The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring
| The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Howard Shore | |||||||
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
|
Forma artística
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Cor
| |||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
|
Director/a
| |||||||
|
Compositor/a
| |||||||
|
Guionista
| |||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||
|
Deseñador/a produción
| |||||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||||
|
Actores
Sala Baker (Sauron)
Christopher Lee (Saruman) Sean Astin (Samsagaz Gamllí) Sarah McLeod (Rose Cotton) Billy Boyd (Peregrin Tuc) Dominic Monaghan (Meriadoc Brandigamo) Lawrence Makoare (Lurtz) Orlando Bloom (Legolas) Harry Sinclair (Isildur) Craig Parker (Haldir) Andy Serkis (Gollum) John Rhys-Davies (Gimli) Mark Ferguson (Gil-galad) Ian McKellen (Gandalf) Cate Blanchett (Galadriel) Elijah Wood (Frodo Bulseiro) Bret McKenzie (Figwit (en) Hugo Weaving (Elrond) Peter McKenzie (Elendil) Marton Csokas (Celeborn) Sean Bean (Boromir) Ian Holm (Bilbo Bulseiro) Liv Tyler (Arwen) Viggo Mortensen (Aragorn) Alan Howard Shane Rangi Elizabeth Moody (pt) David Weatherley (en) Peter Jackson Ian Mune Bill Johnson | |||||||
|
Actores de dobraxe
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Ambientado en
| |||||||
|
Baseado en
| |||||||
|
Inspirado na obra de
| |||||||
|
Obra derivada
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Data de publicación
10 de xaneiro de 2002 (República Checa)
18 de xaneiro de 2002 (Italia) 19 de decembro de 2001 (Alemaña, Francia, Estados Unidos de América, Nova Zelandia) 2001 19 de decembro de 2001 | |||||||
|
Produtor/a
| |||||||
|
Produtor/a executivo
| |||||||
|
Compañía produtora
| |||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||
|
Recadación
| |||||||
|
Custo
| |||||||
|
Formato de distribución
| |||||||
|
Parte da serie
| |||||||
|
Puntuación da crítica
92/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
92% Rotten Tomatoes (3 de novembro de 2024) 8.2/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) | |||||||
|
Edicións
| |||||||
|
Premios
Óscar á mellor fotografía (24 de marzo de 2002)
Óscar ós mellores efectos visuais (24 de marzo de 2002) Óscar á mellor banda sonora (24 de marzo de 2002) Óscar á mellor maquillaxe (24 de marzo de 2002) BAFTA ao mellor filme (2002) Premio Hugo á mellor presentación dramática (2002) | |||||||
|
Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (12 de febreiro de 2002)
Óscar ó mellor deseño de produción (12 de febreiro de 2002) Óscar á mellor maquillaxe (12 de febreiro de 2002) Óscar á mellor banda sonora (12 de febreiro de 2002) Óscar ó mellor son (12 de febreiro de 2002) Óscar ós mellores efectos visuais (12 de febreiro de 2002) Óscar ó mellor deseño de vestiario (12 de febreiro de 2002) Óscar á mellor montaxe (12 de febreiro de 2002) Óscar ó mellor actor secundario (12 de febreiro de 2002) Óscar ó mellor guión adaptado (12 de febreiro de 2002) Óscar ó mellor director (12 de febreiro de 2002) Óscar á mellor fotografía (12 de febreiro de 2002) Óscar á mellor canción orixinal (12 de febreiro de 2002) | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Sucedido por
| |||||||
| Dimensións | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Páxina WEB
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring é o primeiro filme da triloxía cinematográfica d'O Señor dos Aneis, baseada no primeiro tomo da novela homónima do escritor británico de literatura fantástica J. R. R. Tolkien; adaptado ó cine polo neozelandés Peter Jackson.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A Irmandade do Anel comeza narrando a existencia da creación dos Aneis de Poder. "Tres aneis para os reis elfos baixo o ceo. Sete para os Señores Ananos nas súas salas de pedra. Nove para os Homes Mortais condenados a morrer. Un para o Señor Escuro no seu escuro trono. "Sauron, o Señor Escuro, foi o creador da maioría deles grazas á súa ciencia é tamén creou tres que tiveron os Elfos, pero nunca os chegou a posuír. Pero o resto dos aneis foron subxugados polo poder Anel Único, no que Sauron o Maiar, pretendía dominar a Terra Media. A través destes aneis Sauron corrompeu ós seus propietarios, facendo que os seus exércitos conquistaran a Terra Media. Pero unha derradeira alianza de Elfos e Homes derrotou ás tropas de Sauron, o mal. É o cerco final á Torre Negra de Mordor, onde Sauron perde o anel a mans do fillo do rei de Gondor, Isildur. Este podería destruír o Anel botándoo ó lume no Orodruin (O Monte do Destino), pero antes de facelo, cambiou de idea e decidiu conservalo para si mesmo. En realidade, exponse que o anel ten vontade propia e pode corromper ó seu dono. Isildur foi morto por orcos nun río, e o anel perdeuse no fondo do mesmo, ata que a criatura Gollum o atopou 2.500 anos máis tarde e o levou a nunha montaña, gardándoo por 500 anos. Pero ao final o Anel abandonouno para ser atopado (aparentemente iso non foi a "intención" do Anel) por Bilbo Bulseiro da Comarca, un hobbit que se dirixía cara a Montaña Solitaria, como dixo na novela "O Hobbit", publicado antes d´"O Señor dos Aneis".
