J. R. R. Tolkien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cscr-candidate.svg
Este artigo é actualmente un candidato a artigo de calidade. Un artigo de calidade debe servir como demostración dos mellores traballos da Galipedia, e, polo tanto, agárdase que cumpra varios criterios. Por favor, se queres, deixa comentarios na votación.
John Ronald Reuel Tolkien
Tolkien 1916-2.jpg
Tolkien en 1916
Datos persoais
Nacemento 3 de xaneiro de 1892
Lugar Bloemfontein, Estado Libre de Orange Flag of the Orange Free State.svg
(actual Suráfrica)
Falecemento 2 de setembro de 1973 (81 anos)
Lugar Bournemouth, Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Edith Bratt
Fillos {{{fillos}}}
Relixión Catolicismo
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Inglés
Período {{{período}}}
Debut {{{debut}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Fantasía, Fantasía épica, Tradución, Crítica
Princ. obras {{{obras}}}
Influencias {{{influencias}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

John Ronald Reuel Tolkien, citado a miúdo como J. R. R. Tolkien, CBE (pronuncia: [ˈtɒlkiːn]), nado en Bloemfontein o 3 de xaneiro de 1892 e finado en Bournemouth o 2 de setembro de 1973, foi un escritor, poeta, filólogo e profesor de universidade inglés de orixe surafricana, coñecido principalmente polas súas obras O Hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.

A popularidade das súas obras fixo que se lle identifique popularmente coma o "pai" da literatura fantástica moderna.[1][2][3] Foi profesor de anglosaxón no Pembroke College de 1925 a 1945, e profesor de lingua e literatura inglesa no Merton College de 1945 a 1959.[4] Foi nomeado Comandante do Imperio Británico pola raíña Isabel II o 28 de marzo de 1972.[5]

En 2008, o xornal The Times clasificouno no sexto posto nunha lista dos "50 escritores británicos máis importantes dende 1945".[6] Forbes clasificouno no 5º posto das personalidades defuntas con máis ingresos no 2009.[7]

Biografía[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Moitos dos devanceiros de Tolkien por parte de pai eran artesáns. A familia Tolkien tiña a súa orixe na Baixa Saxonia, pero viviran en Inglaterra dende o século XVIII, volvéndose "rapidamente intensamente ingleses".[8] Varias familias co apelido Tolkien, ou a súa variante Tolkiehn, aínda viven no noroeste de Alemaña, principalmente na Baixa Saxonia e Hamburgo.[9][10] Un escritor alemán sostén que o apelido semella vir da poboación de Tolkynen, preto de Rastenburg, en Prusia Oriental, lonxe da Baixa Saxonia. O nome deste lugar deriva da extinta lingua prusiana antiga.[11][12]

Infancia[editar | editar a fonte]

Tarxeta de Nadal de 1892 cunha fotografía da familia Tolkien en Bloemfontein.

John Ronald Reuel Tolkien naceu o 3 de xaneiro de 1892 en Bloemfontein, no Estado Libre de Orange (hoxe a provincia de Estado Libre, parte de Suráfrica). Era fillo de Arthur Reuel Tolkien (1857–1896), traballador de banca, e da súa muller Mabel, de apelido de solteira Suffield (1870–1904). A parella deixara Inglaterra cando Arthur fora ascendido para dirixir a oficina de Bloemfontein do banco británico para o cal traballaba. Tolkien tiña un irmán máis novo ca el, Hilary Arthur Reuel, que nacera o 17 de febreiro de 1894.[13]

Cando era pequeno, Tolkien sufriu a picadura dunha gran tarántula, algo que algúns pensan que puido ter influencias nas súas historias, malia que Tolkien admitía non lembrar este suceso e non odiar especialmente as arañas como adulto. Noutro incidente, un rapaz que traballaba na súa casa levouno ao seu kraal (aldea zulú), levándoo de volta a casa ao día seguinte.[14]

Cando contaba con tres anos, Tolkien viaxou a Inglaterra coa súa nai e o seu irmán no que ía ser unha longa visita familiar. Cando estaban alí, o seu pai morreu en Suráfrica de febre reumática sen poder chegar a reunirse con eles.[15] Isto deixou á súa familia sen ingresos, polo que a súa nai o levou vivir cos seus pais a Kings Heath,[16] Birmingham. Pouco despois, en 1896, trasladáronse a Sarehole (hoxe en Hall Green), entón unha vila de Worcestershire, máis tarde unida a Birmingham.[17] Na súa biografía indícase que gozaba explorando o muíño de Sarehole, a turbeira de Moseley e os outeiros de Clent, Lickey e Malvern, que máis tarde inspirarían escenas dos seus libros, xunto con outras poboacións de Worcestershire como Bromsgrove, Alcester, e Alvechurch, e lugares como a granxa da súa tía Jane de Bag End, nome que logo empregaría na súa ficción.[18]

A súa nai, Mabel Tolkien, ensinoulles aos seus dous fillos na propia casa, e Ronald chegou a ser coñecido na familia coma un alumno aplicado.[19] As ensinanzas en botánica da súa nai espertaron nel a afección polas plantas. A Tolkien gustáballe debuxar paisaxes e árbores, pero as materias nas que tiña máis interese eran as relativas ás linguas, e a súa nai ensinoulle as bases do latín moi cedo.[20] Aos catro anos era capaz de ler fluidamente e foi quen de escribir correctamente pouco despois. A súa nai permitiulle ler moitos libros; non lle gustou A illa do tesouro nin The Pied Piper, e pensaba que Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll era un libro "divertido mais inquietante". Gustábanlle as historias sobre os indios e os libros de fantasía de George MacDonald.[21] Ademais, os "Fairy Books" de Andrew Lang foron particularmente importantes para el, chegando a influenciar algúns dos seus escritos posteriores.[22]

King Edward's School en Birmingham, onde Tolkien estudou entre 1900 e 1902, e entre 1903 e 1911.[23]

Tolkien asistiu á King Edward's School de Birmingham, e despois á St. Philip's School, antes de volver á King Edward's School. A súa nai converteuse ao catolicismo, e foi recibida na Igrexa Católica en 1900 a pesar das protestas da súa familia baptista,[24] que tras isto deixaría de prestarlle axuda económica. En 1904, cando Tolkien tiña 12 anos, Mabel morreu en Fern Cottage, Rednal, aos 34 anos de idade. A súa idade era avanzada para unha persoa con diabetes mellitus sen tratamento de insulina, que sería descuberto dúas décadas máis tarde. Nove anos logo do seu pasamento, Tolkien escribiu:

"A miña querida nai foi, certamente, unha mártir, e non tódalas persoas reciben de Deus tan facilmente un camiño para os seus grandes agasallos como El fixo con Hilary e comigo, dándonos unha nai que se matou a si mesma traballando e molestándose para asegurarse que mantivésemos a fe."[25]

Antes da súa morte, Mabel Tolkien asignara a custodia dos seus fillos ao crego Francis Xavier Morgan do Oratorio de Birmingham, para que recibisen unha boa formación católica. Tolkien medrou na zona de Edgbaston, en Birmingham. Viviu alí á sombra do Perrott's Folly e da torre vitoriana de Edgbaston Waterworks, que puideron influenciar as imaxes de torres escuras nas súas obras.[26][27] Outra forte influencia foron as pinturas do medievalista romántico Edward Burne-Jones e da Irmandade Prerrafaelita que se expoñían no museo de Birmingham[28]

Xuventude[editar | editar a fonte]

Na súa adolescencia Tolkien comezou a interesarse polas linguas construídas, ao tempo que estudaba latín e anglosaxón, tendo un primeiro contacto cunha inventada polas súas curmás Mary e Marjorie Incledon, chamada Animalic. Xunto coa súa curmá Mary inventou unha nova e máis complexa, chamada Nevbosh, e posteriormente el mesmo construíu unha nova chamada Naffarin.[29][30]

En 1911, estando na King Edward's School de Birmingham, Tolkien e tres amigos seus, Rob Gilson, Geoffrey Bache Smith e Christopher Wiseman, formaron un club chamado T.C.B.S., iniciais de Tea Club and Barrovian Society, facendo referencia á súa afección a tomar en Barrow's Stores e, en segredo, na biblioteca da escola.[31][32] Tras rematar o período escolar, mantivo o contacto con eles, o que reforzaría a dedicación de Tolkien de cara á poesía.

Tamén en 1911, Tolkien pasou unhas vacacións en Suíza, tal e como describe detalladamente nunha das súas cartas de 1968,[33] indicando que a viaxe de Bilbo a través das Montañas Bretemosas está directamente inspirado nesta viaxe, na que fixo unha travesía a pé dende Interlaken ata Lauterbrunnen, acampando nas morenas de Mürren. Nesta viaxe pasou por Kleine Scheidegg, Grindelwald, Grosse Scheidegg e Meiringen, continuando por Valais, Brig e Zermatt.[34]

En outubro dese mesmo ano, Tolkien comezou os seus estudos de lingua e literatura inglesa no Exeter College de Oxford, graduándose no 1915 con matrícula de honra.[35]

Noivado e casamento[editar | editar a fonte]

Fachada da igrexa católica de Santa María Inmaculada de Warwick onde casou Tolkien.

Aos 16 anos Tolkien e o seu irmán Hilary trasladáronse a unha hospedaxe en Duchess Road, Edgbaston, onde coñecería a Edith Mary Bratt, que era tres anos maior ca el.

