Éomer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Éomer
Personaxe de O Señor dos Aneis
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Alcume Éadig (epíteto de "o afortunado")
Raza Home de Rohan
Sexo Masculino
Nacemento 2991 T.I.
Falecemento 63 C.I.
Título Terceiro mariscal
Rei de Rohan
Cónxuxe Lothíriel
Fillos Elfwine
Familiares Éomund (pai) e Théodwyn (nai)

Éomer é un personaxe ficticio do legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien. Aparece nos libros As dúas torres e O regreso do rei, o segundo e terceiro volumes da triloxía O Señor dos Aneis. A espada de Éomer chamábase Gúthwinë (en inglés antigo: gūð wine, "amiga de batalla").[1]

O nome Éomer deiva das raíces do inglés antigo para "cabalo" e "famoso".[2] O nome aparece no poema Beowulf, na liña 1959, como un rei que descende de Offa, rei dos anglos.

Aparicións[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

Éomer (2991 T. E. - 63 C. E.) era fillo de Éomund, mariscal xefe da Marca,[3] e Théodwyn, irmá do rei Théoden de Rohan. Éomund morreu perseguindo unha banda de orcos en Estemnet no ano 3002 da Terceira Idade, e a súa esposa, movida pola tristura, seguiuno pouco despois. Théoden adoptou a Éomer e á súa irmá Éowyn criándoos como fillos[4] seus xunto a Théodred, o seu herdeiro. Á idade de 26 anos foi nomeado Terceiro Mariscal da Marca dos Xinetes e déuselle o mando do Folde Leste, cargo que ostentara o seu pai.[4]

Durante a Guerra do Anel deu caza ós orcos que levaban prisioneiros a Merri e Pippin, encontrándose despois con Aragorn, Legolas e Gimli e dándolles permiso para transitar por Rohan. Ó seu regreso a Edoras, esta medida custoulle perder o favor do rei Théoden, quen por consello de Gríma, mandouno prender. Non sería ata a chegada a de Gandalf e despois de romperse o feitizo que pesaba sobre Théoden, que o fillo de Éomund recibiría de novo as súas honras e prebendas. Éomer tivo un destacado papel na Batalla do Abismo de Helmo, onde Rohan conxurou a invasión dunlendina e a traizón de Isengarda, a onde cabalgou con Gandalf e Théoden para parlamentar con Saruman.

Ó morrer Théodred nos Vaos do Isen, Éomer convértese en herdeiro de Théoden, acudindo a Minas Tirith como Segundo Mariscal e sendo xa rei ó acabar a Batalla dos Campos de Pelennor, onde foi un dos principais capitáns do Oeste na vitoria. Como tal foi protagonista da batalla en Morannon e celebrou a vitoria final fronte a Sauron.

Acabada a guerra, Éomer está presente na coroación do rei Elessar, renovando a antiga alianza entre os seus dous reinos. Froito deste acordo chegaría a súa voda con Lothíriel, filla do príncipe Imrahil de Dol Amroth, coa que tería o seu herdeiro, Elfwine o Fermoso,[5] que reinaría despois del. Foi coroado en Edoras como Éomer I Éadig («o Afortunado»), primeiro rei da terceira liñaxe e décimo oitavo da Marca dende Eorl o mozo.

Adaptación no cinema[editar | editar a fonte]

Karl Urban interpreta a Éomer nas versións de Peter Jackson.

Nos filmes The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King, é interpretado por Karl Urban. O personaxe é unha mestura entre os personaxes de Éomer e Erkenbrand, señor do Folde Oeste, quen é o que realmente chega á Batalla do Abismo de Helmo acompañando a Gandalf.

Predecesor:
Théoden
Arms of the Kingdom of Rohan.svg
Rei de Rohan

3019 T. E. - 63 C. E.
Sucesor:
Elfwine

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gúthwinë". The Encyclopedia of Arda. 
  2. Solopova, Elizabeth (2009). Languages, Myths and History: An Introduction to the Linguistic and Literary Background of J.R.R. Tolkien's Fiction. Nova York: North Landing Books. p. 21. ISBN 0-9816607-1-1. 
  3. Apéndice A, O Señor dos Aneis
  4. 4,0 4,1 « Appendice A : Annales des rois et des seigneurs souverains » : B. La Maison d'Éorl (ed.). Le Seigneur des anneaux. 
  5. J. R. R. Tolkien, O Regreso do Rei, Apéndice A : « Anais dos reis e dos señores soberanos » : B. A Casa de Éorl