Marcial Valladares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Marcial Valladares Núñez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcial Valladares
Marcial Valladares Núñez.jpg
Nacemento14 de xuño de 1821
LugarA Estrada
Falecemento20 de maio de 1903
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
XénerosPoesía, novela
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1970.
editar datos en Wikidata ]

Marcial Valladares Núñez, nado en Vilancosta (A Estrada) o 10 de xuño de 1821 e finado no mesmo lugar o 20 de maio de 1903, foi un xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo galego. No ano 1970 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Dionisio Valladares Gómez, cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1844. Adicouse ao xornalismo e á política, pero en 1866 retirouse ó seu lugar natal para se consagrar ás letras.

Era irmán da escritora Avelina Valladares.

Obra[editar | editar a fonte]

O 'Señor de Vilancosta' foi un dos escritores máis prolíficos do rexurdimento.

Como lexicógrafo, é autor do Diccionario gallego-castellano (1884) con 11.000 vocábulos que recolleu entre 1850 e 1884, ao que incorporou como referencia 240 cántigas e 460 textos en prosa, na súa maioría literatura popular. En 1879 escribiu o artigo "Del apóstrofo en la escritura gallega", aparecido en La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1892 rematou Elementos de gramática gallega, obra iniciada en 1855 e que non foi editada até 1970, da man da Editorial Galaxia.

Como poeta, iniciouse en 1845 coa publicación de Suidades, obra escrita en hendecasílabos de tipo sentimental. Apareceron despois, A fonte do Pico Sacro de acento didáctico, en quintillas, A castañeira en Santiago, monólogo de certa calidade. Da súa autoría é tamén unha serie de cantares de tipo popular, que titulou Vilancosta. A súa obra poética foi recolleita no Cantigueiro Popular (Fundación Cultural da Estrada, 2003).

Está considerado o primeiro autor dunha novela en lingua galega, Maxina ou a filla espúrea (1870), publicada en La Ilustración Gallega y Asturiana a partir do 28 de xullo de 1880.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Diccionario gallego-castellano, 1884. 
Capa do manuscrito de 1870 de Maxina ou a filla espúrea
Maxina está incluída na Biblioteca Galega 120

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Ilustración Gallega y Asturiana tomo II, n.º 21, Madrid, 28 de xullo de 1880.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]