Saltar ao contido

Bilbo's Last Song

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bilbo's Last Song
 Título
Bilbo's Last Song Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
 Ilustrador/a
Temática
 Universo ficticio
Publicación
 Editorial
Datas
 Data de publicación
1974 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Open LibraryOL27506W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/025zjb Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Bilbo's Last Song (at the Grey Havens) é un poema de J. R. R. Tolkien, escrito como parte da súa fantasía O Señor dos Aneis. Foi publicada orixinalmente na súa tradución neerlandesa no ano 1973, e posteriormente apareceu en carteis en inglés en 1974 e como libro de ilustracións en 1990. Foi ilustrado por Pauline Baynes, e con música composta por Donald Swann e Stephen Oliver. Os dereitos do poema eran propiedade da secretaria de Tolkien, a quen llos deu como agradecemento polo seu traballo.

O poema está escrito como se fose unha canción cantada polo hobbit Bilbo Bulseiro, portador do Anel Único, nos Portos Grises, xusto antes de embarcar cara ás Terras Imperecedoiras abandonando a Terra Media para sempre. Dentro da historia narrada polas obras de Tolkien, situaríase cronoloxicamente ao final do Regreso do Rei, último tomo do Señor dos Aneis, obra da que adoita considerarse un epílogo,[1] aínda que foi escrito por Tolkien moito máis tarde que esta novela, e nunca se incluíu nela.

Temática

[editar | editar a fonte]

A canción expresa tanto o desexo do personaxe por embarcarse cara a esta última aventura, como a nostalxia polos amigos que quedan atrás.[1]

  1. 1,0 1,1 Tolkien 2010, nota de solapa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]