Humphrey Carpenter escribiu:

Edith e Ronald comezaron a frecuentar as casas de té de Birmingham, especialmente unha que tiña unha balconada sobre a rúa. Alí sentábanse e tirábanlles terróns de azucre aos sombreiros da xente que pasaba por alí, cambiándose á seguinte mesa cando baleiraban a cunca. [...] Con ámbolos dous con eses caracteres e posicións, o romance estaba destinado a florecer. Ámbolos dous eran orfos coa necesidade de afección, e atopáronse con que podían tela mutuamente. No verán de 1909, decidiron que estaban namorados.[36]

O seu gardián, o padre Morgan, consideraba a Edith a causa de que Tolkien non tivera bos resultados nos seus exames e consideraba "desafortunado"[37] que o seu fillo adoptivo se involucrara nunha relación cunha muller maior ca el e protestante, prohibíndolle todo contacto con ela ata que Tolkien tivese 21 anos. Obedeceu esta prohibición ao pé da letra,[38] agás nunha ocasión nos comezos, na que o seu pai adoptivo o ameazou con terminar os seus estudos universitarios.[39]

Nunha carta de 1941 para o seu fillo Michael, Tolkien escribiu:

Tiña que escoller entre desobedecer e enfadar (ou decepcionar) o gardián que fora coma un pai para min, máis que moitos pais [...] e "deixar" a relación ata que eu tivese 21. Non me arrepinto da miña decisión, aínda que foi moi duro para a miña namorada. Pero non foi culpa miña. Ela era totalmente libre e non tiña ningunha promesa comigo, eu non podería ter queixa xusta se ela casase con algún outro. Durante case tres anos non vin nin lle escribín á miña namorada. Foi extremadamente duro, especialmente nos comezos. Os efectos non foron completamente bos: caín na estupidez e na preguiza e malgastei unha gran parte do meu primeiro ano na universidade.[40]

Na noite do seu 21º aniversario, Tolkien escribiulle a Edith, declarándolle que nunca deixara de amala e pedíndolle matrimonio. Edith respondeulle que xa estaba prometida con George Field, o irmán dunha amiga súa. O 8 de xaneiro de 1913, Tolkien viaxou en tren ata Cheltenham para reunirse con ela. Tras pasar o día xuntos, Edith aceptou casar con el, e devolveulle o anel de compromiso a Field nunha carta, o que foi considerado pola familia deste coma "insultante".[41] Tralo seu compromiso, Edith converteuse ao catolicismo baixo a insistencia de Tolkien,[42] e finalmente casaron na igrexa católica de Santa María Inmaculada en Warwick, o 22 de marzo de 1916.[43] Na súa carta de 1941, Tolkien expresou a súa admiración pola valentía da súa muller para casar cun home sen traballo, poucos cartos, e ningunha expectación para o futuro agás a posibilidade de morrer na "Gran Guerra".[37]

Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

En 1914, trala entrada do Reino Unido na Primeira Guerra Mundial, os familiares de Tolkien sorprendéronse de que non se presentara inmediatamente coma voluntario para o exército británico. Na súa carta de 1941, Tolkien indicou que "Neses días os xoves uníanse, ou eran desprezados publicamente. Era unha situación problemática para un mozo con demasiada imaxinación e pouca coraxe física".[44]

No seu lugar, Tolkien "aturou a deshonra"[37] e entrou nun programa que lle permitiu retrasa-lo seu alistamento ata que completase os seus estudos. Cando rematou os exames finais en xullo de 1915, Tolkien indicou que a súa familia comezou a presionalo.[37] Foi recrutado coma Tenente Segundo no corpo de fusileiros Lancashire.[45] Adestrouse co 13º Batallón en Cannock Chase, Staffordshire, durante once meses. Nunha carta á súa muller Edith, Tolkien manifestou que "Os cabaleiros non son comúns entre os superiores, incluso raramente son seres humanos"[46] Trala súa voda, ámbolos dous se mudaron a vivir preto do campo de adestramento.

Posteriormente escribiu: "Os oficiais novos morren, a unha ducia por minuto. Separarme da miña muller naquel entón... era coma a morte"[47]

Francia[editar | editar a fonte]

O 5 de xuño de 1916, Tolkien embarcou nun transporte de tropas nunha viaxe dun día ata Calais. Coma o resto de novos soldados que chegaban daquela, Tolkien foi asignado á base da Forza Expedicionaria Británica en Étaples. O 7 de xuño foi informado da súa asignación coma oficial de sinais no 11º corpo de Fusileiros Lancashire, que fora debilitado tras unha dura loita na Batalla de Vimy Ridge.

Coma pasatempo, compuxo un poema titulado The Lonely Isle, inspirado pola súa travesía marítima ata Calais. Para evadir a censura postal do exercito británico, tamén pasaba o tempo desenvolvendo un código de puntos para que a súa muller Edith puidera seguir os seus movementos nas cartas que lle enviaba.[48]

Deixou Étaples o 27 de xuño de 1916 e uniuse á súa nova unidade en Rubempré, preto de Amiens.[49] Ao chegar atopouse comandando a homes que saíran principalmente dos pobos mineiros e agrícolas de Lancashire.[50]

Garth describe que Tolkien "sentiu afinidade por estes homes de clase obreira", pero o protocolo militar prohibíalle ter amizade con "outros rangos". No seu lugar, tiña que "encargarse deles, disciplinalos, adestralos e probablemente censurar as súas cartas".[51]

A batalla do Somme[editar | editar a fonte]

Schwaben Redoubt por William Orpen. Museo Imperial da Guerra, Londres.

Tolkien chegou a Somme a comezos de xullo do 1916. Participou en asaltos a puntos defensivos alemáns en Schwaben e Leipzig. O capelán do seu corpo de fusileiros, o reverendo Mervyn S. Evers, escribiu nas súas memorias:

Nunha ocasión pasei a noite co oficial de artillería e o oficial de comunicacións nunha das trincheiras capturadas aos alemáns ... pasamos a noite esperando durmir algo, pero non foi así. No momento de deitarnos hordas de piollos apareceron. Así que fomos xunto ao oficial médico, que tamén se atopaba na trincheira co seu equipo, e deunos unha untura que asegurou que mantería as pequenas bestas lonxe. Botamos esta crema por riba de nós e deitámonos de novo con esperanza, pero non foi así, xa que no canto de disuadilos [...] os pequenos mendigos volveron ao festín con vigor renovado.[52]
Fusileiros de Lancashire nunha trincheira de comunicacións preto de Beaumont Hamel, 1916. Foto de Ernest Brooks.

O 27 de outubro de 1916, mentres o seu batallón atacaba a trincheira Regina, Tolkien contraeu a febre das trincheiras, enfermidade infecciosa bacteriana transmitida polos piollos. Foi entón retornado por enfermidade a Inglaterra o 8 de novembro de 1916.[53] Moitos dos seus amigos da infancia morreron na guerra, e o seu batallón foi eliminado case por completo tralo regreso de Tolkien a Inglaterra. Ao sufrir de problemas de saúde continuos librou de participar en combate varias veces.[54]

De acordo a John Garth:

Aínda que o exercito de Kitchener consagraba as vellas barreiras sociais, tamén desbotaba a división de clases ao mandar homes de tódolos camiños da vida xuntos cara a unha situación desesperada. Tolkien escribiu que a experiencia ensinoulle "unha simpatía profunda polos soldados, especialmente aqueles dos condados agrícolas".[55]

Volta a casa[editar | editar a fonte]

Debilitado pola enfermidade, Tolkien pasou o resto da guerra alternando entre hospitais e labores na gornición, sendo designado coma non válido fisicamente para o servizo xeral.[56] Durante a súa recuperación nunha cabana en Little Haywood, Staffordshire, comezou a traballar no que chamou The Book of Lost Tales, que iniciaba con The Fall of Gondolin. Durante 1917 e 1918 seguiu recaendo na súa enfermidade, pero recuperárase o suficiente coma para facer traballo local en varios campamentos e foi ascendido a Tenente. Foi durante esta época cando Edith tivo o seu primeiro fillo, John Francis Reuel Tolkien.[37]

Estando estacionado en Kingston upon Hull, Tolkien e Edith deron un paseo polos bosques preto de Roos. Edith comezou a bailar para el nun claro. Trala morte da súa muller en 1971, Tolkien recordaba:

Nunca lle chamei a Edith Lúthien - pero ela foi a fonte da historia que naquel entón sería a parte principal do Silmarillion. Foi concibida por primeira vez nun claro dos bosques en Roos en Yorkshire [...] Neses días o seu pelo era negro, a súa pel clara, os seus ollos máis brillantes do que viches, e sabía cantar - e bailar [...][57]

Este evento inspirou o que sería o relato do encontro entre Beren e Lúthien, descrito no Silmarillion.[58]

Traxectoria literaria e académica[editar | editar a fonte]

O número 20 de Northmoor Road, antiga vivenda de J. R. R. Tolkien en North Oxford.

O primeiro traballo de Tolkien de volta á sociedade civil foi no Oxford English Dictionary, onde traballou principalmente na historia e etimoloxía de palabras de orixe xermánica comezando coa letra W.[59] En 1920 accedeu ao posto de Reader en Lingua Inglesa na Universidade de Leeds, e converteuse no profesor máis novo alí.[60] Mentres estivo en Leeds, produciu A Middle English Vocabulary e unha edición definitiva de Sir Gawain and the Green Knight xunto con E. V. Gordon, que se converteron ambos os dous en libros académicos canónicos por varias décadas. Tamén traduciu Sir Gawain, Pearl, e Sir Orfeo. En 1925 volveu a Oxford como titular da Cátedra Rawlinson e Bosworth, cunha estancia no Pembroke College.

Durante o tempo que estivo alí, Tolkien escribiu O Hobbit e os primeiros dous volumes d'O Señor dos Aneis. Tamén publicou un ensaio filolóxico en 1932 baixo o nome de "Nodens", logo de que Sir Mortimer Wheeler descubrise un asclepeion romano en Lydney Park, Gloucestershire, en 1928.[61]

Beowulf[editar | editar a fonte]

O relatorio de Tolkien en 1936 "Beowulf: The Monsters and the Critics" tivo unha importante influencia na investigación sobre Beowulf.[62] Lewis E. Nicholson dixo que o artigo que Tolkien escribiu sobre o Beowulf é "amplamente recoñecido como un punto de inflexión na crítica a Beowulf", subliñando que Tolkien estableceu a primacía da natureza poética da obra sobre os elementos puramente lingüísticos.[63] Naquel momento, o mundo académico desaprobaba o Beowulf por tratar loitas infantís contra monstros en lugar de conflitos realistas entre tribos. Tolkien argumentou que o autor do Beowulf se dirixía á humanidade en xeral no canto de limitarse a conflitos tribais particulares, e xa que logo, os monstros eran fundamentais no poema.[64] Onde o Beowulf trata de loitas tribais específicas, como no Finnsburg, Tolkien argumentou firmemente contra a súa lectura en clave fantástica.[65] No ensaio, Tolkien tamén revelou o importante que era para el o Beowulf: "Beowulf está entre as miñas fontes máis valoradas", e esta influencia pódese ver no seu legendarium da Terra Media.[66]

Segundo Humphrey Carpenter, Tolkien tiña un xeito moi enxeñoso de comezar os seus relatorios sobre o Beowulf:

Chegaba silenciosamente á sala, ollaba firmemente os asistentes e, de súpeto, comezaba a declamar cunha voz resoante as primeiras liñas do poema no anglosaxón orixinal, comezando cun berro de Hwæt! (a primeira verba deste e doutros poemas en anglosaxón), que algúns estudantes interpretaban como Silencio! ("Quiet!"). Non era tanto unha declamación como unha actuación dramática, unha imitación dun bardo anglosaxón nunha sala de augamel, e marcou a moitas xeracións de estudantes porque lles fixo entender que o Beowulf non era só un texto a ler a efectos dun exame, senón unha peza de poderosa poesía dramática.[67]

Décadas despois, W.H. Auden escribiu ao seu antigo profesor:

"Creo que non lle dixen nunca que experiencia inesquecíbel foi para min, como estudante, escoitarlle recitar o Beowulf. A voz era a voz de Gandalf."[68]

En 2003, un manuscrito cunha tradución e comentario de Tolkien do Beowulf, de arredor de 2000 páxinas, foi atopada nos arquivos da Bodleian Library.[69]

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Merton College, onde Tolkien foi Profesor de Lingua e Literatura Inglesas (1945–1959).