Bilbo mantivo o Anel por case 60 anos sen coñecer a súa verdadeira natureza, xa que pensaba nel como unha mera curiosidade que lle permitía converterse en invisíbel cando o usaba. Ademais, aínda que non sabía, o anel deulle unha gran lonxevidade. Durante a celebración do seu aniversario de número 111, Gandalf o Gris convence a Bilbo a deixar o anel, xa que coa actitude anormal e agresiva de Bilbo comeza a sospeitar sobre a verdadeira natureza do Anel. Gandalf convence Bilbo a entregar o anel para o seu sobriño favorito, Frodo Bulseiro. Gandalf, entón aconsella a Frodo que garde e manteña o segredo do anel, mentres viaxa a Minas Tirith para investigar.
Gandalf pasou varios anos buscando e descubriu que o Anel debe ser nada menos que o Anel de Sauron. Volta cara A Comarca e envía a Frodo e Samsagaz Gamllí (os que despois se lles unirían Meriadoc Brandigamo e Peregrin Tuc) nunha viaxe fóra dos límites da provincia para impedir que o anel sexa atopado polo inimigo. Frodo diríxese cara a Prebe mentres Gandalf vai apresuradamente cara Isengarda para consultar co xefe da súa orde (os Istari) Saruman. Frodo chega a Bree co seus amigos e descobre que Gandalf aínda non chegou. Máis tarde revélase que Saruman o traizoou e mantivo prisioneiro na súa torre, pero Gandalf foxe coa axuda de Gwaihir (Señor das Grandes Aguias). En Bree, Frodo e os seus compañeiros atopan a Aragorn, o herdeiro do reino humano de Gondor, pero que se presenta ante eles como un montaraz Dúnadan chamado Alancadas. Coa súa axuda evadiron ós espectros do anel ou Nazgûl e continuaron a súa viaxe ata Valfendido. Despois de moitas aventuras nas que Frodo foi atacado por un Nazgûl, que case o mata chegan a Valfendido, onde Gandalf, o Gris o estaba agardando e onde grazas á maxia de Elrond, señor de Imladris, Frodo é curado (aínda que non totalmente) do veleno da folla do Nazgûl que o atacou.
Valfendido tamén foi onde se realizou o Consello de Elrond, que foi a reunión dos representantes das razas e pobos da Terra Media, onde se decidiu que o Anel debía ser destruído, aínda que facelo implicase aventurarse nas profundidades de Mordor e no Monte do Destino para arroxalo nos seus lumes, a única forma da que pode ser destruído. Frodo asumiu a misión, e prometeron axudalo nela o mago Gandalf, Aragorn o herdeiro ó trono, o elfo Legolas, o anano Gimli, Boromir o capitán de Gondor, e os hobbits Sam, Merri e Pipin. Xuntos, eles formaron a Irmandade do Anel.
Parte da viaxe implicaba pasar por unha serra, pero non puideron facelo debido ós feitizos de Saruman, polo que tentaron ir a través das Minas de Moria, a casa do primo de Gimli, Balin. Ao final, conseguiron, pero a un custo elevado: Gandalf afrontou un Balrog, e foi arrastrado ó profundo dun abismo, sendo asasinado, a falecendo ó chegar ó fondo, despois de horas de caída. Morre alí (aínda que non se sabe exactamente, porque podería volver).
Despois de pasar polo bosque de Lothlórien, onde Galadriel, señora do bosque lles deu agasallos para todos e os deixou estar no seu pazo.
Seguiron parte da viaxe en barco, pero nunha das súas paradas foron atacados por Uruk-hai, os orcos de Isengarda, enviados para capturar a Frodo. Para non dar detalles que poderían motivar unha traizón, Saruman só lles dixo que lle levaran a tódolos hobbits "vivos e intactos", co motivo dunha suposta arma de guerra élfica que estes tiñan e que mataran ó resto.
Frodo foi atacado por Boromir, que foi corrompido polo anel, e decidiu que era mellor continuar a viaxe só grazas ós ánimos de Aragorn. Ao tentar fuxir os orcos atacárono, polo que Merri e Pipin chamaron a súa atención lonxe de Frodo. Os orcos levaron a Merri e Pipin despois de matar a Boromir que tentara protexelos. Aragorn, Legolas e Gimli partiron na súa persecución. Frodo foi nun dos barcos, pero Sam sorprendeuno ó marchar, e pediulle que lle deixase acompañalo. Finalmente parten xuntos, e os outros van en busca de Merri e Pipin. Boromir morre a mans de Lurtz, o xefe dos Uruk-hai. Logo, Sam e Frodo viaxan sós, e a película remata.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Elijah Wood como Frodo Bulseiro
- Ian McKellen como Gandalf
- Sean Astin como Samsagaz Gamllí
- Viggo Mortensen como Aragorn
- Sean Bean como Boromir
- Orlando Bloom como Legolas
- Billy Boyd como Peregrin "Pippin" Tuc
- Dominic Monaghan como Meriadoc "Merry" Brandigamo
- John Rhys-Davies como Gimli
- Christopher Lee como Saruman
- Sala Baker como Sauron
- Hugo Weaving como Elrond
- Marton Csokas como Celeborn
- Cate Blanchett como Galadriel
- Liv Tyler como Arwen
- Ian Holm como Bilbo Bulseiro
- Lawrence Makoare como Lurtz
- Craig Parker como Haldir
- Mark Ferguson como Gil-galad
- Peter McKenzie como Elendil
- Harry Sinclair como Isildur
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2001: 4 Oscars: Mellor Fotografía, bso, Efectos Visuais, Maquillaxe. 13 nomeamentos.
- 2001: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor director, filme, bso, canción.
- 2001: 3 Premios BAFTA: Mellor filme, maquillaxe, efectos visuais, premio David Lean.
- 2001: 2 premios National Board of Review: Deseño de produción, dirección artística.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
