Saltar ao contido

Subida á Estrada

Modelo:Competición deportivaSubida á Estrada
Imaxe
28ª Subida á Estrada
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato de Galicia de Montaña Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónA Estrada (provincia de Pontevedra) 42°41′21″N 8°29′14″O / 42.689166666667, -8.4872222222222 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1971 – Editar o valor en Wikidata

A Subida á Estrada é unha carreira automobilística de montaña que se disputa na Estrada e que puntúa para o Campionato de Galicia de Montaña. Celebrada de xeito intermitente dende 1971 é a segunda subida galega con máis edicións disputadas, só por detrás da Subida a Chantada.[1]

A proba nace en 1971, cando se celebra a primeira edición durante as festas de San Paio, organizada pola Escudería Pontevedra a petición de Alejandro Durán, quen se ocuparía da organización das seguintes edicións como presidente da Escudería Estradense. O Porsche 911 R de Humberto Rodríguez foi o vencedor nas dúas primeiras edicións,[2] disputándose a proba de xeito ininterrompido ata 1977, anos nos que destaca a vitoria en 1975 de Beny Fernández a bordo do Alpinche de Estanislao Reverter, só unha semana despois de debutar con el no Rally de Ourense.[1] En 1975 entrou a formar parte do novo Campionato Galego de Automobilismo.[3]

Tras uns anos sen celebrarse, volveu en 1982, xa como parte do Campionato de Galicia de Montaña, e coa segunda vitoria de Alberto González "Camba". Nos seguintes anos sufriu varias interrupcións ata que logrou ter regularidade a partir de 2008, ano no que Cristóbal Serantes conseguiu a primeira das súas catro vitorias consecutivas.[4] Tras a vitoria de Jacobo Sobral en 2014 a proba non se levou a cabo durante os dous anos seguintes, ata que en 2017 volveu ao calendario cunha nova vitoria de Sobral.[5] Alexis Viéitez gañou nas edicións de 2018 e 2019, mentres que a de 2020 foi suspendida pola pandemia por coronavirus.[6]

Enumeración

[editar | editar a fonte]

Hai un problema coa numeración das diferentes edicións.[7] O problema produciuse por mor das diferentes edicións en que non se celebrou o que provocou que fosen saltando as edicións ata que en 2014 se regularizou. Así, despois de 1989 (XII edición), non houbo máis edicións ata 1994 que pasou a ser, erroneamente, a XIV edición. De novo, non se celebrou durante nove anos, e no 2003, se celebrou a XII edición. E tras outro parón, en 2008, se presentou como a XIII edición, e xa, con edicións correlativas ata que en 2014, se pediu permiso á Federación para ordenar o número real de edicións, polo que se saltou ata a XXI, cando no 2013 se celebrara a XVIII. Unha vez conseguido o permiso, continúa a ordenación real.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Edición Vencedor Vehículo
1971 I Subida á Estrada Galicia Humberto Rodríguez Porsche 911 R
1972 II Subida á Estrada Galicia Humberto Rodríguez Porsche 911 R
1973 III Subida á Estrada Galicia Eusebio Bonjoch Fiat Abarth 2000
1974 IV Subida á Estrada Galicia Luis Quinzán Alpine A110 1600
1975 V Subida á Estrada Galicia Beny Fernández Alpinche
1976 VI Subida á Estrada Galicia Luis Quinzán Fórmula Martini MK-12 F1800
1977 VII Subida á Estrada Galicia Camba Selex ST-4/F 1800
Non se celebrou
1982 IX Subida á Estrada Galicia Camba Selex ST-4 2000
1983 X Subida á Estrada España Víctor Abraham Selex ST-4 2000
1984 XI Subida á Estrada España Francisco Egozkue Lola BMW
Non se celebrou
1989 XII Subida á Estrada España Víctor Abraham Osella BMW
Non se celebrou
1994 XIV Subida á Estrada España Víctor Abraham Martini MK-34 Alfa
Non se celebrou
2003 XII Subida á Estrada Galicia Bamarti Mitsubishi Lancer Evo VI
Non se celebrou
2008 XIII Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Outeda
2009 XIV Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Ralt RT-34
2010 XV Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Ralt RT-34
2011 XVI Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Ralt RT-34
2012 XVII Subida á Estrada Galicia Toño Varela Osella PA20-S
2013 XVIII Subida á Estrada Galicia Sergio Varela Silver Car S2
2014 XXI Subida á Estrada Galicia Jacobo Sobral Silver Car S2
Non se celebrou
2017 XXII Subida á Estrada Galicia Jacobo Sobral Silver Car S2
2018 XXIII Subida á Estrada Galicia Alexis Viéitez Fórmula Outeda Mk
2019 XXIV Subida á Estrada Galicia Alexis Viéitez Fórmula Dicode BFR
2021 XXV Subida á Estrada Galicia Adrián Rozados CM Silver Car EF10
2022 XXVI Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
2023 XXVII Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
2024 XXVIII Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
2025 XXIX Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
2026 XXX Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
  1. 1 2 Figueiredo Pérez, Javier; Martínez Piñeiro, Jesús. "Historia de la Subida automovilística a A Estrada" (PDF) (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2020.
  2. ↑ "Humberto Rodríguez, vencedor de la II Subida a La Estrada" (en castelán). 30 de xuño de 1972. p. 22.
  3. ↑ Martínez Moratinos, M. (4 de febreiro de 1975). "En marcha el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 23.
  4. ↑ García Calvo, Lorena (27 de xuño de 2011). "Serantes prolonga su reinado en la subida a A Estrada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2020.
  5. ↑ "Alexis Viéitez se proclama campeón gallego de Montaña en A Estrada". Faro de Vigo (en castelán). 18 de outubro de 2017. Consultado o 5 de outubro de 2020.
  6. ↑ "Cancelada la Subida a Estrada 2020" (en castelán). 21 de maio de 2020. Consultado o 5 de outubro de 2020.
  7. ↑ Redacción (7 de xuño de 2014). "La Subida á Estrada gana años". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]