Pouco antes da Segunda Guerra Mundial, Tolkien foi destinado coma criptoanalista.[70][71] En xaneiro de 1939, preguntáronlle se estaría disposto a servir no departamento de criptografía do Foreign Office en caso de emerxencia nacional.[70][71] Respondeu afirmativamente e, a finais de marzo, recibiu un curso de formación nas oficinas centrais da Government Code and Cypher School.[70][71] Porén, aínda que estaba disposto,[72] en outubro foi informado de que non ían precisar os seus servizos naquel momento.[70][71]

En 1945 Tolkien trasladouse ao Merton College da Universidade de Oxford, converténdose en Profesor de Lingua e Literatura Inglesa,[73] posto que mantivo até o seu retiro en 1959. Exerceu tamén de examinador externo para o University College de Dublín durante moitos anos. Tolkien completou O Señor dos Aneis en 1948, preto dunha década logo dos seus bosquexos iniciais.

Tolkien tamén traduciu o Libro de Xonás da Biblia de Xerusalén, publicada por vez primeira en 1966.[74]

Familia[editar | editar a fonte]

Os Tolkien tiveron catro fillos: John Francis Reuel Tolkien (17 de novembro de 1917 – 22 de xaneiro de 2003), Michael Hilary Reuel Tolkien (22 de outubro de 1920 – 27 de febreiro de 1984), Christopher John Reuel Tolkien (21 de novembro de 1924) e Priscilla Mary Anne Reuel Tolkien (18 de xuño de 1929). Tolkien era moi devoto dos seus fillos e mandáballes cartas do Pai Nadal ilustradas cando eran nenos. Cada ano engadía novos personaxes, como o Oso Polar (axudante do Pai Nadal), o Home de Neve (o seu xardineiro), Ilbereth o elfo (o seu secretario), e outros. Os personaxes principais contaban as súas loitas contra os trasnos que montaban en morcegos e as travesuras do oso polar.[75]

Retiro e derradeiros anos[editar | editar a fonte]

Durante a súa vida logo de retirarse, dende 1959 até a súa morte en 1973, Tolkien recibiu cada vez maior atención pública e fama literaria. As vendas dos seus libros eran tan boas que lamentaba non ter optado por unha xubilación anticipada.[20] Nun primeiro momento, escribía respostas entusiastas ás cartas con preguntas dos seus lectores, mais comezou a estar descontento coa repentina popularidade dos seus libros no movemento contracultural dos anos sesenta.[76] Nunha carta de 1972, admitiu deplorar o feito de converterse nunha figura de culto, pero admitiu tamén que "incluso o nariz dun ídolo moi modesto [...] non pode permanecer totalmente indiferente ao doce aroma do incenso!"[77]

A atención dos seus admiradores fíxose tan intensa que tivo que quitar o seu número de teléfono do directorio público,[78] e finalmente el e mais Edith trasladáronse a Bournemouth, que era entón un lugar residencial á beira do mar frecuentado pola clase alta británica. A súa posición como autor de grandes vendas facilitoulle a súa entrada nesta sociedade, pero Tolkien botaba en falta a compaña dos seus compañeiros dos Inklings. Edith, porén, gozaba con este novo ambiente, e foi esta a razón pola que os Tolkien elixiron este lugar.

Segundo Carpenter:

Aqueles amigos que coñecían a Ronald e Edith Tolkien dende hai anos nunca dubidaron que había un profundo afecto entre eles. Isto era visíbel nas cousas pequenas, o grao case absurdo en que un se preocupaba pola saúde do outro, e o coidado co que escollían e envolvían os agasallos que facían ao outro polo seu aniversario; e nos asuntos grandes, o modo en que Roland abandonou en grande parte a súa vida retirada para darlle a Edith os seus derradeiros anos en Bournemouth que el sentía que merecía, e o grao de orgullo que ela amosaba pola súa sona como autor. Unha fonte principal de felicidade para eles era o amor que compartían pola súa familia. Isto uniunos até o seu pasamento, e seica foi a maior forza no matrimonio. Eles gustaban de discutir e reflexionar sobre cada detalle das vidas dos seus fillos e, máis adiante, dos seus netos.[79]

Tolkien foi nomeado pola Raíña Isabel II Comandante da Orde do Imperio Británico o 1 de xaneiro de 1972[80] e recibiu a condecoración da Orde en Buckingham Palace o 28 de marzo de 1972.[81] No mesmo ano a Universidade de Oxford conferiulle un Doutorado de Letras honorario.[35][82]

Morte[editar | editar a fonte]

Greek cross.svg
Edith Mary Tolkien
Lúthien
1889–1971
John Ronald
Reuel Tolkien
Beren
1892–1973

Edith Tolkien finou o 29 de novembro de 1971, aos 82 anos. Segundo Simon Tolkien:

"A miña avoa morreu dous anos antes que o meu avó e el volveu vivir a Oxford. O Merton College deulle unhas habitacións que daban á High Street. Eu ía alí con frecuencia e levábame a comer ao Eastgate Hotel. Aquelas comidas eran estupendas para un rapaz de 12 anos que pasaba tempo co seu avó, pero ás veces semellaba triste. Houbo unha visita na que me dixo canto botaba en falta á miña avoa. Debeu ser moi estraño para el vivir só logo de estar casados máis de 50 anos."[83]

Namentres, Tolkien fixera gravar o nome de Lúthien na lápida de Edith no cemiterio de Wolvercote, en Oxford. Cando el mesmo morreu 21 meses despois, o 2 de setembro de 1973, aos 81 anos,[84] foi enterrado na mesma tumba, co nome de Beren engadido ao seu nome.

No legendarium da Terra Media, Lúthien era a máis fermosa dos fillos de Ilúvatar, e renunciou á súa inmortalidade polo seu amor ao guerreiro mortal Beren. Logo de ser el capturado polas forzas do Señor Escuro Morgoth, Lúthien foi rescatalo xunto co can falante Huan. Ao final, cando Beren caeu loitando contra o lobo demoníaco Carcharoth, Lúthien, como Orfeo, dirixiuse aos Valar e convenceunos de que devolvesen á vida a Beren.

Visión persoal[editar | editar a fonte]

Esquina do Pub The Eagle and Child, Oxford, onde os Inklings se reunían (1930–1950).

Tolkien era un católico devoto, e na súa visión relixiosa e política era principalmente un tradicionalista moderado, con tendencias libertarianistas, distributistas e monárquicas, no senso de favorecer convencións establecidas e ortodoxias en favor da innovación e modernización, ao mesmo tempo que criticaba a burocracia gobernamental. En 1943 escribiu: "As miñas opinións políticas tenden máis e máis cara a anarquía (filosoficamente falando) ou cara a monarquía 'non constitucional'".[85] Aínda que non adoitaba falar ou escribir do tema, tamén era defensor da disolución do Imperio Británico e incluso do Reino Unido.[86]

Tiña un intenso odio aos efectos colaterais da industrialización, á que consideraba que devoraba o campo inglés e a vida sinxela. Desdeñaba dos automóbiles e prefería montar en bicicleta[87] Esta opinión quedou reflectida na súa obra, principalmente na imaxe presentada da industrialización forzada da Comarca no Señor dos Aneis.[88]

Moitos escritores[89] remarcaron varios posibles paralelos entre a saga da Terra Media e os eventos ocorridos durante a vida de Tolkien. O Señor dos Aneis foi considerado por varios autores coma unha representación de Inglaterra durante e inmediatamente despois da Segunda Guerra Mundial. Tolkien rexeitou vivamente esta opinión no prólogo da segunda edición da novela, indicando que prefería a aplicabilidade á alegoría.[89] A súa afección á mitoloxía e a súa fe quedaron reflectidas na súa afirmación de que cría que a mitoloxía era o "eco divino da Verdade",[90] visión expresada no seu poema e ensaio titulado Mythopoeia.

