocouse primeiro xa nos primeiros treitos, pero con pouca diferenza sobre o Peugeot 309 GTI de Manolo Senra. Con todo, o que parecía un novo duelo entre os dous pilotos rematou antes de tempo, pois no primeiro treito da segunda sección, en Camos, Senra sufriu unha saída de pista e non puido continuar a carreira. Deste xeito Castrillón levantou o pé do acelerador nos treitos finais e logrou unha cómoda vitoria con máis de dous minutos de vantaxe sobre Javier Piñeiro, segundo, e Javier Paz, terceiro.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Galicia Germán Castrillón Galicia José Manuel López Castrillón Ford Sierra RS Cosworth 1h19:45
2 Galicia Javier Piñeiro Galicia Carlos Cascallar Lancia Delta Integrale 16V 1h21:53
3 Galicia Javier Paz Galicia Manuel García Citroën AX Sport 1h22:41
4 Francia Marc Etchebers Galicia Humberto González Ford Sierra Cosworth 1h23:27
5 Galicia José María Banga Galicia Modesto González Citroën AX Sport 1h24:01
6 Galicia Jesús Campos Galicia Faustino Suárez Renault Clio 1h24:45

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Castrillón, sin rival en el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 1992. p. 27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally de Ferrol
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1992
Sucesor:
Rally da Coruña