Rally Terra da Auga
Rally Terra da Auga | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 2014 |
Rexión | Comarca de Betanzos Comarca de Arzúa |
Máis laureado | ![]() |
Organizador | A.D.N. Motor |
Sitio web | rallydaauga.com |
O Rally Terra da Auga é unha proba de rally organizada dende 2014 nas comarcas de Betanzos e Arzúa, polo equipo A.D.N. Motor, ligado á Escudería Coruña,[1] e que é puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys.
Ata 2020 foi puntuable para o Campionato de España de Rallys de Terra. Inicialmente recibiu o nome de Rally Concello de Curtis, despois pasou a chamarse Rally Terras do Mandeo e dende 2017 leva o nome actual.[2][3]
Historia[editar | editar a fonte]
Na súa primeira edición disputouse no concello de Curtis, onde o piloto de Vimianzo Amador Vidal se fixo coa vitoria aos mandos dun Volkswagen Polo N1, cunha vantaxe de máis de dous minutos sobre Nil Solans que foi segundo cun Škoda Fabia S2000. O podio completouno Juan Pablo Castro cun Subaru Impreza STi N15. Ao ano seguinte a proba contou coa presenza do estoniano Karl Kruuda, piloto do Campionato do Mundo, que se impuxo con clara vantaxe co seu Citroën DS3 R5, fronte a Amador Vidal, esta vez segundo clasificado e Ángel Pérez "Lanchiñas", terceiro cun Mitsubishi Lancer Evo IX. Na súa terceira edición a organización realizou o primeiro cambio de nome, pasando a proba a chamarse Rally Terras do Mandeo. Xevi Pons, na súa segunda participación, logrou a vitoria co Peugeot 208 N5, mesmo modelo de vehículo que o que logrou o triunfo en 2017, esta vez nas mans de José Antonio Suárez. Ese ano a proba cambiou de novo o nome a rally Terra da Auga, en referencia á abundante presenza da choiva e pasou a celebrarse no mes de maio. En 2018 Pons logrou a súa segunda vitoria, esta vez co Peugeot 208 T16 e ao ano seguinte a terceira cun Škoda Fabia R5, edición que foi ademais puntuable para o recentemente estreado Súper Campionato de España de Rally.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Ano | Nome | Piloto | Copiloto | Automóbil | Series |
---|---|---|---|---|---|
2014 | 1º Rally Concello de Curtis | ![]() |
![]() |
Volkswagen Polo N1 | CERT |
2015 | 2º Rally Concello de Curtis | ![]() |
![]() |
Citroën DS3 R5 | CERT |
2016 | 3º Rally Terras do Mandeo | ![]() |
![]() |
Peugeot 208 N5 | CERT |
2017 | 4º Rally Terra da Auga | ![]() |
![]() |
Peugeot 208 N5 | CERT |
2018 | 5º Rally Terra da Auga | ![]() |
![]() |
Peugeot 208 N5 | CERT |
2019 | 6º Rally Terra da Auga | ![]() |
![]() |
Škoda Fabia R5 | CERT, S-CER |
2020 | 7º Rally Terra da Auga | ![]() |
![]() |
Škoda Fabia R5 | CERT, S-CER |
2021 | 8º Rally Terra da Auga | ![]() |
![]() |
Škoda Fabia R5 | S-CER, CERT |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La Escudería". www.escuderiacoruna.com. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Presentación". www.rallydaauga.com. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rally Concello de Curtis". www.ewrc-results.com. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rally Terra da Auga |