Can

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Can doméstico
Rango fósil: Plistoceno – Actualidade
Labrador retriever, a raza máis rexistrada no 2009 polo American Kennel Club
Labrador retriever, a raza máis rexistrada no 2009 polo American Kennel Club
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: 'Canis'
Especie: 'Canis lupus'
Subespecie: C. l. familiaris[1]
Nome trinomial
Canis lupus familiaris[1]
Sinonimia

O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual ca os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antergo similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos.[2]. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.

As probas arqueolóxicas demostran que o can estivo en convivencia próxima cos humanos desde fai polo menos 9.000 anos, pero posiblemente desde fai 14.000 anos.[3] As probas fósiles demostran que os antepasados dos cans modernos xa estaban asociados cos humanos fai 100.000 anos.[4] Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo, están os cans chihuahas, que miden apenas unhas polgadas, en oposición aos grandes cans San Bernardo ou ao mastín. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. De igual xeito ca os humanos, son una especie moi sociable e cazan en grupo.

A media de vida é de 12 anos, cada ano do can semella uns sete anos humanos, aínda que non é unha formula exacta.

Sentidos[editar | editar a fonte]

Os sentidos máis desenvoltos nos cans son o olfato e o oído, sendo estos utilizados polo ser humano de moitas maneiras, tanto na caza como na detección de certos elementos como drogas ou mesmo persoas.

Oído[editar | editar a fonte]

O campo audibilidade dos cans é de aproximadamente de 40 a 60.000 Hz, detectan sons tan graves coma 16-20 Hz (en contraste co 20-70 Hz que detecta o oído humano) e tamén tan agudos coma sons de 45 KHz (polos 13-20 KHz do ser humano), ademáis teñen un grado de movilidade da orella tan elevado que lles permite determinar rapidamente a fonte exacta dun son, esta movilidade está determinada polos dezaoito ou máis músculos que permiten o seu movemento. Porén os cánidos silvestres, coma os raposos, ou os cans cunha forma da orella máis natural xeralmente escoitan moito mellor que os cans cunhas orellas máis flexibeis, típicos das razas domésticas.

Olfato[editar | editar a fonte]

O cerebro canino está dominado principalmente por unha gran corteza olfativa, o tamaño relativo do bulbo olfativo con respeto ao tamaño total do cerebro é unhas corenta veces maior que no caso do ser humano. Dependendo da raza os cans teñen entre 125 e 220 millóns de células olfativas estendidas nunha superficie do tamaño dun pano de bolsillo, no caso dos cans de raza Bloodhound o animal pode contar con aproximadamente 300 millóns de receptores olfativos.

Os cans poden distinguir olores en concentracións case cen millóns de veces inferiores que as que poden distinguir os humanos.

Gusto[editar | editar a fonte]

De todolos sentidos o do gusto é o que menos se ten estudado nos cans, relacionandoo moitas veces co do olfato. Os cans poden diferenciar os sabores básicos dunha maneira similar aos humanos, porén case non distinguen o sabor salgado.

As apetencias en canto a sabores poden diferir moito dun can a outro, xa que se cre que non escollen a comida en función do gusto senon da súa intensidade, sabor forte ou sabor suave.

Ao igual que moitos outros animais os cans teñen a capacidade de asociar determinados sabores cos problemas de saúde, así se un alimento os fai enfermar o facer que se atopen mal no futuro evitarán o sabor deste alimento. Este é un mecanismo instintivo de defensa, que protexe ao animal de envenenarse pola inxestión frecuente de sustancias tóxicas.

Razas[editar | editar a fonte]

Lista de razas clasificadas como potencialmente perigosas[editar | editar a fonte]

Diario Oficial de Galicia, 2 de abril de 2002.

Razas autóctonas galegas[editar | editar a fonte]

Outras razas ibéricas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Mammal Species of the World – Browse: Canis lupus familiaris" (en inglés). Bucknell.edu. 2005. http://www.bucknell.edu/MSW3/browse.asp?id=14000752. Consultado o 12 de marzo 2012. 
  2. Lindblad-Toh, K, et al. (2005) (en inglés). Genome sequence, comparative analysis and haplotype structure of the domestic dog. 438. pp. pp. 803–819. http://www.nature.com/nature/journal/v438/n7069/full/nature04338.html. Consultado o 22 de agosto de 2009. 
  3. Scott, John Paul. Dog behavior;: The genetic basis. University of Chicago Press. ISBN 0-226-74338-1. 
  4. "Humans live a dog's life" (en inglés). abc.net.au. 26-03-2002. http://www.abc.net.au/science/news/stories/s513072.htm. Consultado o 07-04-2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Can

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]