Relixión[editar | editar a fonte]

A devota fe católica de Tolkien foi un factor significativo na conversión de C. S. Lewis do ateísmo ao cristianismo, aínda que Tolkien quedou "conmocionado" de que Lewis escollera a Igrexa de Inglaterra,[91] xa que Lewis fora criado na Igrexa de Irlanda. Segundo o seu neto Simon Tolkien, nos seus últimos anos de vida sentíase decepcionado por algunhas das reformas e cambios introducidos tralo Concilio Vaticano Segundo, entre elas o cambio da liturxia do latín ao inglés.[92]

Anticomunismo[editar | editar a fonte]

Tolkien afirmou o seu apoio ao bando nacional español tralos acontecementos ocorridos no Terror Rojo na Guerra Civil Española.[93] Tamén desprezaba a Iosif Stalin, ao que se refería durante a Segunda Guerra Mundial coma "ese vello sanguinario asasino".[94] Porén, en 1961 Tolkien criticou duramente un comentarista sueco que suxeriu que O Señor dos Aneis era unha parábola anticomunista que identificaba a Sauron con Stalin, afirmando que a súa obra non tiña nada que ver coa situación acontecida trala Revolución Rusa.[95]

Debate sobre o racismo[editar | editar a fonte]

A cuestión do racismo ou de elementos racialistas na visión e obras de Tolkien é tema de debate entre os seus estudosos.[96] Christine Chism fai distinción entre as acusacións en tres categorías: racismo intencional, preferencias eurocéntricas inconscientes, e unha evolución dende o racismo latente nas primeiras obras de Tolkien cara a un rexeitamento consciente das tendencias racistas nas súas últimas obras.[97]

Oposición ao Nacional Socialismo[editar | editar a fonte]

Tolkien opúxose a Adolf Hitler e o Partido Nazi antes da Segunda Guerra Mundial, desprezando as ideoloxías racistas e antisemíticas. En 1938 recibiu unha comunicación da editorial alemá Rütten & Loening Verlag, que se preparaba para publicar O Hobbit na Alemaña Nazi, preguntándolle se era de orixe ario. Indignado, escribiulle ao seu editor británico Stanley Unwin condenando a doutrina racial dos nazis coma "perniciosa e non científica". Engadiu que tiña moitos amigos xudeus e que chegara a considerar desbotar a tradución ao alemán da obra.[98]

Posteriormente expresou o seu resentimento á distorsión da historia xermánica ocasionada polos nacionalsocialistas,[99] e chegou a obxectar unha descrición da Terra Media coma "nórdica", debido á asociación do termo coas teorías raciais.[100]

Guerra total[editar | editar a fonte]

Tolkien criticou as tácticas de guerra total das Forzas Aliadas contra civís da Alemaña Nazi e do Xapón Imperial. En 1945 escribiulle ao seu fillo Christopher:

Supoñíase que acadáramos unha fase da civilización na que aínda poida ser necesario executar un criminal, pero non deleitarse con iso, nin colgar a súa muller e fillos ao seu carón mentres a multitude de orcos ouvea. A destrución de Alemaña, sendo 100 veces merecida, é unha das catástrofes mundiais máis horribles. [...] Ben, a primeira Guerra das Máquinas semella estar chegando ao seu inconcluso capítulo final - deixando a todo o mundo máis pobre, moitos desconsolados ou mutilados e millóns mortos, e só unha cousa triunfante: as Máquinas.[101]

Tamén reaccionou con ira aos excesos de propaganda antialemá durante a guerra,[102] e sentíase horrorizado polo bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki, referíndose aos científicos do Proxecto Manhattan coma "estes físicos lunáticos" e "construtores de Babel".[103]

Influencias[editar | editar a fonte]

Historias de aventuras británicas[editar | editar a fonte]

Unha das maiores influencias de Tolkien foi William Morris, por quen Tolkien tiña expresado o seu desexo de imitar a súa prosa e romances poéticos,[104] e do que ademais tomou inspiración para algúns dos nomes de lugares coma Dead Marshes n'O Señor dos Aneis[105] así coma outros aspectos xerais na súa escrita.

A obra The Marvellous Land of Snergs de Edward Wyke-Smith tivo unha forte influencia nos acontecementos, temas e a descrición da raza de Bilbo n'O Hobbit.[106] Varios críticos literarios teñen mencionado tamén semellanzas entre os romances de Henry Rider Haggard e a obra de Tolkien.[107][108][109]

Tolkien escribiu sentirse impresionado cando era mozo pola novela histórica The Black Douglas de Samuel Rutherford Crockett, e que a súa personaxe Sauron se baseaba no malvado Gilles de Retz.[110] Os acontecementos d'O Hobbit e d'O Señor dos Aneis presentan semellanzas narrativas e de estilo con esa novela,[111] e o seu estilo e imaxinería suxire que foi unha influencia para Tolkien.[112]

Mitoloxía europea[editar | editar a fonte]

Tolkien inspirouse na cultura xermánica antiga, especialmente no inglés antigo, a súa literatura, poesía e mitoloxía, que eran as súas áreas de experiencia. Estas fontes de inspiración incluían obras coma o poema Beowulf, as sagas nórdicas coma Volsunga saga, Hervarar saga, Poetic Edda, Prose Edda, Nibelungenlied e outras obras relacionadas.[113] Aínda que a obra de Tolkien presenta semellanzas coas obras Volsunga saga e Nibelungenlied, que foron a base da ópera Der Ring des Nibelungen de Richard Wagner, Tolkien negou as comparacións directas da súa obra á de Wagner. Porén, varios críticos literarios sostiveron que Tolkien lle debía a Wagner varios elementos coma o concepto do Anel Único[114][115][116][117]

Outros estudosos de Tolkien cren que varios dos elementos presentes na súa obra tiñan orixes nunha variedade de historias e lendas celtas (irlandesas, escocesas e galesas),[118][119] aínda que Tolkien negou estas orixes celtas.[120][121]

Catolicismo[editar | editar a fonte]

A imaxinería e teoloxía católica tamén xogou un papel na creatividade de Tolkien, debido ás súas profundas crenzas relixiosas,[113][122] feito recoñecido polo mesmo Tolkien:

O Señor dos Aneis é por suposto unha obra fundamentalmente relixiosa e católica; inconscientemente nos comezos, pero conscientemente na revisión. Iso é o motivo polo que non incluín, ou eliminei, practicamente tódalas referencias a calquera cousa semellante á 'relixión', cultos ou prácticas, no mundo imaxinario. O elemento relixioso inclúese na historia e no simbolismo.[123]

Paul H. Kocher argumenta que Tolkien describe o mal de forma cristiá ortodoxa coma a ausencia do ben. Kocher indicou que a fonte de inspiración de Tolkien neste aspecto era probablemente Tomé de Aquino, debido aos estudos relixiosos e literarios de Tolkien.[124] Outros estudosos que teñen abordado este aspecto de Tolkien son Joseph Pearce (Tolkien: Man and Myth, Bilbo's Journey: Discovering the Hidden Meaning in The Hobbit), Charles A. Coulombe (The Lord of the Rings: A Catholic View), e Peter Kreeft (The Philosophy of Tolkien: The Worldview Behind The Lord of the Rings) por citar algúns.

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

En vida[editar | editar a fonte]

Beowulf: The Monsters and the Critics[editar | editar a fonte]

Ademais de escritor de ficción, Tolkien foi un destacado autor de crítica literaria. O seu relatorio de 1936 sobre Beowulf, publicada posteriormente en formato de artigo, foi revolucionaria no tratamento da obra. Este ensaio continúa tendo unha grande influencia nos estudos de literatura inglesa antiga na actualidade.[125] Beowulf foi unha das influencias máis significativas na ficción posterior de Tolkien, xa que moitos dos elementos d'O Hobbit e O Señor dos Aneis foron inspirados e adaptados dende o poema.[126] Este ensaio revela moitos dos aspectos de Beowulf que Tolkien consideraba máis inspiradores, entre eles o papel dos monstros na literatura e particularmente o papel do dragón que aparece cara ao final do poema.[125]

Contos infantís e outros relatos[editar | editar a fonte]

Unha das afeccións de Tolkien era inventar contos de fantasía para os seus fillos.[127] Escribía cartas cada ano para eles de parte de Papá Noel, construíndo con elas unha serie de relatos curtos, posteriormente recompilados e publicados baixo o título The Father Christmas Letters. Outros relatos curtos escritos por Tolkien foron Mr. Bliss, Roverandom, Leaf by Niggle, The Adventures of Tom Bombadil, On Fairy-Stories, Smith of Wootton Major e Farmer Giles of Ham.[128]

O Hobbit[editar | editar a fonte]

Artigo principal: O Hobbit.

Tolkien non esperaba que as súas historias acadaran unha grande popularidade. O seu libro titulado O Hobbit, escrito para os seus propios fillos, chegou ás mans de Susan Dagnall en 1936, empregada da editorial londiniense George Allen & Unwin, quen convenceu a Tolkien de que enviase o libro para a súa publicación.[84]

Non hai unha consistencia completa entre O Señor dos Aneis e O Hobbit, xa que Tolkien nunca integrou completamente as tradicións dun noutro. En 1965 comentou, mentres editaba O Hobbit na súa terceira edición, que preferiría reescribi-lo libro por completo debido ao estilo da súa prosa.[129]

O Señor dos Aneis[editar | editar a fonte]

Artigo principal: O Señor dos Aneis.

Tralo éxito inesperado d'O Hobbit, Tolkien comezou a escribir unha secuela que titularía O Señor dos Aneis. Ao principio tentou escribila a modo de conto infantil seguindo o estilo da obra anterior, pero mudouno rapidamente a un ton máis escuro e serio.[130] O libro está dirixido cara a unha audiencia maior, tomando inspiración na historia de Beleriand que Tolkien xa construíra nos anos previos, e que sería publicada de forma póstuma n'O Silmarillion e outros volumes.

O Señor dos Aneis acadou unha gran popularidade na década de 1960 que continuou ata a actualidade, sendo unha das obras de ficción máis populares do século XX en número de exemplares vendidos e crítica xeral.[131] Nunha enquisa da BBC de 2003, o libro foi considerado coma a novela máis apreciada no Reino Unido.[132] En Australia, o libro foi votado coma o favorito nunha enquisa da ABC de 2004.[133] Noutra enquisa a clientes de Amazon no 1999, O Señor dos Aneis foi nomeado coma o "libro favorito do milenio",[134] e no 2004 noutra enquisa en Alemaña, 250 000 persoas declararon que o libro era a súa novela favorita.[135]

Póstumas[editar | editar a fonte]

O Silmarillion[editar | editar a fonte]

Artigo principal: O Silmarillion.

Tolkien comezou escribindo bosquexos mitolóxicos que incluían os contos de Beren, Lúthien e de Túrin, que posteriormente evolucionarían no que chamaría o Quenta Silmarillion. Tolkien desexaba publicala xunto a O Señor dos Aneis, pero non chegou a un acordo coas editoriais, debido en parte aos altos custos de imprenta na Inglaterra dos anos 1950, que requiriron que O Señor dos Aneis se publicase en tres volumes.[136]

Tolkien nomeou ao seu fillo Christopher o seu testamenteiro literario, quen, xunto con Guy Gavriel Kay, organizou o seu material nun só volume publicado baixo o título de O Silmarillion en 1977, e que recibiría o Premio Locus á mellor novela de fantasía no 1978.[137]

Unfinished Tales e The History of Middle-earth[editar | editar a fonte]

En 1980 Christopher Tolkien publicou unha colección de material máis fragmentado, baixo o título Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth.[138] Nos seguintes anos (de 1983 a 1996) publicou unha gran cantidade de material adicional sen publicar ata o momento, xunto con anotacións e comentarios extensos, nunha serie de doce volumes titulada The History of Middle-earth. Contiñan relatos inacabados, abandonados, alternativos e directamente contraditorios debido ao seu carácter de traballo sempre en progreso por parte de Tolkien.[139]

The Children of Húrin[editar | editar a fonte]

Artigo principal: The Children of Húrin.

