Úlcera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Unha úlcera é toda lesión aberta da pel ou membrana mucosa con perda de substancia. As úlceras poden ter orixe e localización moi variada. As máis frecuentes son as que afectan á parede do estómago ou duodeno, chamadas úlceras pépticas.

Tipos[editar | editar a fonte]

Úlceras pépticas[editar | editar a fonte]

Afecta á mucosa estomacal (úlcera gástrica) ou duodeno (úlcera duodenal). Ás veces prodúcense tamén úlceras do esófago en pacientes afectados por esófago de Barrett. A maioría das úlceras ocorren na primeira capa de revestimento interior. Ao orificio que atravesa por completo o estómago ou o duodeno chámaselle perforación e supón, pola súa gravidade, unha urxencia médica.

Úlceras cutáneas[editar | editar a fonte]

A úlcera cutánea é unha lesión da pel que implica perda da epiderme, parte da derme, e incluso da hipoderma; pode tratarse dunha ferida unicamente superficial ou dunha afectación máis profunda. Distínguense varios tipos segundo a orixe: por fricción, por presión ou mixtas. Existen distintos orixes e en moitos casos acostuman a ter unha evolución crónica.

Úlceras por presión[editar | editar a fonte]

As úlceras por presión constitúen un tipo especial de lesións causadas pola mala irrigación sanguínea e nutrición tisular como resultado da presión prolongada sobre prominencias óseas e cartilaxinosas. Preséntanse principalmente en pacientes prostrados, xa sexa por obesidade, con apoio ventilatorio, rixidez ósea, vellez, etc. Sendo en ocasións necesaria a atención personalizada dun equipo de enfermería dedicado exclusivamente a curar e previr este tipo de úlceras.

Factores de risco
  • Lesións cutáneas.
  • Pel reseca.
  • Falta de elasticidade.
  • Inmobilidade.
  • Cama con engurras.
  • A presión continua sobre tecidos brandos de prominencias óseas produce hipoxia e necrose.
  • Humidade.
  • Nutrición deficiente.
  • Idade avanzada.
  • Inflamación ou retención de líquidos.
Zonas máis frecuentes nas que se producen as úlceras por presión
Prevención de úlceras por presión
  • Manter a pel limpa e seca.
  • Cambiar de posición, cando menos, cada dúas horas.
  • Utilizar almofadas e produtos que alivien a presión.
  • Mellorar o estado nutricional.
  • Manter un bo aliñamento corporal.
  • Non dar masaxes na área de prominencias óseas.
  • Utilizar colchón de presións alternas.

Úlcera xenital[editar | editar a fonte]

Situadas na rexión xenital, en moitas ocasións están causadas por enfermidades de transmisión sexual, como a sífilis, o chancroide e o linfogranuloma venéreo.

Úcera corneal[editar | editar a fonte]

Este tipo de úlceras ten lugar na córnea. Pode ser consecuencia de infeccións, queratite ou traumatismos sobre o ollo e en ocasións provocan secuelas consistentes en déficit de visión. Unha das úlceras corneais máis frecuentes é a producida polo virus do herpes simple, chamada úlcera dendrítica pola súa forma ramificada.

Úlcera bucal[editar | editar a fonte]

As úlceras bucais son lesións abertas ocasionadas por diferentes factores:

A sintomatoloxía é dor bucal, lesións visibles na boca e perda de apetito.