Saltar ao contido

Rally Mariña Lucense de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally Mariña Lucense de 2019
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Mariña Lucense e Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Número de participantes69 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición1  (2019) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoIago Caamaño Editar o valor em Wikidata

2020 Editar o valor em Wikidata

O Rally Mariña Lucense de 2019 foi a primeira edición de dito rally e a oitava e última proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de novembro de 2019 e o vencedor foi Iago Caamaño.

Itinerario

[editar | editar a fonte]

Celebrouse na parte occidental da Mariña Lucense, estando situado o parque pechado en Viveiro.[1] Os nove treitos cronometrados disputáronse nos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo, sumando un total de 93,45 km.[2]

Inscritos

[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 72 equipos,[3] dos que finalmente tomaron a saída 69.[4] Coa ausencia do xa campión galego Víctor Senra, os principais candidatos a vencer o rally eran Alberto Meira e Iago Caamaño, segundo e terceiro respectivamente no campionato. Iago Caamaño inscribiuse cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal, en vez de co seu Ford Fiesta R5 co que competira toda a tempada.[5]

Iago Caamaño comezou á fronte da xeral tras marcar o mellor tempo no primeiro treito, no Vicedo, pero perdeu a posición rapidamente a favor de Alberto Meira que se fixo co mellor tempo nos tres treitos seguintes.[6] Con todo, no quinto treito, correspondente á segunda pasada por Cervo, foi Caamaño o máis rápido, ao igual que en todos os restantes treitos do rally, polo que foi el o piloto que estreou o palmarés do rally lucense. Segundo finalizou Meira e en terceira posición Óscar Veiga, que aproveitou o abandono de Adrián Díaz.[7][8]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Volkswagen Polo R5 Lalín Deza 1h01:42.556
2 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 1h01:48.606
3 Galicia Óscar Veiga Galicia Eloy Fernández Subaru Impreza WRX STI A Pontenova 1h05:02.570
4 Galicia David Rivas Galicia José Viéitez Citroën C2 RVS Motorsport 1h06:16.178
5 Galicia José Manuel Lista Galicia Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX J. Lista Competición 1h06:50.961
6 Galicia Tino Iglesias Galicia Vanesa Maquieira Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h08:13.684
7 Galicia Sergio Tabeayo Galicia José Antonio Pintor Citroën C2 GT Lalín-Deza 1h08:16.851
8 Galicia José Antonio Otero Galicia Alejandro López Fernández Subaru Impreza WRX STI Congostra Team Sanxenxo 1h08:24.575
9 Galicia José Manuel Lamela Galicia Daniel Pérez Torres Peugeot 106 Rallye 1.6 Yacar Racing 1h09:24.300
10 Galicia Joaquín Pérez Galicia Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h09:41.764
11 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h09:53.584
12 Galicia Gonzalo Villasuso Galicia Francisco Penabad Peugeot 206 A. Ferrol 1h10:31.535
13 Galicia Pablo Blanco Galicia Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h10:36.003
14 Galicia Rubén Gandoy Galicia Miguel Ángel Vidal Peugeot 206 XS Siroco Narón 1h11:04.333
15 Galicia David Busto Galicia Óscar García Ford Fiesta ST Berberecho 1h11:10.184
16 Galicia Aitor Pico Galicia Eloy Calvo Peugeot 106 GTI Scratch Fene 1h11:17.670
17 Galicia Antonio Pérez Galicia Javier Martínez Citroën DS3 R5 Miño-Lugo 1h11:23.610
18 Galicia Pablo Rey Galicia María del Pilar Seco Ford Fiesta R2 A. Ferrol 1h12:01.299
19 Galicia Rubén López Galicia Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h12:03.310
20 Galicia Diego González Galicia Diego García Citroën Saxo Moeche 1h12:45.658
21 Galicia Juan José Sueiras Galicia Alberto Acción Citroën Saxo VTS Moeche 1h12:59.857
22 Galicia Miguel Iglesias Galicia Alberto Rial Citroën Saxo Melide Motorsport 1h13:03.999
23 Galicia Adrián Vázquez Galicia Cristina Prieto Citroën C2 R2 Max Meira 1h13:29.295
24 Galicia Rubén López Galicia Lorena Rico BMW 325i E30 Senra Sport 1h14:18.962
25 Galicia Eugenio Pita Galicia Iván Bouza Citroën Saxo VTS Moeche 1h14:29.257
26 Galicia Antonio Amor Galicia Marcos López Seat 1430 Moeche 1h14:35.536
27 Galicia Borja Ramudo Galicia Martín Basanta Peugeot 205 Galicia Motorsport 1h14:52.311
28 Galicia Marcos Castro Galicia Aarón Rodríguez Citroën Saxo VTS Siroco Narón 1h14:53.822
29 Galicia Clemente Alves Galicia José Luis Suárez Peugeot 206 XS Miño-Lugo 1h15:08.842
30 Galicia Fabio García Galicia Pablo Bellas Peugeot 306 GTI Miño-Lugo 1h17:37.189
31 Galicia Sergio Rodríguez Galicia Manuel Ferreira Peugeot 206 XS Moeche 1h18:30.761
32 Galicia Óscar González Galicia Antonio González Citroën Saxo MRT 1h18:52.263
33 Galicia Diego Dopico Galicia Paula Martínez Peugeot 106 Kit car Siroco Narón 1h19:00.997
34 Galicia Miguel García Galicia Jorge Paz Mitsubishi Lancer Evo X A Pontenova 1h19:32.356
35 Galicia Rubén Amarelo Galicia Santiago Amarelo Peugeot 206 XS As Pontes Motorsport 1h20:31.840
36 Galicia Víctor Varela Galicia Isabel Hermida Peugeot 205 Rallye A Pontenova 1h20:48.897
37 Galicia Ricardo Estévez Galicia Óscar Otero Seat Marbella Galicia Motorsport 1h22:20.673
38 Galicia José Antonio Seco Galicia Javier Santos Peugeot 206 As Pontes Motorsport 1h23:29.282
39 Galicia Francisco Javier Seoane Galicia Bran Carballo Seat Arosa RVS Motorsport 1h24:04.892
40 Galicia Pedro Reija Galicia Natalia Aldeguinde Peugeot 306 GTI 16V Miño-Lugo 1h26:31.535
  1. "El primer Rally da Mariña cerrará este fin de semana el campeonato gallego". El Progreso (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  2. "1º Rally Mariña Lucense 2019". 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  3. "Lista de inscritos Mariña Lucense" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  4. "Autorizados a tomar a saída, Mariña Lucense" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  5. "Iago Caamaño con un Polo R5 en el Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  6. "Victoria para Iago Caamaño en el I Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  7. "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada". El Progreso (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  8. "Iago Caamaño leva o primeiro Rally Mariña Lucense" |url= incorrecto (Axuda). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally San Froilán
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
-