Rally de Vigo de 1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rally Recalvi de 1991
CategoríaGalicia Galicia
OrganizadorEscudería Motor Vigo
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Manuel Senra
Participantes
Pilotos50
AnteriorRally de Vigo de 1990

O Rally de Vigo de 1991 foi a cuarta e última edición de dito rally e a oitava proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally.

Celebrouse en Vigo o 15 de setembro de 1991 e o vencedor foi Manuel Senra, a bordo dun Peugeot 205 GTI e con José Maceiras como copiloto.[1] Foi a primeira das 37 vitorias de Senra no campionato galego.

Resumo[editar | editar a fonte]

Javier Piñeiro comezou liderando a proba, mentres Manuel Senra deu varios trompos no primeiro treito. Con todo, o Peugeot 205 GTI de Senra comezou a reducir a diferenza e colocouse primeiro no seu paso polo treito de Chenlo. Ambos pilotos chegaron igualados a Salceda, último treito, onde se impuxo o piloto de Dumbría.[1]

O berciano Antonio Garrido co seu habitual Ford Sierra Cosworth completou o podio, mentres que detrás del chegaron os Citroën AX Sport de Arturo Rial, cuarto, e José María Banga, quinto.[2] Só conseguiron chegar á meta 25 vehículos dos 50 que tomaron a saída.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI
2 Galicia Javier Piñeiro Renault Clio 16v
3 España Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth
4 Galicia Arturo Rial Citroën AX Sport
5 Galicia José María Banga Citroën AX Sport

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Manuel Senra consiguió este año en el IV Rally de Vigo su primera victoria". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 1991. p. 44. 
  2. "Senra venció en el Rally Recalvi tras una apasionada lucha con Piñeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de setembro de 1991. p. 34. 


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally San Froilán