British Museum Catalogues of Coins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

British Museum Catalogues of Coins (en galego: "Catálogos de Moedas do Museo Británico") é unha serie editorial concibida e iniciada por Reginald Stuart Poole, conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, entre 1870 e 1893. O obxectivo era acadar a edición de series de catálogos das coleccións de moedas do Museo Británico, con criterios académicos. O proxecto continuou logo do retiro do seu creador e mantense na actualidade, organizado, pola súa vez, en nove series.[1]

Series[editar | editar a fonte]

Catalogue of the Greek Coins in the British Museum[editar | editar a fonte]

O editor desta serie foi o propio Reginald Stuart Poole e contou tamén coa participación, como autores, de Percy Gardner, Barclay Vincent Head, George Francis Hill, Warwick Wroth e Edward Stanley Gotch Robinson.

Coins of the Roman Empire in the British Museum[editar | editar a fonte]

A edición desta serie foi responsabilidade de Harold Mattingly, Robert A. G. Carson e Philip V. Hill.

  • Vol. 1 (1923): Augustus to Vitellius. H. Mattingly [2ª ed. 1976, por R. A. G. Carson].
  • Vol. 2 (1930): Vespasian to Domitian. H. Mattingly [2ª ed. 1976, por R. A. G. Carson].
  • Vol. 3 (1936): Nerva to Hadrian. H. Mattingly [2ª ed. 1976, por R. A. G. Carson].
  • Vol. 4 (1940): Antoninus Pius to Commodus. H. Mattingly [2ª ed. 1968].
  • Vol. 5 (1950): Pertinax to Elagabalus. H. Mattingly [2ª ed. 1975, por R. A. G. Carson e P. V. Hill].
  • Vol. 6 (1962): Severus Alexander to Balbinus and Pupienus. R. A. G. Carson.

Catalogue of Oriental Coins in the British Museum[editar | editar a fonte]

Todos os catálogos desta serie fotron preparados por Stanley Lane Poole e editados por Reginald Stuart Poole.

Catalogue of Indian coins in the British Museum[editar | editar a fonte]

Os catálogos desta serie foron compilados por Stanley Lane Poole, Percy Gardner, Edward J. Rapson e John Allan, e o seu editor foi Reginald Stuart Poole.[2]

Catalogue of Roman Provincial Coins[editar | editar a fonte]

Trátase dunha serie producida conxuntamente co Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, e os seus autores e editores son Andrew Burnett, Michel Amandry, Pere Pau Ripollès, Ian Carradice e Marguerite Spoerri.

  • Vol. 1 (1992): From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC-AD 69). A. Burnett, M. Amandry e P. P. Ripollès [reimpreso e corrixido en 1998]. ISBN 978-0714108711
  • Supl. 1 (1998): Roman provincial coinage: supplement 1. A. Burnett, M. Amandry and P.P. Ripollès. ISBN 978-2717720495
  • Vol. 2 (1999): From Vespasian to Domitian (AD 69-96). A. Burnett, M. Amandry e I. Carradice. ISBN 978-0714108988
  • Vol. 7 (2006): De Gordien Ier à Gordien III (238-244 après J.-C.), Province d'Asie. M. Spoerri Butcher. ISBN 978-2717723038

Outros catálogos relativos a Europa (moeda antiga)[editar | editar a fonte]

Outros catálogos relativos a Europa (moeda medieval e moderna)[editar | editar a fonte]

Outros catálogos relativos a Asia[editar | editar a fonte]

Outros catálogos relativos a medallas e insignias[editar | editar a fonte]

  • (1930). A corpus of Italian medals of the renaissance before Cellini. George F. Hill.
  • (1982). A catalogue of the French medals in the British Museum, vol. 1, AD 1402-1610. M. Jones. ISBN 9780714108551
  • (1988). A catalogue of the French medals in the British Museum, vol. 2, 1600-1672. M. Jones. ISBN 9780714108551
  • (2003). Italian Medals c. 1530-1600 in British public collections. P. Attwood. ISBN 9780714108612
  • (2008). Chairman Mao badges: symbols and slogans of the Cultural Revolution. Hellen Wang. ISBN 9780861591695

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hinton, M. (2011).
  2. Wang, H.; Errington, E. (2019).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hinton, M. (2011). "Numismatic Publications of the British Museum". En Barrie Cook (ed.). (2011). The British Museum and the Future of UK Numismatics: Proceedings of a conference held to mark the 150th anniversary of the British Museum's Department of Coins and Medals, 2011. British Museum Research Publication. 183. Páxinas 87-90. ISBN 978-086159-183-1
  • Wang, H.; Errington, E. (2019). "The British Museum Catalogues of Indian Coins". En Sushmita Basu Majumdar e Bose, S. K. (eds.). Money and Money Matters in Pre-Modern South Asia. Manohar. Páxinas 3-30. ISBN 978-9388540063

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]