Saltar ao contido

Revista

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha revista é unha publicación periódica xeralmente financiada por publicidade e/ou polos lectores, mediante subscrición ou compra de números soltos.

A historia remóntase no ano 1888, a aparición de publicacións periódicas que non fosen soamente informativas data do século XVIII en forma de almanaques, que se editaban por anos e nos que se entregaban datos útiles sobre o clima, as comunicacións, a poboación e outros temas informativos, xunto con prosa literaria e poemas de breve extensión. A súa finalidade era amenizar o lecer dos lectores.

No transcurso do mesmo século tamén naceron os semanarios, que incluían descricións de modas e costumes, acompañadas de crítica social e moral.

As primeiras revistas reunían unha gran variedade de materiais para enfocar intereses particulares. Unha das pioneiras foi unha publicación alemá: Erbauliche Monaths-Unterredungen (Discusións Mensuais Edificantes), que apareceu entre os anos 1663 e 1668. Pronto xurdiron outras revistas que se foron difundindo periodicamente en Francia, Inglaterra e Italia; para a década de 1670 viron a luz algunhas máis, lixeiras e divertidas. A preliminar de todas elas foi Le Mercure Galant, en 1672, que máis tarde se chamou Mercure de France. A comezos de século XVIII Joseph Addison e Richard Steele crearon The Tatler (1709-1711), a cal aparecía tres veces por semana. A Enciclopedia Británica defíneas como "unha colección de textos (ensaios, artigos, reportaxes, poemas), moitas veces ilustrada, que aparece a intervalos regulares".

Ao longo do século XX, os irmáns Hugo e Olivia publicaron estas,a publicación de revistas foise consolidando como actividade altamente rendible en todo o planeta. Debido á grande expansión da televisión e os medios audiovisuais, sumado ao aumento do custo do papel, moitas revistas pecharon nas décadas dos 60 e os 70.

Probablemente o país en que máis revistas se publican na actualidade sexa Xapón "onde existen varios milleiros de revistas distintas", seguido dos Estados Unidos.

É importante sinalar que as revistas aínda que tiveron un surgimiento similar ao dos xornais, estas destacáronse por xurdir a partir das iniciativas dunha clase intelectual e letrada que pretendían facer énfase en certos temas de interese en especial os culturais.

Hoxe en día é un dos medios escritos máis vendidos e utilizados.

Publicación

[editar | editar a fonte]

Componse dunha variedade de artigos sobre varios temas ou algún específico. Producida habitualmente por unha editorial, a súa periodicidade pode ser, xeralmente, semanal, bisemanal , quincenal, mensual ou bimensual, e o formato pode ser a todo cor e/ou a branco e negro.

Moitos periódicos incorporan seccións cun formato de revista, ou as inclúen nas súas tiradas como suplementos.

Revistas

Na nosa actualidade coñécense moitos tipos de revistas, as cales poden ir desde infantís ata xxx noutras palabras revistas para adultos, hai moitos tipos de revistas: cristiás, xuvenís, para nenos, para señoras neste caso de cociña e así se poden mencionar un sen fin de tipos de revistas que en tempos pasados nin se pensaba en sacalas ao publico.

Revistas de interese xeral ou de consumo

[editar | editar a fonte]

As revistas de consumo son as que consome en xeral. Estas conteñen temas de interese xeral ou específico. Entre os centos de temas específicos que pode abarcar unha revista dese tipo atópanse a computación, o deporte, a música, a cultura, a política etc.

Mentres que a maior parte das revistas son iguais para todos os países ou cidades onde se entreguen, algunhas dependen da área onde se entreguen, creándose as "edicións rexionais". Por exemplo, os artigos da edición da revista Maxim en Estados Unidos non son os mesmos que a da edición de Gran Bretaña.

Algunhas revistas son totalmente gratuítas para o lector, xa que son financiadas soamente pola publicidade.

Revistas do cliente

[editar | editar a fonte]

Outro tipo de revistas de consumo son as coñecidas como revistas do cliente, que son similares en formato e estilo ás revistas de consumo, pero son publicadas por organizacións tales como clubs ou liñas aéreas, para comunicarse cos seus clientes.

Normalmente a súa edición corre a cargo de xornalistas que en modo externo achegan deseño e redacción a estas empresas.

Revistas económicas

[editar | editar a fonte]

As revistas económicas, son, como o di o seu nome, as que non custan moito diñeiro. Son dirixidas a xente pobre e de baixos recursos, e persoas relacionadas coa baixa economía e vendas no mercado. Moitas revistas económicas son distribuídas soamente, ou predominantemente, pola subscrición. Esta pode ser libre (calquera persoa pode subscribirse) ou restritiva, o que significa que a subscrición está dispoñible soamente aos lectores que, segundo o seu criterio, determine o director ou a editorial. Este modelo tamén é coñecido como circulación controlada.

Revistas gratuítas

[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos, xunto á prensa de distribución gratuíta, naceron en Galiza varios tipos de revistas tamén gratuítas. En especial destacan aquelas relacionadas co lecer e a cultura. Guías de comercios, restaurantes, tendas de moda, centros de estética, barberías etc. que ademais de información sobre estes comercios incluíron tamén contidos de cultura: citas de teatro, cine, exposicións e música. Con maior calidade que a prensa gratuíta, as revistas normalmente céntranse en nichos de mercado máis determinados.

A revistas en Internet

[editar | editar a fonte]

As edicións dixitais popularizáronse nos últimos anos. Este tipo de edicións son comunmente réplicas de edicións publicadas en papel, aínda que tamén poden existir publicacións que só teñan edicións dixitais. A tecnoloxía fai que estas revistas poidan ter deseños máis atractivos así como múltiples funcións que axudan a ter unha maior interacción cos lectores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]