Campionato de Galicia de Rallys de Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campionato de Galicia de Rallys de Terra foi unha competición de rally que se disputou anualmente en Galicia nos anos 80 e 90, organizada pola Federación Galega de Automobilismo.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira tempada comezou en abril de 1986 coa disputa do Rally Ría de Vigo, que foi gañado polo vigués Serafín Oitabén,[1] piloto que finalmente se proclamaría primeiro vencedor do campionato, conducindo un Citroën Visa. Repetiu triunfo en 1988 (en 1987 non se celebrou), despois de gañar dous dos tres rallys que formaban o campionato.[2]

A edición de 1989 contou con máis probas, incluído o Rally de Terra de Lugo, que puntuou tanto para o campionato de España como para o de Galicia,[3] así como a primeira edición do Rally de Narón. O piloto do Carballiño Andrés González, conducindo un Talbot 1200, foi o vencedor final, nunha tempada na que varios pilotos conseguiron vitorias, entre eles José María Magdaleno, José Caamaño ou Alfonso Pavón e na que tamén se produciu un grave accidente de Tino Lombán no Rally do Carballiño, que o deixou varias semanas en coma.[4][5]

Probas[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Copiloto Automóbil
1986 Galicia Serafín Oitabén Galicia Francisco Alonso Citroën Visa
1988 Galicia Serafín Oitabén Galicia Francisco Alonso Citroën Visa
1989 Galicia Andrés González Galicia Guillermo Díez Talbot 1200 TI
1990 Portugal João Enes Galicia Manuel Hermo Renault 11 Turbo
1991 Galicia Andrés González Galicia J. Manuel Boimorto Renault 5 GT Turbo
1992 España Ana Barbero Galicia Francisco Varela Citroën AX 4x4
1993 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI
1994 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI
1995 Galicia José Esturao Galicia Anxo Álvarez Seat Ibiza GTI

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oitaven-Lara, vencedores del rally de tierra «Ría de Vigo»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1986. p. 31. 
  2. "Para ganar el título, al final se limitó sencillamente a aguantar y a mantener su ventaja inicial". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de febreiro de 1989. p. 43. 
  3. "Hoy se disputará la prueba gallega del Campeonato de España de Rallies de Tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1989. p. 53. 
  4. "Tino Lombán, muy grave tras un accidente en el rally de Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de setembro de 1989. 
  5. "El piloto Tino Lombán cumple su quinta semana en coma tras sufrir un gravísimo accidente en una carrera en Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 1989. p. 41. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]