Carpintaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carpinteiros traballando.
Ferramentas de traballo tradicionais. Museo etnográfico de Liguria Occidental, Cervo, Italia.

A carpintaría[1] é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados.[2] A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999.[3] É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "carpinteiro" é a interpretación galega da palabra do francés antigo carpentier (máis tarde, charpentier) o cal deriva dende o latín carpentrius [artifex], "(fabricante) dun transporte".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carpintaría.
  2. Roza, Greg. A career as a carpenter. New York: Rosen Pub., 2011. 6. Print.
  3. "Evidence From Census 2000 About Earnings by Detailed Occupation for Men and Women. Census 2000 Special Reports, May 2004." (PDF). Consultado o 2 de setembro de 2006. 
  4. The American heritage dictionary of the English language