No 2007 as editoriais HarperCollins e Houghton Mifflin publicaron The Children of Húrin. A novela conta a historia de Túrin Turambar e a súa irmá Nienor, fillos de Húrin Thalion. O material foi editado por Christopher Tolkien tomando fontes d'O Silmarillion, Unfinished Tales, The History of Middle-earth e outros manuscritos non publicados.[140]

The Fall of Arthur[editar | editar a fonte]

The Fall of Arthur, publicado o 23 de maio de 2013, é un poema narrativo longo composto por Tolkien a comezos dos anos 1930. É un poema aliterativo, estendéndose a case 1000 liñas, imitando a métrica do poema Beowulf. Inspirado pola ficción alto-medieval artúrica, o marco histórico do poema sitúase no período post-romano das Invasións Bárbaras, tanto na forma (usando poesía xermánica) e no contido, amosando a Artur coma un caudillo britano en loita contra a invasión dos anglosaxóns, evitando ao mesmo tempo os aspectos medievais da literatura Artúrica, coma o Santo Graal.[141]

Linguas e filoloxía[editar | editar a fonte]

Carreira lingüística[editar | editar a fonte]

Tanto a carreira académica de Tolkien como a súa produción literaria son inseparábeis do seu amor polas linguas e pola filoloxía. Especializouse en filoloxía inglesa na universidade e en 1915 graduouse co nórdico antigo como materia especial. Traballou para o Oxford English Dictionary dende 1918 e sábese que traballou especialmente en palabras que comezan coa letra W, incluíndo a palabra walrus, coa que traballou duramente.[142] En 1920 converteuse en Reader en lingua inglesa na Universidade de Leeds, onde adquiriu sona por lograr que aumentase o número de estudantes de lingüística de 5 a 20. Deu cursos sobre o verso heroico en inglés antigo, historia do inglés, varios textos en inglés antigo e inglés medio, introdución á filoloxía xermánicas, lingua gótica, islandés antigo, e galés medieval. En 1925, cando tiña 33 anos, Tolkien solicitou a cátedra Rawlinson e Bosworth de anglosaxón no Pembroke College de Oxford, mostrando que os seus alumnos de filoloxía xermánica de Leeds formaran incluso un "Club Viquingo".[143] Tiña tamén certos coñecementos de finés.[144]

En privado, Tolkien sentía atracción polas "cousas referentes á significancia racial e lingüística", e no seu relatorio de 1955 English and Welsh, que é crucial para a comprensión do seu punto de vista sobre a lingua e a raza, entretívose coas nocións de "predileccións lingüísticas inherentes", ás que chamou "lingua nativa" como oposta á "lingua de berce" que é a que unha persoa aprende primeiro a falar.[145] El consideraba que a súa "lingua nativa" era o dialecto do inglés medio falado nas West Midlands, e, como escribiu a W. H. Auden en 1955, "Son un West-midlander por sangue (e tomei o antigo inglés medio das West Midlands como unha lingua coñecida tan pronto puxen os meus ollos nela)."[146]

Tolkien aprendeu latín, francés e alemán da súa nai, e cando estaba na escola aprendeu inglés medio, inglés antigo, finés, gótico, grego, italiano, nórdico antigo, castelán e galés moderno e medieval. Tamén lle eran familiares o dinamarqués, o neerlandés, o lombardo, noruegués, ruso, serbio,[147] sueco e formas antigas de linguas xermánicas e eslavas,[148] o que amosa o seu profundo coñecemento lingüístico sobre as linguas xermánicas.

O interese de Tolkien polas linguas incluíu á galega. Desde 1923, tiña no seu poder o Diccionario gallego-castellano de Marcial Valladares Núñez, publicado en 1884 en Santiago, asinado por el - "JRR Tolkien. 1923"- , que ao morrer, foi doado polos seus descendentes á biblioteca Taylor da Universidade de Oxford [149].

Linguas construídas[editar | editar a fonte]

Comezo do poema en Quenya Namárië escrito en Tengwar xunto coa súa transcrición en caracteres latinos.

En paralelo ao traballo profesional de Tolkien como filólogo estaba a súa afección ás linguas artificiais. As máis evolucionadas das súas foron as Eldarin, ou linguas élficas, o Quenya e o Sindarin. A lingua e a gramática eran, para Tolkien, cuestión de estética e eufonía, e o Quenya en particular foi deseñado dende un punto de vista "fonoestético"; pretendía ser un "latín élfico", e fonoloxicamente baseábase no latín, con incorporacións do finés, galés, inglés e grego.[121] Outra achega foi, en 1945, o Adûnaico ou Númenóreano, unha lingua dun "leve sabor semita", conectada coa lenda da Atlántida de Tolkien.

Tolkien consideraba as linguas inseparábeis da mitoloxía asociada a elas, e por iso non tivo boa opinión das linguas auxiliares: en 1930 referiuse ao esperanto dicindo que "a vosa lingua creará unha mitoloxía", pero en 1956 concluía que "o Volapük, o Esperanto, o Ido, o Novial etc., están mortos, máis mortos que as linguas antigas abandonadas, porque os seus autores nunca inventaron lendas en esperanto".[150]

A popularidade dos libros de Tolkien ten un pequeno mais duradeiro efecto no uso da lingua na literatura fantástica en particular, e incluso en grandes dicionarios, que hoxe aceptan comunmente as formas empregadas por Tolkien para os ananos, dwarves e dwarvish (xunto con dwarfs e dwarfish), que teñen sido pouco empregadas dende a metade do século XIX (de feito, segundo el mesmo, de sobrevivir o plural en inglés antigo, sería dwerrow).

Legado[editar | editar a fonte]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Tolkien non sentiu orgullo por tódalas representacións artísticas das súas obras producidas durante a súa vida, chegando a non aprobalas en varias ocasións. En 1946 rexeitou as suxestións de Horus Engels para as ilustracións da edición en alemán d'O Hobbit indicando que eran demasiado semellantes aos debuxos de Disney.[151] Tamén amosou escepticismo ante o xurdimento do fenómeno fan da súa obra nos Estados Unidos, e en 1954 rexeitou as propostas para as portadas da edición estadounidense d'O Señor dos Aneis.[121]

O estudoso de Tolkien James Dunning inventou o termo inglés Tollywood, unha palabra composta derivada de "Tolkien Hollywood", para describir os intentos de crear adaptacións cinematográficas do legendarium de Tolkien que só tiñan o propósito de xerar bos resultados de recadación no canto de ser fieis á idea orixinal da historia.[152]

Ao recibir un guión para unha adaptación proposta d'O Señor dos Aneis por parte de Morton Grady Zimmerman, Tolkien escribiu:

Pediríalles que fixesen o esforzo imaxinativo suficiente para comprender a irritación (en ocasións resentimento) dun autor que atopa, incrementalmente segundo avanza, a súa obra tratada xeralmente sen coidado, puntualmente de forma neglixente, e sen signos evidentes de apreciación sobre o que trata.[153]

Porén, non se opoñía completamente á idea dunha adaptación dramática, polo que vendeu os dereitos de imaxe, filmación e merchandising d'O Hobbit e O Señor dos Aneis a United Artists en 1968. United Artists nunca chegou a producir unha película, e os dereitos vendéronse no 1976 a Tolkien Enterprises, unha división da empresa Saul Zaentz. O primeiro filme producido foi The Lord of the Rings no 1978, unha versión animada polo método de rotoscopio dirixida por Ralph Bakshi e con guión de Peter S. Beagle, que só cubría a primeira metade da historia d'O Señor dos Aneis.[154] En 1977 publicouse unha produción animada de The Hobbit feita por Rankin-Bass,[155] e no 1980 unha versión animada de The Return of the King, que abarcaba varias das partes de The Lord of the Rings que Bakshi non conseguira completar.[156]

Entre o 2001 e o 2003 New Line Cinema estreou a triloxía The Lord of the Rings, que incluíu os filmes The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring, The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King , rodados en Nova Zelandia baixo a dirección de Peter Jackson. Os filmes tiveron un grande éxito comercial e gañaron numerosos premios Oscars.[157] Posteriormente Jackson dirixiu e coproduciu a triloxía de filmes The Hobbit.[158] O primeiro filme desta triloxía, The Hobbit: An Unexpected Journey estreouse en decembro do 2012,[159] a segunda, The Hobbit: The Desolation of Smaug, en decembro do 2013[160] e finalmente a terceira, The Hobbit: The Battle of the Five Armies, foi estreada en decembro do 2014.[161]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

En 1953, Tolkien recibiu un doutoramento honoris causa en Letras pola Universidade de Liège[162], e ao ano seguinte outro pola Nacional de Irlanda.[163] Nos últimos anos da súa vida foi tamén nomeado doutor honoris causa en Letras polas universidades de Nottingham (1970),[164] Oxford (1972),[165] e Edimburgo (1973).[165]

Memoriais[editar | editar a fonte]

O asteroide 2675 Tolkien, descuberto en 1982, foi nomeado a título póstumo na súa honra.[166] A rúa Tolkien Way en Stoke-on-Trent nomeouse na honra do fillo maior de Tolkien, John Francis Tolkien, quen fora o párroco da igrexa católica local.[167] Tamén existe un profesorado co nome de Tolkien na Universidade de Oxford, o J.R.R. Tolkien Professor of English Literature and Language.[168]

En Birmingham hai unha serie de parques e rúas adicadas a J. R. R. Tolkien, sendo as máis notables a Millstream Way e o Moseley Bog.[169] Os parques coñécense colectivamente coma The Shire Country Parks.[169] A "Fin de Semana de Tolkien" celébrase anualmente en Sarehole Mill na memoria do autor. O 50 aniversario da publicación orixinal d'O Señor dos Aneis conmemorouse alí no 2005.[170]

En taxonomía animal, o xénero Smaug, nomeado así polo dragón d'O Hobbit, é un grupo de lagartos espiñosos de África do sur, separado do xénero Cordylus en 2011 baseándose na filoxenia molecular dos Cordylidae. A especie tipo deste xénero é a Smaug giganteus (anteriormente Cordylus giganteus).[171]

Tres montes das Montañas Cadwallader na Columbia Británica deben os seus nomes a personaxes de Tolkien. Estes son o Mount Shadowfax, Mount Gandalf e o Mount Aragorn.[172][173] O 1 de decembro de 2012 anunciouse na prensa de Nova Zelandia unha poxa da New Zealand Geographic Board para nomear un pico montañoso na honra de Tolkien, con motivo do seu 121º aniversario.[174]

Dende o 2003 a The Tolkien Society leva organizando o Día de Lectura de Tolkien, que ten lugar o 25 de marzo en colexios de todo o mundo.[175]

Placas conmmemorativas[editar | editar a fonte]

Placa en Sarehole Mill
Placa en Sarehole Mill
Placa en The Plough and Harrow
Placa en The Plough and Harrow


Hai sete placas azuis en Inglaterra que conmemoran lugares asociados con Tolkien.

