Théoden
| Théoden | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Circunstancias morte
| |||||||
|
Grupo étnico
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Inimigo/a
| |||||||
|
Ocupación
| |||||||
|
Cargo ocupado
| |||||||
|
Residencia
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Cónxuxe
| |||||||
|
Irmá/n
| |||||||
|
Fillo/a
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Théoden é un personaxe ficticio que pertence ó legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien. Era o rei de Rohan e aparece principalmente nos libros As dúas torres e O regreso do rei, o segundo e terceiro volumes da triloxía O Señor dos Aneis. A súa espada chamábase Herugrim.
Nome
[editar | editar a fonte]
Na etimoloxía da Terra Media, o nome Théoden é unha tradución do rohírrico Tûrac, unha verba antiga para rei. Algúns estudosos relacionan Théoden coa verba en inglés antigo þēoden,[1] que quere dicir "líder do pobo" (ou tamén "rei" ou "príncipe").[2][3] Ó igual que outros nomes descritivos do seu legendarium, Tolkien usa este nome para xerar a impresión de que o texto é "'histórico', 'real' ou 'arcaico'".[4]
Aparicións
[editar | editar a fonte]Literatura
[editar | editar a fonte]Foi o único fillo do rei Thengel e Morwen de Lossarnach. Tivo catro irmás (unha maior e tres menores) e era especialmente achegado á última, Théodwyn.[5] Naceu no 2948 T. E. en Gondor, onde a súa familia viviu ata que Thengel pasou a ser rei de Rohan. Medrou falando sindarin e oestron, pero aprendeu o rohírrico, a lingua da súa terra, máis tarde. Converteuse en rei despois da morte do seu pai en 2980. Théodwyn viviu con el en Edoras. Casou con Elfhild, quen morreu dando a luz ó seu fillo, Théodred. Logo de que a súa irmá Théodwyn e o seu esposo Éomund morreran, adoptou ós seus fillos: Éomer e Éowyn. Tamén foi o primeiro Mariscal da Marca logo da morte de Éomund.
Nos anos da Guerra do Anel Théoden levaba case trinta anos como rei de Rohan, e estaba amosando sinais de vellez; era cada vez máis manipulado por Gríma Lingua de Verme, que estaba secretamente baixo o mando de Saruman, quen acelerou o seu avellentamento mediante pocións e velenos.[6] Nos últimos anos antes Théoden estaba perdendo o control do seu reino pola influencia de Gríma, xa que Rohan era ameazado de novo por orcos e dunlendinos, que operaban guiados por Saruman dende Isengarda.
Despois de que Théodred fora mortalmente ferido na Primeira Batalla dos Vaos do Isen enfrontándose ós exércitos de Isengarda, Eomér pasou a ser o herdeiro de Théoden.
Cando Gandalf o Branco e Aragorn apareceron en Edoras, Théoden non lles prestou maior atención, pero logo de que Gríma fose desenmascarado e Théoden retomara os seus sentidos, aceptou loitar contra Isengarda, devolveulle os poderes ó seu sobriño e liderou ós Rohirrim na Batalla do Abismo de Helmo.
Polo Xuramento de Eorl, unha eterna alianza entre Rohan e Gondor, Théoden encabezou ós Rohirrim para loitar na Batalla dos Campos de Pelennor. Nesta batalla derrotou á cabalería dos Haradrim. Foi mortalmente ferido logo de que o seu cabalo caese enriba del ó ser atravesado por unha frecha. Foi vingado por Éowyn e Merri, os cales cabalgaran á guerra en segredo. Nos seus derradeiros minutos despediuse de Éowyn e proclamou rei ó seu sobriño.
Versión cinematográfica
[editar | editar a fonte]
Nos filmes de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King, Theoden é interpretado polo actor inglés Bernard Hill. No terceiro filme da triloxía, Théoden morre a mans do Rei Bruxo de Angmar.
| Predecesor: Thengel |
Rei de Rohan 2980 - 3019 T. E. |
Sucesor: Éomer |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wynne, H. (10 de outubro de 2006). "THEODEN". En Drout, M. D. C. J.R.R. Tolkien encyclopedia: scholarship and critical assessment (primeira ed.). Routledge. p. 643. ISBN 978-0-415-96942-0.
- ↑ Véxase definición: Bosworth, Joseph; Toller, T. Northcote. An Anglo-Saxon Dictionary (en liña), ed. "þeóden". Praga: Charles University. - (tamén escrtio ðeoden), conato do nórdico antigo þjóðann
- ↑ Solopova, p. 21. "Théoden ('Lord' in Old English)".
- ↑ Solopova, p. 22.
- ↑ Apéndice A: anais dos reis e os gobernantes - II. A casa de Eorl».
- ↑ Tolkien, J. R. R. Unfinished Tales (George Allen & Unwin paperback edition, 1982), p. 355.
| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
