Ainur
| Ainur | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Subclase de
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Creador/a
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
No legendarium de J. R. R. Tolkien, os Ainur (Os Sagrados en quenya, singular: Ainu) son espíritos anxelicais, representantes directos do deus Eru Ilúvatar. Foron a súa primeira creación. A pesar de que a maioría deles moran con Ilúvatar, algúns deles descenderon a Eä (os Valar e os Maiar) para rematar de formar o mundo durante a creación de Arda.
O máis poderoso deles, Melkor, baixou a Eä querendo facerse coa Chama Imperecedoira e así ser considerado Señor e Creador. Corrompeu a outros Ainur para a súa causa (como Sauron ou os Balrogs). Por envexa ós outros Valar, que facían todo para agradar a Eru, estragaban a obra dos seus semellantes. Aínda que isto último podería ser en realidade parte da propia canción ideada por Eru como el mesmo apunta n'O Silmarillion cando Melkor tenta esnaquizar A Canción coa súa discordancia:
E ti, Melkor, verás que ningún tema pode tocarse que non teña en min a súa fonte máis profunda, e que ninguén pode alterar a música ó meu pesar. Porque aquel que o tente probará que é só o meu instrumento para a creación de cousas máis marabillosas aínda, que el non ten imaxinado.Ilúvatar n'O Silmarillion
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ainur |
| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