Enderezo Conmemoración Data inauguración Institución
Sarehole Mill, Hall Green, Birmingham "Inspirou" (viviu preto) entre 1896–1900 15 de agosto de 2002 Birmingham Civic Society / The Tolkien Society[176]
1 Duchess Place, Ladywood, Birmingham Viviu preto entre 1902–1910 Descoñecida Birmingham Civic Society[177]
4 Highfield Road, Edgbaston, Birmingham Viviu aquí entre 1910–1911 Descoñecida Birmingham Civic Society / The Tolkien Society[178]
Plough and Harrow, Hagley Road, Birmingham Estancia en 1916 Xuño de 1997 The Tolkien Society[179]
2 Darnley Road, West Park, Leeds Primeira asignación académica 1 de outubro de 2012 The Tolkien Society e a Leeds Civic Trust
20 Northmoor Road, Oxford Viviu aquí entre 1930–1947 3 de decembro de 2002 Oxfordshire Blue Plaques Board[180]
Hotel Miramar, East Overcliff Drive, Bournemouth Estancias entre 1950 e 1972 10 de xuño de 1992 por Priscilla Tolkien Veciñanza de Bournemouth[181]

Obra[editar | editar a fonte]

Obras de ficción publicadas en vida[editar | editar a fonte]

Obras póstumas[editar | editar a fonte]

  • 1975 Guide to the Names in The Lord of the Rings publicado en 2005 coma The Lord of the Rings: A Reader's Companion
  • 1975 Traducións de Sir Gawain and the Green Knight, Pearl e Sir Orfeo
  • 1976 The Father Christmas Letters
  • 1977 O Silmarillion
  • 1979 Pictures by J.R.R. Tolkien
  • 1980 Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth
  • 1980 Poems and Stories
  • 1981 The Letters of J. R. R. Tolkien (eds. Christopher Tolkien e Humphrey Carpenter)
  • 1981 The Old English "Exodus" Text
  • 1982 Finn and Hengest: The Fragment and the Episode
  • 1982 Mr. Bliss
  • 1983 The Monsters and the Critics (colección de ensaios)
  • 1983–1996 The History of Middle-earth:
    1. The Book of Lost Tales 1 (1983)
    2. The Book of Lost Tales 2 (1984)
    3. The Lays of Beleriand (1985)
    4. The Shaping of Middle-earth (1986)
    5. The Lost Road and Other Writings (1987)
    6. The Return of the Shadow (The History of The Lord of the Rings vol. 1) (1988)
    7. The Treason of Isengard (The History of The Lord of the Rings vol. 2) (1989)
    8. The War of the Ring (The History of The Lord of the Rings vol. 3) (1990)
    9. Sauron Defeated (The History of The Lord of the Rings vol. 4) (1992)
    10. Morgoth's Ring (The Later Silmarillion vol. 1) (1993)
    11. The War of the Jewels (The Later Silmarillion vol. 2) (1994)
    12. The Peoples of Middle-earth (1996)
    • Index (2002)
  • 1995 J. R. R. Tolkien: Artist and Illustrator
  • 1998 Roverandom
  • 2002 A Tolkien Miscellany
  • 2002 Beowulf and the Critics
  • 2005 Guide to the Names in The Lord of the Rings
  • 2007 The Children of Húrin
  • 2007 The History of The Hobbit
  • 2008 Tales from the Perilous Realm
  • 2009 The Legend of Sigurd and Gudrún
  • 2013 The Fall of Arthur
  • 2014 Beowulf: A Translation and Commentary (ed. Christopher Tolkien)
  • 2015 The Story of Kullervo (ed. Verlyn Flieger)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • 1911 The Battle of the Eastern Field
  • 1913 From the many-willow'd margin of the immemorial Thames
  • 1914 The Voyage of Eärendel the Evening Star (parte de The Book of Lost Tales II)
  • 1914 The Bidding of the Minstrel (parte de The Book of Lost Tales II)
  • 1914 Tinfang Warble (parte de The Book of Lost Tales I)
  • 1915 Goblin Feet
  • 1915 You and Me / and the Cottage of Lost Play (parte de The Book of Lost Tales I)
  • 1915 Kôr, publicado como The City of the Gods en 1923 (parte de The Book of Lost Tales I)
  • 1915 Kortirion among the Trees (revisado en 1937 e nos sesenta como The Trees of Kortirion)
  • 1915 Over Old Hills and Far Away
  • 1915 A Song of Aryador
  • 1915 The Shores of Elfland
  • 1916 Habbanan beneath the Stars
  • 1916 The Sorrowful City
  • 1917 The Song of Eriol (parte de The Book of Lost Tales II)
  • 1917 The Horns of Ulmo
  • 1920 The Happy Mariners
  • 1920 The Children of Húrin (comezado en 1920, rematado arredor de 1925, parte de The Lays of Beleriand)
  • 1922 The Clerke's Compleinte
  • 1923 Iúmonna Gold Galdre Bewunden
  • 1923 The Eadigan Saelidan
  • 1923 Why the Man in the Moon Came Down Too Soon
  • 1923 Enigmata Saxonic - a Nuper Inventa Duo
  • 1923 The Cat and the Fiddle: A Nursery-Rhyme Undone and its Scandalous Secret Unlocked
  • 1924 An Evening in Tavrobel
  • 1924 The Lonely Isle
  • 1924 The Princess Ni
  • 1925 Light as Leaf on Lindentree
  • 1925 The Flight of the Noldoli from Valinor (parte de The Lays of Beleriand)
  • 1925-1931 The Lay of Leithian (parte de The Lays of Beleriand)
  • 1925 The Lay of Eärendel (parte de The Lays of Beleriand)
  • 1926 The Nameless Land
  • 1927 Adventures in Unnatural History and Medieval Metres, being the Freaks of Fisiologus
  • 1927 Tinfang Warble
  • 1931 Mythopoeia
  • 1931 Progress in Bimble Town
  • 1933 Errantry
  • 1934 Firiel
  • 1934 Looney
  • 1936 Songs for the Philologists
  • 1937 The Dragon's Visit
  • 1937 Knocking at the Door: Lines induced by sensations when waiting for an answer at the door of an Exalted Academic Person
  • 1945 The Lay of Aotrou and Itroun
  • 1946 Imram (The Death of St. Brendan)
  • década de 1950, traducións élficas de oracións católicas.
  • 1953 The Homecoming of Beorhtnoth Beorhthelm's Son
  • 1962 The Adventures of Tom Bombadil:
  • 1965 Once upon a time
  • 1966 Bilbo's Last Song
  • 1967 For W. H. A.
  • 1987 King Sheave
  • 1988 Narqelion

