Saltar ao contido

The Hobbit: The Battle of the Five Armies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hobbit: The Battle of the Five Armies
Howard Shore Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Título
The Hobbit: The Battle of the Five Armies (en)
Хоббит: Битва пяти воинств (ru) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Caracterizado por
 Forma artística
 Medio usado
MASSIVE (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obras e produtos
 Edicións
 Obra derivada
 Cor
 Formato de imaxe
 Ambientado en
Implicados
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Actores de dobraxe
Organizacións
 Compañía produtora
Economía e industria
Custo250000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación956019788 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
11 de decembro de 2014 (Nova Zelandia)
1 de decembro de 2014 (Londres)
18 de decembro de 2014 (Hungría)
17 de decembro de 2014 (Estados Unidos de América)
10 de decembro de 2014 (Alemaña, Francia) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Precedido por
Dimensións
Duración144 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
Saturn Award for Best Fantasy Film (en) Traducir (25 de xuño de 2015) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar á mellor edición de son (15 de xaneiro de 2015) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
59% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
59/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
6.3/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
ISAN0000-0004-7273-0000-E-0000-0000-W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ljff3c Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt2310332 Filmaffinity: 583347 Allocine: 210516 Rottentomatoes: m/the_hobbit_the_battle_of_the_five_armies Mojo: hobbit3 Allmovie: v569637 TCM: 974119 Metacritic: movie/the-hobbit-the-battle-of-the-five-armies TV.com: movies/the-hobbit-the-battle-of-the-five-armies Netlix: 70305930 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Hobbit: The Battle of the Five Armies (literalmente O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos) é un filme de fantasía épica do ano 2014 dirixido por Peter Jackson. O filme é o terceiro e derradeiro dunha triloxía cinematográfica (The Hobbit) baseado na novela O hobbit de John R.R. Tolkien, antecesora da triloxía cinematográfica d'O Señor dos Aneis, estreada entre 2001 e 2003.

A estrea en Galiza en lingua castelá foi o 17 de decembro de 2014[1][2], por mor dun troco de data que se produciu o 1º de marzo de 2013 cando nun principio ía estrearse en xullo de 2014, co título The Hobbit: There and Back Again. O mesmo que os outros filmes da triloxía foi dirixida polo neozelandés Peter Jackson, que tamén fixera a triloxía cinematográfica d'O Señor dos Aneis.

A historia dá continuidade aos eventos ocorridos en The Hobbit: An Unexpected Journey e The Hobbit: The Desolation of Smaug.

Peter Jackson e Guillermo del Toro anunciaron que esta terceira parte ampliaría a historia con outros escritos de Tolkien, como a reunión do Consello Branco (e deste xeito explicar a onde foi Gandalf cando deixou aos ananos e a Bilbo Bulseiro ás portas do Bosque das Tebras) e como botaron o Nigromante de Dol Guldur.[3] Nun principio esta secuela dependía dos actores que puidesen participar nela,[4] mais isto arranxouse cando os actores aceptaron facer o filme. Até abril de 2014, o filme chamábase The Hobbit or There And Back Again, en honra ao verdadeiro título d'O hobbit de J. R. R. Tolkien, até que Peter Jackson confirmou un novo título, The Hobbit: The Battle of the Five Armies.[5] O teaser tráiler estreouse o 28 de xullo,[6] dous días despois da súa presentación na Comic Con de San Diego.[7]

Cando reclamaron a súa patria ao dragón Smaug, a Irmandade dos Ananos desatou sen querer unha forza malvada no mundo. Irado, Smaug descarga laparadas de ira sobre os moradores indefensos de Cidade do Lago.

Thorin, consumido pola obsesión de reclamar o seu tesouro, sacrifica a amizade e a honra para o conseguir mentres os frenéticos intentos de Bilbo Bulseiro por facelo entrar en razón levan ao hobbit a tomar unha decisión arriscada e perigosa; mais as ameazas que os agardan son aínda maiores. Sauron, o maior adversario de todos, enviou lexións de orcos a un ataque furtivo na Montaña Solitaria sen que ninguén o soubese, agás o meigo Gandalf.

A medida que o mal penetra no seu crecente conflito, as razas dos Ananos, os Elfos e mailos Homes teñen que decidir se unen as súas forzas ou se desleixan á destrución. De súpeto, Bilbo ten que loitar pola súa vida e maila dos seus amigos na épica Batalla dos cinco exércitos, mentres o futuro da Terra Media pende dun fío.[8]

Luke Evans.

A irmandade de Thorin

[editar | editar a fonte]

Elfos Sindar

[editar | editar a fonte]

O Consello Branco

[editar | editar a fonte]

Xente da Cidade do Lago

[editar | editar a fonte]

Antagonistas

[editar | editar a fonte]
  1. «The Third Hobbit Is Now Subtitled The Battle Of The Five Armies», artigo publicado o 24 de abril de 2014 na versión en liña da revista Empire
  2. «Peter Jackson renames ‘Hobbit’ finale: ‘Battle of the Five Armies’», artigo publicado o 24 de abril de 2014 na versión en liña do diario Los Angeles Times
  3. Daly, Steve (22 de setembro de 2006). "Action Jackson". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 1 de febreiro de 2009. 
  4. Adler, Shawn (28 de abril de 2008). "Guillermo Del Toro Addresses Hobbit Fans' Concerns, Talks Possible Casting". MTV. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2010. Consultado o 7 de setembro de 2008. 
  5. "The New Title for the Third Hobbit Film is The Hobbit: The Battle of the Five Armies Read more: The New Title for the Third Hobbit Film is The Hobbit: The Battle of the Five Armies". ComingSoon (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 24 de abril de 2014. 
  6. "Estreno en primicia del tráiler de 'El Hobbit: La batalla de los Cinco Ejércitos". Antena3.com. Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  7. "“El Hobbit: La batalla de los Cinco Ejércitos” asalta la Comic-Con". Gente10.info. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  8. elanillounico.com, ed. (23 de outubro de 2014). "Un nuevo poster de El Hobbit: La batalla de los Cinco Ejércitos". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  9. "Saruman también repetirá en El hobbit". Europapress. Consultado o 16 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]