Arwen
| Arwen | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Semellante a
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Lugar de nacemento
| |||||||
|
Lugar de falecemento
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Inimigo/a
| |||||||
|
Residencia
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Cónxuxe
| |||||||
|
Irmá/n
| |||||||
|
Fillo/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Arwen (traducido do sindarin como «doncela nobre»),[1] tamén chamada Undómiel («estrela da tarde»), é un personaxe ficticio que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. É unha peredhil ou medio elfa, filla de Elrond e Celebrían, irmá de Elladan e Elrohir e tataraneta de Lúthien Tinúviel.[2][3]
Durante séculos viviu entre Valfendido, o refuxio e fogar do seu pai, e Lothlórien, a terra natal da súa nai. Uns anos antes de que rematase a Terceira Idade do Sol, época na que se desenvolve a novela, coñeceu ó dúnedain Aragorn nos bosques de Valfendido e namoráronse o un do outro.[4] Por el renunciou á inmortalidade propia da súa metade élfica para converterse na súa esposa e na raíña consorte do Reino Unificado de Gondor e Arnor trala Guerra do Anel.[5][6]
Adaptacións a outros medios
[editar | editar a fonte]
Nos filmes de Peter Jackson The Fellowship of the Ring, The Two Towers e The Return of the King, o personaxe de Arwen toma un gran protagonismo, superior ó que ten na novela, pois ós autores do guión parecíalles necesario «feminizar» un tanto o argumento, demasiado cargado de personaxes masculinos. En particular, resultou controvertido que substituíse ó personaxe de Glorfindel na escena do vao de Bruinen.
O papel de Arwen nestes filmes é interpretado pola actriz Liv Tyler.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lena. "nomes compuestos sindarin en la Tierra Media" (PDF). GeoCities. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ CARPENTER, Humphrey (1993). "Carta #144". Las cartas de J. R. R. Tolkien. col. Christopher Tolkien, trad. Rubén Masera. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7121-1.
- ↑ CARPENTER, Humphrey (1993). "Carta #153". Las cartas de J. R. R. Tolkien. col. Christopher Tolkien, trad. Rubén Masera. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7121-1.
- ↑ TOLKIEN, J. R. R. (1993). "Apéndice A: anales de los reyes y los gobernantes - I. Reyes númenóreanos: (v) Un fragmento de la historia de Aragorn y Arwen extraído de los anales de los reyes y los gobernantes". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3.
- ↑ TOLKIEN, J. R. R. (1993). "El senescal y el rey". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3.
- ↑ TOLKIEN, J. R. R. (1993). "Numerosas separacións". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3.
| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