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mitchell, Christopher. «J. R. R. Tolkien: Father of Modern Fantasy Literature». Veritas Forum (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  2. Drabble, Margaret, ed. (2000). Oxford companion to English Literature (en inglés) (6ª ed.). p. 352. «the greatest influence within the fantasy genre» 
  3. Clute, John; Grant, John, eds. (1999). The Encyclopedia of Fantasy (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 0-312-19869-8. 
  4. Carpenter, 1977, pp. 111, 200, 266
  5. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 334 (nota editorial)
  6. «The 50 greatest British writers since 1945». The Times (en inglés) (Londres). 5 de xaneiro de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008. 
  7. Miller, Matthew (27 de outubro de 2009). «Top-Earning Dead Celebrities». Forbes.com (en inglés). 
  8. "quickly intensely English", (Carpenter e Tolkien, 1981, nº. 165)
  9. «Absolute Verteilung des Namens 'Tolkien'». verwandt.de (en alemán). Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  10. «Absolute Verteilung des Namens 'Tolkiehn'». verwandt.de (en alemán). Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  11. Gerullis, Georg (1922). Die altpreußischen Ortsnamen (en alemán). Berlin/Leipzig: de Gruyter. p. 184. 
  12. Mechow, Max (1991). Deutsche Familiennamen prussischer Herkunft (en alemán). Dieburg: Tolkemita. p. 99. 
  13. Carpenter, 1977, p. 14
  14. Carpenter, 1977, p. 13
  15. Carpenter, 1977, p. 24
  16. At 9 Ashfield Road, King's Heath
  17. Carpenter, 1977, p. 27
  18. Carpenter, 1977, p. 113
  19. Carpenter, 1977, p. 29
  20. 20,0 20,1 Doughan, David (2002). «JRR Tolkien Biography». Tolkien Society (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  21. Carpenter, 1977, p. 22
  22. Carpenter, 1977, p. 30
  23. Carpenter, 1977, pp. 24–51
  24. Carpenter, 1977, p. 31
  25. "My own dear mother was a martyr indeed, and it is not to everybody that God grants so easy a way to his great gifts as he did to Hilary and myself, giving us a mother who killed herself with labour and trouble to ensure us keeping the faith." (Carpenter, 1977, p. 31)
  26. «J.R.R. Tolkien». Birmingham Heritage Forum (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2009. 
  27. «J. R. R. Tolkien». Archives and Heritage Service, Birmingham City Council. Consultado o 28 de abril de 2009. 
  28. Saler, Michael T. (2012). Modern Enchantment and the Literary Pre-History of Virtual Reality (en inglés). Oxford University Press. p. 181. ISBN 978-0-19-534316-8. 
  29. «Tolkien's Not-So-Secret Vice» (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  30. «Tolkien's Languages - The Tongues of Middle-Earth» (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  31. Carpenter, 1977, pp. 53–54
  32. Garth, 2003, p. 6
  33. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 306
  34. «Roots of Romance» (Mapa). Google Maps (en alemán). Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  35. 35,0 35,1 Hammond, Wayne G.; Scull, Christina (1998). J.R.R.Tolkien: Artist and Illustrator (en inglés). HarperCollins. ISBN 9780261103603. 
  36. "Edith and Ronald took to frequenting Birmingham teashops, especially one which had a balcony overlooking the pavement. There they would sit and throw sugarlumps into the hats of passers-by, moving to the next table when the sugar bowl was empty. ... With two people of their personalities and in their position, romance was bound to flourish. Both were orphans in need of affection, and they found that they could give it to each other. During the summer of 1909, they decided that they were in love." (Carpenter, 1977, p. 40)
  37. 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 Carpenter e Tolkien, 1981, nº 43
  38. Doughan, David (2002). «War, Lost Tales and Academia». Tolkien Society. Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  39. Carpenter, 1977, p. 43
  40. I had to choose between disobeying and grieving (or deceiving) a guardian who had been a father to me, more than most fathers ... and 'dropping' the love-affair until I was 21. I don't regret my decision, though it was very hard on my lover. But it was not my fault. She was completely free and under no vow to me, and I should have had no just complaint (except according to the unreal romantic code) if she had got married to someone else. For very nearly three years I did not see or write to my lover. It was extremely hard, especially at first. The effects were not wholly good: I fell back into folly and slackness and misspent a good deal of my first year at college. (Carpenter e Tolkien, 1981, nº 43)
  41. Carpenter, 1977, pp. 67–69
  42. Carpenter, 1977, p. 73
  43. Carpenter, 1977, p. 86
  44. "In those days chaps joined up, or were scorned publicly. It was a nasty cleft to be in for a young man with too much imagination and little physical courage." (Carpenter e Tolkien, 1981, nº 43)
  45. Carpenter, 1977, pp. 77–85
  46. "Gentlemen are rare among the superiors, and even human beings rare indeed." (Garth, 2003, p. 94)
  47. "Junior officers were being killed off, a dozen a minute. Parting from my wife then ... it was like a death." (Garth, 2003, p. 138)
  48. Garth, 2003, pp. 144-145
  49. Garth, 2003, pp. 147-148
  50. Garth, 2003, pp. 148-149
  51. Garth, 2003, p. 149
  52. "On one occasion I spent the night with the Brigade Machine Gun Officer and the Signals Officer in one of the captured German dugouts ... We dossed down for the night in the hopes of getting some sleep, but it was not to be. We no sooner lay down than hordes of lice got up. So we went round to the Medical Officer, who was also in the dugout with his equipment, and he gave us some ointment which he assured us would keep the little brutes away. We anointed ourselves all over with the stuff and again lay down in great hopes, but it was not to be, because instead of discouraging them it seemed to act like a kind of hors d'oeuvre and the little beggars went at their feast with renewed vigour." (Garth, 2003, p. 200)
  53. Carpenter, 1977, p. 93
  54. Carpenter, 1977
  55. "Although Kitchener's army enshrined old social boundaries, it also chipped away at the class divide by throwing men from all walks of life into a desperate situation together. Tolkien wrote that the experience taught him, 'a deep sympathy and feeling for the Tommy; especially the plain soldier from the agricultural counties.'" (Garth, 2003, pp. 94–95)
  56. Garth, 2003, p. 207
  57. "I never called Edith Luthien – but she was the source of the story that in time became the chief part of the Silmarillion. It was first conceived in a small woodland glade filled with hemlocks at Roos in Yorkshire (where I was for a brief time in command of an outpost of the Humber Garrison in 1917, and she was able to live with me for a while). In those days her hair was raven, her skin clear, her eyes brighter than you have seen them, and she could sing – and dance. But the story has gone crooked, & I am left, and I cannot plead before the inexorable Mandos." (Carpenter e Tolkien, 1981, nº 340)
  58. Cater, Bill (4 de decembro de 2001). «We talked of love, death, and fairy tales». Daily Telegraph (en inglés) (Londres). Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  59. Gilliver, Marshall e Weiner, 2009
  60. Grotta, 2001, pp. 64
  61. Tolkien, J. R. R. (1932). «The Name Nodens». Report on the excavation of the prehistoric, Roman and post-Roman site in Lydney Park, Gloucestershire (Informe). Reports of the Research Committee of the Society of Antiquaries of London (en inglés). 
  62. Carpenter, 1977, p. 143
  63. Ramey, Bill (30 de marzo de 1998). «The Unity of Beowulf: Tolkien and the Critics». Wisdom's Children. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2006. Consultado o 13 de marzo de 2006. 
  64. Tolkien e Bliss, 1983, p. 4
  65. Tolkien e Bliss, 1983, The discussion of Eotena, passim
  66. Kennedy, Michael (2001). «Tolkien and Beowulf – Warriors of Middle-earth». Amon Hen. Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2006. Consultado o 18 de maio de 2006. 
  67. "He would come silently into the room, fix the audience with his gaze, and suddenly begin to declaim in a resounding voice the opening lines of the poem in the original Anglo-Saxon, commencing with a great cry of Hwæt! (The first word of this and several other Old English poems), which some undergraduates took to be 'Quiet!' It was not so much a recitation as a dramatic performance, an impersonation of an Anglo-Saxon bard in a mead hall, and it impressed generations of students because it brought home to them that Beowulf was not just a set text to be read for the purposes of examination, but a powerful piece of dramatic poetry." (Carpenter, 1977, p. 133)
  68. "I don't think that I have ever told you what an unforgettable experience it was for me as an undergraduate, hearing you recite Beowulf. The voice was the voice of Gandalf."(Carpenter, 1977, p. 133)
  69. «The Data File: 'New' Tolkien Book». Locus (en inglés): 85. Febreiro de 2003. 
  70. 70,0 70,1 70,2 70,3 Carpenter e Tolkien, 1981, nº 35 (nota editorial)
  71. 71,0 71,1 71,2 71,3 Hammond e Scull, 2006, pp. 224, 226, 232
  72. «JRR Tolkien trained as British spy». Daily Telegraph (en inglés) (Londres). 16 de setembro de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2009. 
  73. Grotta, 2001, pp. 110
  74. Rogerson, John (2001). The Oxford Illustrated History of the Bible (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0198601180. 
  75. Tolkien, J.R.R. (1976). The Father Christmas Letters (en inglés). Houghton Mifflin. ISBN 978-0395249819. 
  76. Meras, Phyllis (15 de xaneiro de 1967). «Go, Go, Gandalf». New York Times (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  77. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 336
  78. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 332
  79. "Those friends who knew Ronald and Edith Tolkien over the years never doubted that there was deep affection between them. It was visible in the small things, the almost absurd degree in which each worried about the other's health, and the care in which they chose and wrapped each other's birthday presents'; and in the large matters, the way in which Ronald willingly abandoned such a large part of his life in retirement to give Edith the last years in Bournemouth that he felt she deserved, and the degree in which she showed pride in his fame as an author. A principal source of happiness to them was their shared love of their family. This bound them together until the end of their lives, and it was perhaps the strongest force in the marriage. They delighted to discuss and mull over every detail of the lives of their children, and later their grandchildren." (Carpenter, 1977, p. 158)
  80. «Supplement to the London Gazette». London Gazette (en inglés) (45554): 9. 1 de xaneiro de 1972. 
  81. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 334 (nota editorial)
  82. «J.R.R. Tolkien». Shropshire County Council (en inglés). 2002. 
  83. «My Grandfather, J.R.R. Tolkien». Simon Tolkien (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015. «My grandmother died two years before my grandfather and he came back to live in Oxford. Merton College gave him rooms just off the High Street. I went there frequently and he'd take me to lunch in the Eastgate Hotel. Those lunches were rather wonderful for a 12-year-old boy spending time with his grandfather, but sometimes he seemed sad. There was one visit when he told me how much he missed my grandmother. It must have been very strange for him being alone after they had been married for more than 50 years.» 
  84. 84,0 84,1 «J. R. R. Tolkien Dead at 81; Wrote 'The Lord of the Rings'». The New York Times (en inglés). 3 de setembro de 1973. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  85. "My political opinions lean more and more to Anarchy (philosophically understood)—or to 'unconstitutional' Monarchy." (Carpenter e Tolkien, 1981, nº 52)
  86. Tolkien e Tolkien, 1992, p. 69
  87. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 64, 131
  88. J. R. R. Tolkien – Creator Of Middle Earth (DVD) (en inglés). New Line Cinema. 2002. 
  89. 89,0 89,1 Tolkien, J. R. R. (1987) [1954]. The Fellowship of the Ring. The Lord of the Rings (en inglés). Boston: Houghton Mifflin. Prólogo. ISBN 0-395-08254-4. 
  90. Wood, Ralph C. (13 de xullo de 2002). «Biography of J. R. R. Tolkien (1892–1973)» (en inglés). Addison, Texas: Leadership University. Consultado o 28 de abril de 2009. 
  91. Carpenter, Humphrey (1978). The Inklings (en inglés). Allen & Unwin. ISBN 0-00-774869-8. 
  92. Tolkien, Simon (23 de febriero de 2003). «My Grandfather». The Mail on Sunday (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 27 de abril de 2009. 
