Saltar ao contido

Beowulf (poema)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beowulf
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Beowulf (en)
Bēowulf (ang) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Época ambientación
valor descoñecido
século VI Editar o valor en Wikidata
 Edicións
(2020) Beowulf: A New Translation (en) Traducir en inglês moderno (pt) Traducir traducido por Maria Dahvana Headley
(2014) Beowulf: A Translation and Commentary (en) Traducir en inglês moderno (pt) Traducir traducido por J. R. R. Tolkien
(2000) Beowulf (en) Traducir en lingua inglesa antiga, inglês moderno (pt) Traducir
(1999) Beowulf: A New Verse Translation (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Seamus Heaney
(1987) Beowulf (en) Traducir
(1973) Beowulf: A Verse Translation (en) Traducir en inglês moderno (pt) Traducir
(1953) Beowulf (en) Traducir en lingua inglesa antiga
(1914) Beowulf (en) Traducir en lingua sueca traducido por Rudolf Wickberg (pt) Traducir
(1909) The Oldest English Epic (en) Traducir en inglês moderno (pt) Traducir
(1898) The Tale of Beowulf (en) Traducir en inglês moderno (pt) Traducir traducido por William Morris, Alfred John Wyatt
(1895) Beowulf (en) Traducir en lingua polaca
(1894) Beowulf (en) Traducir en lingua inglesa antiga
(1882) Beowulf Transliteration and Notes (en) Traducir
(1877) Beowulf, Épopée Anglo-Saxonne (en) Traducir en lingua francesa Editar o valor en Wikidata
 Lingua
 Contén partes da clase
Implicados
 Autor/a
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Nº de partes3.182 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF316753795 Editar o valor en Wikidata
Goodreads189503 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL16093616W Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX4121845
Wikidata G:Commons C:Commons

Beowulf é o heroe do poema épico anglosaxón homónimo, que foi escrito en inglés antigo en verso aliterativo. Con 3182 versos, contén moito máis material que calquera obra similar no seu mesmo idioma, e representa arredor do 10% do corpus existente do verso anglosaxón. O único manuscrito que se conservou data do século IX ou X. Aínda que o poema non ten título no manuscrito, chamáronlle Beowulf desde principios do século XIX. Ten dúas grandes partes: a primeira acontece durante a mocidade de Beowulf, e narra como acode en axuda dos daneses ou xutos, que sufrían os ataques dun xigante (Grendel), e tras matar a este, enfróntase á súa nai; na segunda parte Beowulf xa é o rei dos gautas e pelexa ata a morte cun dragón.

A súa importancia é equiparábel á do Cantar dos Nibelungos, do Cantar de Mío Cid, do Cantar de Roldán ou do Lebor Gabála Érenn (Libro das Conquistas de Irlanda). Estímase que o poema se redactou na primeira metade do século VI, aínda que este tema é obxecto de debate. A acción que narra sitúase nos séculos V-VI.

Foi traducido ó galego por Jorge L. Bueno Alonso directamente dende o anglosaxón e foi publicado polo selo editorial Rinoceronte Editora no ano 2010.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Primeira parte

[editar | editar a fonte]
Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, á área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.

Desenvólvese en Dinamarca, onde o espléndido palacio de Heorot se ve asolado polos mortais asaltos do xigante-trol Grendel, que se asaña cos criados e guerreiros do rei Hrothgar, devorándoos.

Inesperadamente, preséntase no palacio o mozo Beowulf, príncipe dos gautas de Gëatlantt (Suecia meridional), cun grupo dos seus partidarios e ofrece ao monarca destruír ao monstro. A primeira impresión de Hrothgar é de escepticismo fronte ás pretensións do descoñecido heroe, pero recíbeo xentilmente e ao cabo dun espléndido banquete, encoméndalle a tarefa ao acabado de chegar.

Grendel regresa esa mesma noite a Heorot, derruba as súas sólidas portas e devora a un dos guerreiros gauta. Beowulf é espertado polo rebumbio e acode en axuda da garda, trabándose en loita corpo a corpo co monstro, que só pode liberarse da súa presa perdendo a cambio un dos seus brazos e fuxindo mortalmente ferido. Beowulf pelexa sen armas.

Segunda parte

[editar | editar a fonte]

Á mañá seguinte, todo é ledicia en Heorot, pero pola noite a nai de Grendel, moito máis monstruosa que o seu fillo, preséntase para o vingar. Mata a varios homes de Hrothgar e fere gravemente a cen deles.

Ao día seguinte, Beowulf segue o seu rastro a través da pradería ata a súa cova, onde a atopa. Mátaa e corta o seu corpo e o cadáver de Grendel, retornando a Heorot cos seus trofeos.

Terceira parte

[editar | editar a fonte]

Transcorre no reino de Gëatlantt, onde un ancián Beowulf reinou por cincuenta anos despois de suceder a Hygelac, morto en batalla. Na última etapa da súa vida, Beowulf disponse a se afrontar a un temíbel dragón, coa soa axuda do seu sobriño Wiglaf.

Un hábil e ousado ladrón logra penetrar na cova do dragón e rouba unha copa de prata incrustada de ouro e pedras preciosas, parte do inmenso tesouro que garda a besta. Enfurecido, o dragón asalta e destrúe a vila do ladrón, e mata a todos os seus habitantes.

Beowulf sae ao seu encontro para vingar á súa xente, pero a reacción do dragón asustou tanto aos seus súbditos que soamente Wiglaf se apresta para o acompañar. Despois dunha cruenta batalla, ambos os dous logran acabar coa besta, pero Beowulf, gravemente ferido, encomenda ao seu sobriño se apoderar do tesouro e utilizalo para reconstruír o reino. Pasa o seu torque de ouro a Wiglaf, e confíalle o reino. Finalmente, Beowulf recibe un funeral viquingo: o seu corpo é colocado nun barco funerario de madeira de carballo e impulsado a mar aberto. O mesmo Wiglaf guinda unha lanza en chamas á balsa, incendiando os troncos, e o cadáver do monarca pérdese na distancia.

Outras versións afirman que foi enterrado segundo a súa vontade, nun montículo, a partir do que podía verse o mar e que levaría o seu nome.

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
  • Beowulf: Personaxe protagonista do poema épico anglosaxón homónimo, ambientado na Escandinavia medieval. Fillo adoptivo de Hygelac e posteriormente rei de Gëatlantt.
  • Grendel: Trol demoníaco que habitaba coa súa nai nunha cova nas marismas próximas a Heorot e que, ao inaugurarse a luxosa sala de Hrothgar, comezou a acosar os nobres que se reunían alí, matándoos, ata se apoderar do pazo. Finalmente é morto por Beowulf nun combate individual sen armas.
  • Hrothgar: Rei de Heorot, é o segundo de tres irmáns (os outros dous son Heorogar e Faga). O seu nome significa "Lanza veloz".
  • A nai de Grendel: descrita no poema como unha "trol femia", aínda que na mitoloxía escandinava todos os troles son andróxinos. É morta por Beowulf en combate senlleiro no fondo dunha poza na cova onde habitaba con Grendel.
  • Wiglaf: sobriño de Beowulf, asísteo na súa batalla co dragón. Á morte de Beowulf, este dálle en herdanza o seu torque de ouro e encoméndalle o reino de Gëatlantt.
  1. rinoceronte.gal (ed.). "Beowulf en galego". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 4 de decembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Adaptacións cinematográficas

[editar | editar a fonte]