Saltar ao contido

Cordílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cordylidae»)
Cordylidae

Cordylus tropidosternum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Scincomorpha
Infraorde: Cordyloidea
Familia: Cordylidae
Fitzinger, 1826

Os cordílidos (Cordylidae) son unha familia de lagartos de pequeno a medio tamaño que viven no sur e leste de África.[1][2]

Son lagartos diúrnos e insectívoros. Son terrestres, e habitan principalmente as fendas entre as rochas, aínda que polo menos unha especie escava tobos e outra vive baixo codias de árbores exfoliadas. Teñen cabezas e corpos aplanados, e distínguense por unha armadura pesada de osteodermos e escamas grandes rectangulares dispostas en ringleiras regulares arredor do corpo e cola. Moitas especies teñen aneis de espiñas no rabo, que axudan a que o animal se incruste facendo cuña nas fendas rochosas onde se refuxia, e tamén a disuadir aos depredadores.[3]

A maioría das especies teñen catro patas, pero as do xénero Chamaesaura carecen case enteiramente de extremidades, reducidas só a diminutas espiñas en lugar de patas. A familia comprende tanto a especies ovíparas coma ovoviviparas.[3]

Os Cordylidae están estreitamente relacionados coa familia Gerrhosauridae, distribuída en África e Madagascar. Estas dúas familias de lagartos, chamadas Cordyliformes ou Cordyloidea, son ás veces combinadas dentro do concepto amplo de Cordylidae. Recentes análises moleculares serviron para crear novos xéneros e confirmar o clado constituído por Cordylidae e Gerrhosauridae (Cordyloidea) e situalos nun clado máis grande que inclúe a Xantusiidae (Cordylomorpha Vidal & Hedges, 2009).[4]

Novos xéneros

[editar | editar a fonte]

FAMILIA CORDYLIDAE

Antigos xéneros

[editar | editar a fonte]

FAMILIA CORDYLIDAE

  1. "Cordylidae." Encyclopædia Britannica. 2007.
  2. "Cordylidae." Bill Branch. 1998. Field Guide to Snakes and other reptiles of Southern Africa. Struik Publishers, Cape Town.
  3. 3,0 3,1 Bauer, Aaron M. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 160–161. ISBN 0-12-178560-2. 
  4. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]