  93. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 83
  94. "that bloodthirsty old murderer" (Carpenter e Tolkien, 1981, nº 53)
  95. Carpenter, Tolkien, nº 229
  96. Jensen, Steuard. «Was Tolkien a racist? Were his works?». The Tolkien Newsgroups FAQ (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  97. Drout, 2007, pp. 557
  98. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 29
  99. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 45
  100. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 294
  101. We were supposed to have reached a stage of civilization in which it might still be necessary to execute a criminal, but not to gloat, or to hang his wife and child by him while the orc-crowd hooted. The destruction of Germany, be it 100 times merited, is one of the most appalling world-catastrophes. [...] Well the first War of the Machines seems to be drawing to its final inconclusive chapter—leaving, alas, everyone the poorer, many bereaved or maimed and millions dead, and only one thing triumphant: the Machines.(Carpenter e Tolkien, 1981, nº 96)
  102. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 81
  103. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 102
  104. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 1
  105. Anderson, 2002, p. 183, nota 10
  106. Anderson, 2002, pp. 6–7
  107. Lobdell, 2004, pp. 5–6
  108. Rogers, William N., II; Underwood, Michael R. (2000). «Gagool and Gollum: Exemplars of Degeneration in King Solomon's Mines and The Hobbit». En Clark, George; Timmons, Daniel. J.R.R. Tolkien and His Literary Resonances: Views of Middle-earth (en inglés). Westport, Conn.: Greenwood Press. pp. 121–132. ISBN 0-313-30845-4. 
  109. Stoddard, William H. (Xullo de 2003). «Galadriel and Ayesha: Tolkienian Inspiration?» (en inglés). Franson Publications. Consultado o 2 de decembro de 2007. 
  110. Carpenter e Tolkien, 1981, p 391
  111. Anderson, 2002, p. 150
  112. Lobdell, 2004, pp. 6–7
  113. 113,0 113,1 Day, David (1 de febreiro de 2002). Tolkien's Ring (en inglés). Nova York: Barnes and Noble. ISBN 1-58663-527-1. 
  114. Ross, Alex (22 de decembro de 2003). «The Ring and The Rings: Wagner vs. Tolkien». The New Yorker (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2011. 
  115. Spengler (11 de xaneiro de 2003). «The 'Ring' and the remnants of the West». Asia Times (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2009. 
  116. Spengler (11 de xaneiro de 2003). «Tolkien's Christianity and the pagan tragedy». Asia Times (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2009. 
  117. Harvey, David (20 de outubro de 1995). «Tolkien's Ring and Der Ring des Nibelungen». One Ring to Rule them All (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2009. 
  118. Fimi, Dimitra (2006). «'Mad' Elves and 'elusive beauty': some Celtic strands of Tolkien's mythology». Folklore (en inglés) (West Virginia University Press) 117 (2): 156–170. doi:10.1080/00155870600707847. ISSN 1547-3155. 
  119. Fimi, Dimitra (2007). «Tolkien's "'Celtic' type of legends": Merging Traditions». Tolkien Studies (en inglés) (West Virginia University Press) 4: 51–71. doi:10.1353/tks.2007.0015. ISSN 1547-3155. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  120. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 19
  121. 121,0 121,1 121,2 Carpenter e Tolkien, 1981, nº 144
  122. Bofetti, Jason (2001). «Tolkien's Catholic Imagination». Crisis Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2006. Consultado o 30 de agosto de 2006. 
  123. "The Lord of the Rings is of course a fundamentally religious and Catholic work; unconsciously so at first, but consciously in the revision. That is why I have not put in, or have cut out, practically all references to anything like 'religion', to cults or practices, in the imaginary world. For the religious element is absorbed into the story and the symbolism." (Carpenter e Tolkien, 1981, nº 142)
  124. Kocher, Paul H. (1972). Master of Middle-earth: The Fiction of J. R. R. Tolkien (en inglés). Houghton Mifflin. pp. 76–77. ISBN 0-395-14097-8. 
  125. 125,0 125,1 Drout, 2007, p. 494
  126. Tolley, Clive. «Old English influence on The Lord of the Rings» (PDF) (en inglés). Pearson Education Ltd. Consultado o 28 de xullo de 2015. 
  127. Phillip, Norman (2005). «The Prevalence of Hobbits». New York Times (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  128. Drout, 2007, p. 95
  129. Martinez, Michael (27 de xullo de 2002). «Middle-earth Revised, Again». Michael Martinez Tolkien Essays (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2008. Consultado o 28 de abril de 2009. 
  130. «Oxford Calling». The New York Times (en inglés). 5 de xuño de 1955. Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  131. Seiler, Andy (16 de decembro de 2003). «'Rings' comes full circle». USA Today (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  132. «The Big Read». BBC (en inglés). 2003. Consultado o 2 de novembro de 2012. 
  133. Cooper, Callista (5 de decembro de 2005). «Epic trilogy tops favorite film poll». ABC News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2006. Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  134. O'Hehir, Andrew (4 de xuño de 2001). «The book of the century». Salon.com (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  135. Diver, Krysia (5 de outubro de 2004). «A lord for Germany». The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  136. Hammond, Wayne G. (1993). J.R.R. Tolkien: A Descriptive Bibliography. Londres: Saint Paul's Biographies. ISBN 0-938768-42-5. 
  137. «1978 Award Winners & Nominees». Worlds Without End (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2009. 
  138. «Books by J.R.R.Tolkien - Unfinished Tales». Tolkien Library (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  139. «Books by J.R.R.Tolkien - The History of Middle-earth». Tolkien Library (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  140. «The Children of Húrin». Tolkien Gateway (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  141. Flood, Alison (9 de outubro de 2012). «New JRR Tolkien epic due out next year». The Guardian (en inglés). 
  142. Winchester, 2003; Gilliver, Marshall e Weiner, 2009
  143. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 7
  144. Grotta, 2001
  145. Hammond e Scull, 2006, p. 249
  146. 'Carpenter e Tolkien, 1981, nº 163
  147. Fisher, Jason (20 de outubro de 2009). «Slavic echoes in Tolkien — A response» (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2011. 
  148. Jeffrey, Henning (1996). «On Tolkien: Growing up with language». Model Languages (en inglés) 1 (8). 
  149. Fraga, Xesús (17 de xullo de 2011). «Palabras galegas para Tolkien». La Voz de Galicia. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  150. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 180
  151. Carpenter e Tolkien, 1981, nº 107
  152. «Tollywood and The Hobbit of the Rings, Vol. I». Tolkienlibrary.com (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  153. "I would ask them to make an effort of imagination sufficient to understand the irritation (and on occasion the resentment) of an author, who finds, increasingly as he proceeds, his work treated as it would seem carelessly in general, in places recklessly, and with no evident signs of any appreciation of what it is all about." (Carpenter e Tolkien, 1981, nº 207)
  154. Canby, Vincent (15 de novembro de 1978). «Film: 'The Lord of the Rings' From Ralph Bakshi». The New York Times (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  155. «The Hobbit (1977)». IMDb (en inglés). 
  156. «The Return of the King (1980)». IMDb (en inglés). 
  157. «Rings scores Oscars clean sweep». BBC News (en inglés). 1 de marzo de 2004. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  158. McNary, Dave (15 de outubro de 2010). «The Hobbit Pics to Shoot in February». Variety (en inglés) (Reed Business Information). Consultado o 20 de decembro de 2010. 
  159. «The Hobbit Worldwide Release Dates» (en inglés). TheHobbit.com. Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  160. «The Hobbit Worldwide Release Dates». TheHobbit.com (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  161. «The Hobbit : The Battle Of The Five Armies Movie 2014 – Worldwide Release Dates». warnerbros.com (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  162. «A propos du doctorat Honoris Causa». Universidade de Liège (en francés). 
  163. «NUI Honorary Degrees Awarded» (PDF). Universidade Nacional de Irlanda (en inglés). 
  164. «Honorary Graduates of the University of Nottingham» (PDF). Universidade de Nottingham (en inglés). 
  165. 165,0 165,1 Drout, 2007, p. 498
  166. «2675 Tolkien (1982 GB)». JPL Small-Body Database Browser (en inglés). NASA. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  167. «People of Stoke-on-Trent» (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2005. 
  168. «Schedule of Statutory Professorships in Statutes and Regulations». University of Oxford (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  169. 169,0 169,1 «Nature reserve remembers Baggins». BBC (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2012. 
  170. «Tolkien Weekend 2005». BBC (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2012. 
  171. Stanley, Ed. «Smaug». American Museum of Natural History (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  172. «Mount Gandalf». BC Geographical Names (en inglés). The Province of British Columbia. Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  173. «Mount Shadowfax». BC Geographical Names (en inglés). The Province of British Columbia. Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  174. «Unnamed peak could be named Mt Tolkien». Stuff.co.nz (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2012. 
  175. «Tolkien Reading Day». The Tolkien Society (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2014. 
  176. Birmingham Civic Society. «Sarehole Mill». Blue Plaques Photograph Gallery (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2007. Consultado o 21 de marzo de 2007. 
  177. Birmingham Civic Society. «Duchess Place». Blue Plaques Photograph Gallery (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2007. Consultado o 21 de marzo de 2007. 
  178. Birmingham Civic Society. «4 Highfield Road». Blue Plaques Photograph Gallery (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2007. Consultado o 21 de marzo de 2007. 
  179. Birmingham Civic Society. «Plough and Harrow». Blue Plaques Photograph Gallery (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2007. Consultado o 21 de marzo de 2007. 
  180. Oxfordshire Blue Plaques Board. «J. R. R. Tolkien Philologist and Author». Plaques Awarded (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  181. «Bournemouth's Blue Plaques» (PDF) (en inglés). Bournemouth Borough Council. p. 15. Consultado o 24 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J. R. R. Tolkien Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anderson, Douglas A., ed. (2002) [1988]. The Annotated Hobbit (en inglés). Boston: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0618134700. 
  • Carpenter, Humphrey (1977). J. R. R. Tolkien: A Biography (en inglés). Nova York: Ballantine Books. ISBN 0-04-928037-6. 
  • Carpenter, Humphrey; Tolkien, Christopher, eds. (1981). The Letters of J. R. R. Tolkien (en inglés). Londres: George Allen & Unwin. ISBN 0-04-826005-3. 
  • Drout, Michael D. C., ed. (2007). J.R.R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment (en inglés). Taylor & Francis. ISBN 9780415969420. 
  • Garth, John (2003). Tolkien and the Great War (en inglés). Harper-Collins. ISBN 0-00-711953-4. 
  • Gilliver, Peter; Marshall, Jeremy; Weiner, Edmund (2009). The Ring of Words: Tolkien and the Oxford English Dictionary (en inglés) (1ª ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0199568369. 
  • Grotta, Daniel (2001). J.R.R. Tolkien Architect of Middle Earth (en inglés). Running Press. ISBN 9780762409563. 
  • Hammond, Wayne; Scull, Christina (2006). The J. R. R. Tolkien Companion and Guide (en inglés) 2. HarperCollins. ISBN 978-0618391134. 
  • Lobdell, Jared C. (2004). The World of the Rings: Language, Religion, and Adventure in Tolkien (en inglés). Open Court. ISBN 978-0-8126-9569-4. 
  • Tolkien, J.R.R.; Bliss, Alan J. (1983). Finn and Hengest: The Fragment and the Episode (en inglés). Houghton Mifflin. ISBN 978-0395331934. 
  • Tolkien, John; Tolkien, Priscilla (1992). The Tolkien Family Album (en inglés). Londres: HarperCollins. ISBN 0-261-10239-7. 
  • Winchester, Simon (2003). The Meaning of Everything: The Story of the Oxford English Dictionary (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-860702-4. 

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]